Sermos Galiza 236

Precarización, a radiografía do mercado laboral

O PIB leva medrando tres anos consecutivos e a ocupación, dous. Mais o positivo destes indicadores macroeconómicos non debe impedir ver o bosque da realidade do mercado laboral galego: emprego precario, recorte salarial e medre da desigualdade. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 236. Eis un extracto.

FOTO ARRAZOLA
photo_camera [Imaxe: M. Arrazola]

“Ouh!, vós que entrades, abandonade toda esperanza”. A exclamación do canto terceiro do libro Inferno da Divina Comedia de Dante Alighieri semella destinada ás persoas que acceden ao mercado laboral galego. Un mercado que, após oito anos de crise, amosa en moitos aspectos unha paisaxe propia do pasado dun tornado que levara con el dereitos e conquistas. Mercado de traballo en Galiza 2016 é o documento elaborado polo Gabinete económico da CIG e permite radiografarmos unha realidade que, de non revertela, veu para ficar moito tempo.

4“As condicións nas que entran agora as novas persoas asalariadas son peores das que había hai anos. Estase a consolidar a precarización”, afirma Miguel Malvido, secretario confederal de Emprego da Confederación Intersindical Galega. Unha situación que ten unha das súas consecuencias máis evidentes en que “cada vez hai máis persoas que malia estar traballando non teñen salarios que lles garantan vivir nunhas mínimas condicións dignas nin saír da pobreza”.

[Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 236, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Comentarios