Birlar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Agromar, abrochar, xermolar.
Lugar de escoita.- Concello de Cambre (A Coruña).
Fonte.- Víctor Torreiro García.
Birlo.- (Ademais de significados xa rexistrados) Gromo, abrocho, rebento.
Lugar de escoita.- Concello de Cambre (A Coruña).
Fonte.- Víctor Torreiro García.
Bruma.-(Ademais de significados xa rexistrados) Brote, gromo, rebento.
Exemplo: “Está a botar unhas brumas no ‘orillo’ das follas”.
Lugar de escoita.- San Martiño (Vilaboa do Morrazo).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.
Lugar de escoita.- San Martiño (Vilaboa do Morrazo).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.
Froima.- Frouma, folla de piñeiro.
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Santiago López Liñares./CPI O Cruce de Cerceda.
Froncia.- Variante de fronza, folla miúda, pequena rama de xesta ou planta semellante.
Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada) e Terra de Montes.
Fonte.- Manuel Cabada Castro.
Pirlo.- (Ademais doutros significados) Arume, fronza, folla de piñeiro.
Lugar de escoita.- Concello de Cee.
Fonte.- Concha Blanco.
Puvela.- (Ademais doutros significados) Folla de piñeiro.
Exemplo: “Cando venta moito, énchense os camiños de puvela”.
Lugar de escoita.- Burela.
Fonte.- Mario Ferreira.