PALABRAS CON MEMORIA

A carón da auga é moi doado mollarse

Ríos

Chouplar.- Salpicar cun líquido ao bater nel. 

Exemplo: “Ao bañar o can, comezou a mover as patas e chouploume todo”.

Lugar de escoita.- Burela.

Fonte.- Mario Ferreira.

Chusmeiro.- Lugar onde remanece a auga, chusmiallo.

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- Endl de Navia de Suarna.

Chusmiar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Zumegar, remanecer auga ou outro líquido.

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- Endl de Navia de Suarna.

Esbatoxar.- Salpicar, esbatuxar, salferir, zarrapicar.

Lugar de escoita.- San Antolín de Ibias (Asturias)

Fonte.- Mayi Colubi/Endl Navia de Suarna.

Esbatroxar.- Esbatuxar, salpicar con algún líquido. 

Exemplo: Deixa de esbatroxar, que me vas poñer pingando!

Lugar de escoita.- Zona de Navia de Suarna.

Fonte.- Endl Navia de Suarna. 

Golfaradas.- Chorro de auga ou doutro líquido que sae con forza, a cachón. 

Exemplo: "Cortouse coa brosa e botaba sangue a golfaradas".

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- 4º da ESO Navia/Endl Navia de Suarna.

Xirimicar.- (Ademais de significados xa rexistrados) Salpicar algo. 

Exemplo: “A ese xirimicoulle a auga”.

Lugar de escoita.- Lira (Carnota).

Fonte.- Carlos Manuel.

Comentarios