"Méndez Romeu asume xa a derrota ante o PP"

Entrevistamos Xaquín Fernández Leiceaga no sprint final das primarias que este mesmo sábado irán determinar que candidato -se el ou Xosé Luís Méndez Romeu- apresenta o PSdeG-PSOE nas eleccións ao Parlamento galego axendadas para este outono. A conversa -da que publicamos a seguir un avanzo- aparece no Sermos197, xa nos quiosques e na nosa loxa.

Xaquín Fernández Leiceaga
photo_camera Xaquín Fernández Leiceaga

-Os teus críticos no partido din que non saes a gañar, que xa te colocas nunha posición subordinada a respeito da Marea.

Aquí hai dúas versións do que van ser as eleccións. Unha é a miña, onde digo que podemos derrotar o PP. E hai unha segunda versión que dá por suposto que as eleccións están perdidas e que o PP vai revalidar a súa maioría absoluta. Iso é o que está detrás da candidatura de Méndez Romeu. 

miniatura-Unha posición derrotista?

Si, si. Que asume xa a derrota. E que asume que o importante é o que vén despois, que é o partido e esas cousas, eu non asumo esa posición. Eu creo que temos capacidade para derrotar o PP, que son os nosos adversarios, e a partir de aí tamén opino que isto se fai mellor se nós somos a forza de referencia da esquerda en Galiza.

-E ves viábel ese escenario de superardes a Marea?

Si que o vexo viábel. Nós temos algunhas fortalezas que nos permite pensar que iso é posíbel.

A íntegra esta entrevista, unha dupla páxina, tela ao teu dispor no número 197, nos pontos de venda habituais ou na nosa loxa.

Comentarios