Unha investigación do CSIC cifra entre 20 e 30% a perda da poboación de mexilla

En 2006, o sector bateeiro recolleu case 9.000 toneladas de mexilla —cría do mexillón— nas costas galegas con destino ás bateas de cultivo. Quince anos despois, en 2021, esa cifra era de 6.200 toneladas (30%) menos e en 2022 de 7.000 (20% menos). Un estudo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), en colaboración coa Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (Opmega), dado a coñecer esta segunda feira, afonda nas chaves deste descenso.
Bateeiros recollendo mexilla nunha zona da ría de Arousa. (Foto: Opmega)
photo_camera Bateeiros recollendo mexilla nunha zona da ría de Arousa. (Foto: Opmega)
Comentarios