Suspéndese temporalmente a sesión plenaria do Parlamento

O grupo parlamentar do BNG vén de manifestar o seu rexeitamento ao veto imposto polo Partido Popular.

O grupo parlamentar do BNG vén de manifestar no Parlamento de Galiza o seu rexeitamento ao veto imposto polo Partido Popular a respecto da creación dunha Comisión de Investigación sobre as caixas. Logo de mantérense erguid@s nos seus escanos, a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, suspendeu temporalemente a sesión plenaria e chamou ao seu despacho @s voceiros das distintas forzas políticas.

A suspensión do pleno prodúcese logo de solicitaren ao inicio da sesión, introducir un outro punto na orde do día para o tratamento da constitución de devandita Comisión, en cuxa votación se produciu un empate verbo da ausencia do presidente da Xunta.

Ana Pontón, voceira do BNG no Parlamento, considerou "gravísimo" que non se lle tivera permitido falar ao impedir, a presidenta, a incorporación dunha cuestión de orde ao inicio da sesión. 

Comentarios