Colectivos sociais promoven unha manifestación en solidariedade cos traballadores de Pescanova

O cadro de persoal ratifica en asemblea a convocatoria de protestas se non hai acordo antes de fin de mes.

 

 

pescanova asemblea
photo_camera Asemblea Pescanova

Distintos colectivos socias de Chapela están a promover a convocatoria dunha manifestación en solidariedade cos traballadores de Pescanova, en loita para reclamar uns convenios colectivos dignos na empresa de alimentación.

A asemblea de traballadores celebrada este sábado en Redondela ratificou a convocatoria de novas mobilizacións no caso de que non haxa acordo entre as partes antes de fin de mes. CIG, CUT, UGT e USO explicaron o contido das catro xornadas de negociacións realizadas a semana pasada por iniciativa da mediación laboral. O martes, a representación maioritaria dos empregados  -CCOO negocia nunha mesa aparte tras o veto do resto de centrais pola súa “actitude desleal”- terá que achegar a súa última proposta de convenio, ao igual que a empresa.

Comentarios