O BNG condena o golpe de estado no Paraguay

A Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego, vén de condenar a destitución do presidente Fernando Lugo, acontecida a pasada sexta 22 de xuño.

Para o BNG o ocorrido no Paraguay constitúe un golpe de estado e unha violación da "vontade popular expresada nas eleccións de 2008”; ao mesmo tempo que o consideran un golpe máis aos “procesos de transformación e cambio social” iniciados en Latinoamérica, de igual xeito que acontecera en Honduras co presidente Manuel Zelaya.

Así mesmo, o BNG considera que, tras a destitución de Lugo se atopan “os mesmos sectores sociais que, co apoio do imperialismo norteamericano” apoiaron á oligarquía latifundista durante a ditadura de Alfredo Stroessner.

Lembremos, que Fernando Lugo foi destituído das súas funcións como presidente do Paraguay, logo dun xuízo político desenvolvido polo Senado e baixo un proceso de impeachment, sen as debidas garantías procesais, segundo a maior parte da comunidade latinoamericana.

Comentarios