Casares: "Estaremos vixiantes e seremos escrupulosos sobre Altri"

Reunión con Greenpeace-Galicia
Casares greenpeace
photo_camera Manoel Santos (Greenpeace) e Nicolás Casares

O eurodeputado e candidato do PSdeG ao 9-X, Nicolás González Casares, reuniuse esta sexta feria en Vigo con Manoel Santos, coordinador de Greenpeace na Galiza, para abordar diferentes cuestións ambientais, desde o proxecto de Altri —"a Xunta non lle contou a verdade aos galegos, estaremos vixiantes e seremos moi escrupulosos", dixo o socialista— até a eólica mariña.

Ambos os dous coincidiron en sinalar a falta de electrificación da demanda enerxética na Galiza, "que frea a exportación organizada e, polo tanto, a descarbonización da nosa economía", indica o PSdeG nun comunicado. González Casares avogou, ademais, porque o desenvolvemento da eólica mariña "se faga tendo presente as actividades preexistentes na zona e en beneficio da comunidade".

Para o candidato, esta representa unha oportunidade importantísima para a industria galega. "A esixencia do mantemento continuado das instalacións é maior ca o da eólica terrestre, polo que a offshore demandará máis traballadores.

Por exemplo, unha plataforma de Dinamarca pode xerar ata 40 em-pregos".

AP-9

Os representantes do PSOE no Congreso apoiarán a toma en consideración da nova lei para o traspaso a Galiza da AP-9, tal e como avanzou esta sexta feira o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, após a xuntanza interparlamentaria de representantes socislistas.

Precisamente, Besteiro acudirá ao Congreso o 11 de xuño canda os portavoces parlamentarios do PP, Alberto Pazos Couñago, e do BNG, Ana Pontón, a defender esta norma que parte do Parlamento da Galiza, na que será a cuarta vez en sete anos que se tramite en Madrid.

Comentarios