Pontón exixe a comparecencia de Rueda de “despilfarro” na súa xestión

O BNG denuncia "nepotismo" do presidente da Xunta da Galiza e anuncia que pedirá unha comisión de investigación.
Ana Pontón, esta quinta feira, en rolda de prensa (Foto: Nós Diario).
photo_camera Ana Pontón, esta quinta feira, en rolda de prensa (Foto: Nós Diario).

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou esta quinta feira en rolda de prensa que pedirá a comparecencia no Parlamento do presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, para que explique o “nepotismo” e o “despilfarro” na xestión dos recursos públicos, e confirmou a solicitude por parte da súa formación dunha comisión de investigación sobre irregularidades nas contratacións da Xunta do PP.

Pontón acusou a Rueda de estar quedando como “o presidente máis centralista e máis submiso a Madrid da nosa historia, actuando de maneira acomplexada” en referencia á súa postura nos debates que se están dando a nivel do Estado español, como o do financiamento autonómico.

Por outra parte, o BNG asegura que continuará presentando propostas alternativa. Neste sentido, afirma que a segunda liña principal de actuación será a de impulsar iniciativas en parlamentos e na sociedade. Outro eixo do BNG será a defensa dun modelo económico "sostíbel e de futuro" fronte ás iniciativas do PP.

Por último, Pontón debullou a terceira prioridade, "a da defensa da Galiza ante o Estado e Bruxelas, posicionando o país en debates a nivel estatal como a defensa dos nosos intereses en materia de financiamento”.

Comentarios