O balanzo da Xunta en 2017 resúmese para o BNG no dun goberno “nini”: “nin financiamento, nin saída da crise, nin AVE”

Os nacionalistas presentaron neste ano BNG presentou no ano 2017, 1.807 iniciativas no Parlamento de Galiza.

Ana Pontón. Conferencia de imprensa 27 de xullo 2017

Para a portavoz do BNG, Ana Pontón, o balanzo de 2017 do feito pola Xunta resúmese nun goberno “nini” de Núñez Feijóo: “Nin AVE, nin cercanías, nin novo modelo de financiamento, nin tarifa eléctrica, nin novo marco para Galiza como nación, nin unha saída real para a crise”. O que si temos, dixo a nacionalista, é “moita pobreza no armario”, un aumento da precariedade e desigualdades ademais de “oportunidades perdidas” por parte dun presidente sen “proxecto de país” e que só  persegue a anulación política de Galiza como nación.

O balance do 2017 en termos políticos, indicou,  tradúcese “nun grade recortazo”  en investimento do Estado, retrasos no AVE, veto á transferencia da AP-9 e  veto tamén, a dispoñer dunha tarifa eléctrica galega.

Ana Pontón avanzou que o BNG fará unha “oposición leal a Galiza” porque  outra “realidade é posible”. A organización nacionalista presentou no ano 2017, 1.807 iniciativas e seguiremos facendo presentando propostas de fondo  e  clave de país, concluíu a nacionalista.

Comentarios