A Xunta pecha a billa

A interventora xeral recoñece no Parlamento da Galiza que o “obxectivo da austeridade orzamentaria” fixo que a administración botase o feche a novos pagamentos en setembro pasado

Almudena Chacón, interventora xeral da Xunta, recoñeceu que este peche das contas produciuse en setembro pasado, coa finalidade de cumprir coa finalidade de “estabilidade orzamentaria”. Unha obrigaque vería derivada, segundo a oposición, da máxima feijoniana de ‘austeridade’. A interventora sinalou que o peche do orzamento é “unha ferramenta” para “ordear as operacións”. Instrumento polo que se garante que se abonen as obrigas contraídas antes desa data mais que as acordadas a posteriori “non poden ser contabilizadas” polo que serñan abonadas “nos primeiros días” do vinceiro ano.

Mais as explicacións non convencen á oposición, que ve unha fenda considerábel entre a 'propaganda' da Xunta e a situación real, alén de alertar sobre a gravidade de que o goberno galego bote en setembro de 2011 o peche.

Comentarios