'Nova esquerda socialista galega' só concorre ao 20-D na provincia de Ourense, facéndoo como 'Pola Esquerda' en alianza cun sector de Podemos que recentemente marchou do partido de Pablo Iglesias. Para as outras tres circunscricións galegas, a 'Nova esquerda' pide o apoio para Nós-candidatura galega, por entender que é a “proposta que mellor pode defender os dereitos sociais e nacionais de Galiza”.
Distánciase de 'En Marea' por, afirma, “prácticas antidemocráticas moi semellantes aos partidos do sistema”.