PALABRAS CON MEMORIA

Dende a última á primeira levan algo de madeira

Zocas de madeira
photo_camera Zocas de madeira

Escarafolar.- (Ademais de significados rexistrados). Quitar capas de terra ou de madeira.

Lugar de escoita.- A Pobra do Brollón e comarca.

Fonte.- Orcelina Parada Cortiñas.

Androlla.- (Ademais de significados xa rexistrados). Calzado de madeira e coiro.  

Lugar de escoita.- Cerceda.

Fonte.- Santiago López Liñares./ CPI O Cruce de Cerceda.

Duvela.- (Ademais de significados xa rexistrados). Listóns dos hórreos de madeira.

Lugar de escoita.- O Páramo (Lugo)

Fonte.- Suzana do Páramo.

Engarzo.- Apeiro de catro gallos que se utiliza para apañar herba e ten o mango de madeira.

Lugar de escoita.- Cerceda.

Fonte.- Mª Jesús Rey Liñares./ CIP O Cruce de Cerceda. 

Lechón.- Cacho de madeira que se metía na cociña de leña para quentar a casa. 

Exemplo: “Se lle metes un lechón grande, a cociña vai aguantar horas dando calor”.

Lugar de escoita.- Cerceda.

Fonte.- Coral Pallas Liñares./CPI O Cruce de Cerceda.

Medreñas.- Madreñas, zocas de madeira de tres pés.

Lugar de escoita.- Vigo

Fonte.- Josefina González Fandiño./ C.D. Atalaia de Vigo.

Martabela.- (Ademais de significados xa rexistrados). Arca con fecho que se empregaba para gardar a roupa. Tamén martadela. 

Exemplo: “Dunha arca de madeira que se chama martabela”.

Lugar de escoita.- Sto. Adrián de Cobres (Vilaboa do Morrazo)

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

Comentarios