A Xustiza arxentina rexeita a petición de arquivar os crimes do franquismo na única causa aberta no mundo

Martín Villa demandara extinguir o proceso.
O ex ministro español Rodolfo Martín Villa. (Foto: Cézaro De Luca / Europa Press)
photo_camera O ex ministro español Rodolfo Martín Villa. (Foto: Cézaro De Luca / Europa Press)

Os crimes contra a humanidade “son imprescritíbeis”, e o proceso xudicial na Arxentina contra os crimes da ditadura de extrema dereita no Estado español, o único aberto neste momento no mundo, conta cunha “gran complexidade” que “xustifica folgadamente o seu prazo de duración”. Así argumentou a xuíza arxentina María Servini a decisión de rexeitar a petición do ex ministro español Rodolfo Martín Villa, imputado na causa e que solicitara o sobresemento por non ser xulgado nun “prazo razoábel”, transcendeu a terza feira.

A investigación, remarca Servini, inclúe unha “gran cantidade de vítimas e familiares e unha constante e continua incorporación de novas querelas”. A Fiscalía arxentina tamén se opuxera con anterioridade a conceder a petición do ex ministro español.

Martín Villa, que se desempeñou como ministro de Relacións Sindicais primeiro e de Interior despois durante os feitos obxecto das pescudas, entre 1976 e 1978, está a ser investigado por máis dunha decena de homicidios no marco de crimes de lesa humanidade no Estado español.

Comentarios