CIG convoca a quinta feira 30 de xaneiro mobilizacións nas sete cidades galegas para exixir “ a derrogación das reformas antiobreiras e cambios reais nas políticas que nos permitan recuperar os dereitos roubados e vivir e traballar dignamente na nosa Terra”.
O sindicato nacionalista advirte sobre a “crise industrial que percorre Galiza” e que ten lugar “baixo a ameaza dunha recesión económica”. O empobrecemento da clase traballadora; a destrución de emprego; a extensión da pobreza laboral e os baixos salarios, son algunhas das cuestións que denuncia a primeira forza sindical na Galiza.
Por iso, para a CIG “é lamentábel asistir ao papel de UGT e CCOO en Galiza, máis preocupados por branquear o PP no marco do diálogo social, que por acudir aos chamamentos reiterados que desde hai un ano leva facendo a CIG para dar unha resposta conxunta a esta grave situación”.
Baixo o lema de “Recuperar dereitos para avanzar, na defensa da industria e do emprego na Galiza”, a CIG convoca estas mobilizacións.
Lugar e hora:
Vigo. Manifestación. 18:30. Vía Norte
A Coruña. Manifestación 20:00 horas. Praza de Vigo.
Pontevedra. Manifestación. 20:00 horas. A Peregrina
Ferrol. Manifestación. 20:00 horas, Praza do Himno
Compostela. Manifestación, 19:30 horas. Alameda
Lugo. Manifestación. 20:00 horas. Edificio sindical.
Ourense. 11:00 horas. Concentración. Subdelegación do Goberno.