Greve de 24 horas en Ferroatlántica contra a insistencia de Villar Mir en vender as hidroeléctricas

Convócana para o 10 de marzo e afectará a todos os centros de traballo na Costa da Morte e a actividade auxiliar.

Concentración de Ferroatlántica en Cee
photo_camera Concentración de Ferroatlántica en Cee

Os traballadores de Ferroatlántica irán á folga o vindeiro 10 de marzo, unha medida adoptada para protestar contra a teima de Villar Mir de vender as centrais hidroeléctricas. "A convocatoria de folga é a nosa resposta ao anuncio do acordo de venda da centrais hidroeléctricas e o inicio das xestións diante da autoridade bursátil norteamericana. Ante a confirmación de que o Grupo Villar Mir prosegue  adiante con esta operación especulativa, bloqueando calquera tipo de diálogo coa representación do persoal", afirman desde o Comité de Empresa

A folga, que xa foi rexistrada na Consellaría de Traballo, desenvolverase de 06:00 horas do venres 10 ás 06:00 horas do sábado 11 de marzo e afecta a todos os centros de traballo de Ferroatlántica na Costa da Morte (fábricas de Cee e Dumbría e centrais de Vimianzo e Dumbría). Así mesmo, o paro amplíase a toda a actividade auxiliar que depende de Ferroatlántica.

Co gallo do paro de 24 horas tamén está previsto convocar unha manifestación  pola tarde, á chaman a participar a toda a cidadanía para amosar "o sentir unánime da comarca fronte ás pretensións do grupo empresarial". 

Comentarios