Informe Aisge

A metade dos artistas galegos non logran traballo na súa profesión

O 34 por cento dos actores en Galiza son pobres, mesmo sumando os ingresos doutras ocupacións laborais.

Escenario Teatro Principal
photo_camera Escenario Teatro Principal

O 48% dos artistas galegos non logran emprego na súa profesión. Este é un dos contundentes datos que se extraer do informe sociolaboral elaborado por Aisge, entidade sen ánimo de lucro que xestiona dereitos de autor de directores de escena, dobladores, actores e bailaríns. Ese 48% elévase até o 55% de paro no caso dos actores audiovisuais. De nos centrar nos dobradores atopamos un 48 por cento de desemprego, mentres que en actores de teatro é unha miguiña menos, mnais igualmente alarmante: 44 por cento. Só se reduce de maneira significativa o paro no caso dos profesionais da danza, un 10 por cento de paro.

Estas son algunhas das cifras do informe elaborado por AISGE sobre a situación laboral das actrices, actores, bailarinas e bailaríns en Galicia. Datos que forman parte do contido do Informe sociolaboral sobre o colectivo de actores e bailaríns en España, un traballo sociolóxico de máis de 400 páxinas que a Fundación AISGE desenvolveu ao longo dos sete primeiros meses deste ano 2016. O estudo nútrese dun total de 3.282 enquisas, das que 187 proceden das catro provincias galegas.

A liña da pobreza

De nos centrar só aos ingresos obtidos polo exercicio da profesión artística, o 60 por cento dos artistas sitúanse por debaixo da liña da pobreza, indícase no informe. Esta porcentaxe engloba a quen non obtivo ningún ingreso en absoluto ou os que, despois de conseguiren emprego “no seu”, non superaron os 6.000 euros anuais (500 euros ao mes de media). A proporción de artistas por debaixo da liña da pobreza é particularmente terrible no caso dos bailaríns (89 por cento).

Comentarios