O BNG participa no XXIV Foro de São Paulo para afondar no "compromiso internacionalista"

A eurodeputada Ana Miranda representa a fronte neste encontro, que decorre en Cuba e na que toman parte máis dun cento de organizacións da esquerda de diferentes continentes.

Ana Miranda
photo_camera Ana Miranda

A eurodeputada e secretaria de Relacións Internacionais do BNG, Ana Miranda, participa estes días na XXIV edición do Foro de São Paulo, que nesta ocasión se celebra en Cuba, unha presenza coa que se aposta en reforzar os lazos do Bloque coas forzas de esquerda latinoamericanas e “de dar un paso máis no compromiso político internacionalista”. O BNG participou en varias edicións do Foro, como as de 2003, 2007 e 2014. Nesta ocasión o encontro é organizado polo Partido Comunista Cubano e nel participarán representantes dos principais partidos de esquerda latinoamericanos e organizacións sociais, pero tamén europeos.

Miranda manterá unha seria de encontros bilaterais para alén de tomar parte en diferentes actos. Entre os encontros programados figuran o “Diálogo do FSP colas plataformas, articulacións e redes do movemento social e popular” ou a conferencia “Contra o colonialismo e pola solidariedade antiimperialista”.

O Foro foi fundado en Brasil en 1990 para debater e unir esforzos polo ben común, cando partidos de América Latina e el Caribe reuníronse por convite do Partido dos Trabalhadores (PT Brasil) co obxecto de debater unha alternativa popular e democrática ao neoliberalismo que iniciaba unha fase de ampla implementación mundial.

Comentarios