Alcoa abre a porta á posibilidade de vender as factorías

A Dirección xeral de Traballo acusa a multinacional de non actuar “de boa fe” na negociación do ERE.

alcoa

Alcoa cambia de marcha. A multinacional aponta agora a que está disposta á posibilidade de que as factorías da Coruña e Avilés sexan vendidas “ao mellor investidor”. Para iso, esta empresa aceptaría ampliar o prazo de negociación do ERE. Así o anunciou a ministra de Industria, Reyes Maroto, no Congreso dos deputados.

Esta mudanza de postura prodúcese após que a Dirección Xeral de Traballo estatal acusase a multinacional de non actuar “de boa fe” na negociación do expediente de regulación de emprego. A empresa pon como condición que os traballadores senten negociar.

O cadro de traballadores mantén cautela antte a suposta mudanza de estratexia de Alcoa.

O plantel di que non se fía da empresa, e que seguirán co seu calendario de mobilizacións até ter algunha comunicación oficial e por escrito da multinacional.

Comentarios