ao final da lexislatura e sen o consenso dos grupos parlamentarios

Ana Pontón critica que o PP modifique o regulamento da Cámara

A voceira do BNG no Parlamento sinala que o método correcto para modificar o regulamento sería un relatorio parlamentar que abordase un cambio amplo. 

Ana Pontón lamenta a proposta que fixo hoxe o PP, sen dialogar co seu grupo nin co PSOE, cando existía un acordo no inicio da lexislatura polo cal a reforma era necesaria, pero de xeito amplo. Lembrou que o regulamento vixente foi aprobado en solitario polo PP, e introduciu restricións e limitacións no funcionamento do Parlamento. 

A parlamentaria nacionalista destacou tamén que o seu grupo é favorábel aos cambios no regulamento, e así o manifestou na anterior lexislatura, pero "as formas do PP non son aceptábeis en democracia". Así as cousas, advertiu da necesidade de introducir mudanzas tocante ao dereito á conciliación, pero para isto cómpre recoñecer a igualdade entre homes e mulleres. "Non pode ser que sexan as mulleres as únicas beneficiarias do dereito a unha baixa de maternidade", dixo, xa que se lle estaría a enviar á sociedade "unha mensaxe moi negativa: a de que só as mulleres son responsábeis dos fillos".

Comentarios