A Executiva Nacional do BNG acordou emprestar o seu apoio á campaña que desenvolve BDS Galiza (Polo Boicote, os Desinvestimentos e as Sancións a Israel), dentro da plataforma Stop Israeal Nuclear, a prol dunha Israel sen armas nucleares.
Os nacionalistas lembran que Tel Aviv vén incumprindo sistematicamenteas resolucións de Nacións Unidas en favor da desnuclearización de Oriente Próximo e da asinatura por parte de Israel do Tratado de non Proliferación de Armas Nucleares.
Neste tema, o posicionamento de Estados Unidos tamén xoga un papel importante, pois invariabelmente secunda a postura israelí, mesmo exercenco para iso o seu veto no Consello de Seguanza.
Aquí podes asinar unha petición dirixida ao Consello de Seguranza de Nacións Unidas para instar a Israel a que cumpra de vez a legalidade internacional.