Agora

Agora

Atopados restos arqueolóxicos de orixe romana en Lugo

As obras de peonalización da rúa Ramón y Cajal da cidade de Lugo deixaron ao descuberto varios tramos de muro de cachotería de lousas, restos arqueolóxicos de orixe romana, durante o transcurso dos traballos. Esta situación provocou que os traballos continúen noutra zona "baixo estrito control", segundo o Concello de Lugo, mentres o servizo de arqueoloxía procede á limpeza, estudo e ditaminación da relevancia arqueolóxica dos restos atopados.

Segundo o concello, o proxecto de humanización e peonalización 'Corazón Verde' non se viu "en absoluto afectado", dado que os traballadores e o Concello anticiparon esta situación tras a aparición de hipocaustos romanos -uns cuartos que se quentaban cun sistema no chan- en escavacións anteriores na mesma rúa.

 

No partido da primeira volta as galegas venceron por 38 a 25.
(Foto: Mecalia At. Guardés)
Agora

O Atlético Guardés colide co Elda na Liga Guerreiras

O Atlético Guardés quere recuperar as boas sensacións que mantivo durante sete xornadas ligueiras seguidas e esquecer a dura derrota do sábado pasado na pista do KH-7 Granollers, un partido que puxo fin á súa excelente de vitorias. O encontro dedeste sábado (17.30 horas) contra o Elda Prestixio, que visita por primeira vez A Sangriña, preséntase como unha gran oportunidade para pasar páxina, retomar as aspiracións de posicionarse na parte alta da táboa e permitirse soñar con Europa. Mecalia e Elda nunca se enfrontaron na Guarda, posto que o ascenso do equipo galego coincidiu co descenso do club alacantino; si se mediron, non obstante, este curso no Florentino Ibáñez, nun partido da sétima data que gañou de forma máis que contundente o cadro arraiano por 25 a 38. 
 
udc
Agora

Nace o 'portal de investigación' da UDC, que aglutina a produción científica de persoal investigador

A Universidade da Coruña (UDC) pon en marcha o 'portal de investigación', un novo sitio web onde se poderá consultar toda a produción científica dos seus centros e grupos de investigación. O obxectivo do portal é "mellorar a visibilidade e a transparencia da actividade investigadora da UDC e ser unha ferramenta útil para o persoal investigador e as unidades de xestión da investigación". O sitio web nútrese directamente de bases de datos científicos xa existentes. Actualmente, o portal recolle a totalidade do persoal docente e investigador activo da UDC.
tropas de breogan
Agora

"Un equipo para un país": o celtismo encherá Balaídos de bandeiras galegas este sábado

Baixo o lema 'Galiza na nosa ialma, o Celta nos nosos corazóns', as peñas do Real Club Celta, así como a coordinadora da bancada de animación e o colectivo Tropas de Breogán, chaman a encher Balaídos este sábado no partido ante o Barcelona (18.30h), na xornada previa precisamente ás eleccións galegas, para "amosar ao mundo que este pobo e esta afección teñen sentir de seu". As peñas convidan o celtismo a cantar o Himno da Galiza a capela no minuto 18 da segunda metade acompañándoo dunha bandeirada.
O xornalista vasco Pablo González. (Foto: Reporteiros Sen Fronteiras)
Agora

A xustiza polaca prolonga a prisión de Pablo González por oitava vez

Pablo González permanece encarcerado tras a súa detención en Polonia o 28 de febreiro de 2022. O xornalista vasco, que posúe a dobre nacionalidade española e rusa, está acusado de ser espía ruso mentres informaba sobre a chegada de refuxiados ucraínos a territorio polaco tras o estalido da guerra. Primeiro, foi detido durante un mes nunha prisión de Rzeszów e despois trasladado a outra prisión de Radom. Alí estivo encarcerado nunha cela de máxima seguridade en illamento até hoxe.

Ana Pontón, coa corporación local de Sada.
Agora

Sadamaioría tamén pide o voto para o BNG

O alcalde de Sada, Benito Portela, e a candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, mantiveron na tarde desta quinta feira un encontro no que o rexedor transmitiu o seu apoio e o da Asemblea de Sadamaioría de cara aos comicios do vindeiro domingo. "Sada non é unha illa afastada da realidade política do país. As eleccións deste domingo son un momento crucial non só para construír a vila que queremos, senón para camiñar cara o país que precisamos", afirmou Portela.
Representantes do PP nunha peaxe da AP-53 (Foto: Nós Diario).
Agora

O BNG recorda ao PP a súa privatización da AP-53 "durante 75 anos"

O BNG recomendou esta quinta feira ao PP que "deixen de facer o ridículo en rotondas diante de cabinas de peaxe que eles mesmos puxeron para saquear aos veciños e ás veciñas do Deza hai 25 anos" no contexto dunha campaña electoral "á desesperada". A candidata do BNG ao Parlamento da Galiza pola circunscrición de Pontevedra, Ariadna Fernández, considerou "outra falta de respecto aos cidadáns" que os representantes do PP "veñan a exixir gratuidade de peaxes que a veciñanza do Deza paga a prezo de ouro grazas a que un Goberno do PP na Xunta da Galiza adxudicou a concesión da AP-53 a Acega [Grupo Globalvia] durante 75 anos". Fernández lembroulle aos que "agora veñen erixirse coma apóstolos da gratuidade das peaxes" que durante moitos anos "estiveron calados vendo coma o seu partido hipotecaba o futuro dos nosos veciños e veciñas". En concreto, referiuse ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, "que agora ven facerse fotos ás rotondas", concluíu.
Protesta do PTI a pasada fin de semana pola manipulación do voto. (foto: PPI / Europa Press / Contacto)
Agora

A forza de Khan convoca protestas en Paquistán e amosará as probas do roubo das eleccións

O Movemento pola Xustiza de Paquistán, do encarcerado ex primeiro ministro Imran Khan, fixo un chamamento hoxe á poboación para denunciar o sábado en protestas pacíficas ao longo do país a manipulación dos comicios da pasada semana, nos que sostén que lle foron roubados máis de 80 escanos que lle permitirían alcanzar a maioría absoluta do lexislativo. Mañá, convocou a prensa internacional para revelar probas da fraude.

O Porriño chega con unha mínima vantaxe ao transcendental encontro. (Foto: Balonmán O Porriño).
Agora

O Valladolid pon a proba o Porriño na Liga Guerreiras

Ás 21 horas da sexta feira o Pavillón Municipal do Porriño será a sede do enfrontamento entre dous conxuntos da zona nobre da clasificación da Liga Guerreiras, Conservas Orbe Rubensa Balonmán O Porriño e Caixa Rural Aula Valladolid, nun choque que será retransmitido pola canle pública Teledeporte. Ambos os equipos están inmersos na loita por situarse entre os tres primeiros, sendo quinto o galego e cuarto o castelán e, a pesar de que no partido de ida saíu vitorioso o Valladolid cun contundente 30-22, as cousas son moi distintas agora, como destacou o preparador porriñés, Ismael Martínez. "Estamos en boa dinámica, restan cinco datas da liga regular e creo que este compromiso co Aula determinará moito ao que imos aspirar ao final, porque é un duelo directo". 
 
Dakidarría é unha das bandas que pediu o voto a Ana Pontón (Foto: Dakidarría).
Agora

Un cento de artistas musicais expresan o seu apoio ao BNG

Até 100 bandas e artistas musicais amosaron esta quinta feira o seu apoio ao "cambio galego". "Queremos que Ana Pontón sexa a próxima presidenta da Xunta da Galiza", expresaron este grupo de músicos e músicas, no que se atopan bandas tan recoñecidas como Dios Ke te Crew, Dakidarría ou Loita Amada, así como artistas de renome como Xurxo Souto ou Paloma Fernández, do coro da ra. Incluso unha das bandas máis míticas do pop-rock estatal como os cataláns El Último de la Fila (Manolo García e Quimi Portet) manifestou o seu apoio á candidata do BNG a presidir a Xunta.
Berlai e Zarauza.
Agora

"Como Sue Ellen": Zarauza pon imaxes á música de Berlai

A sala Riquela de Santiago acollerá hoxe, 15 de febreiro, a partir das 20 horas, a presentación de "Como Sue Ellen", o videoclip de Alfonso Zarauza que acompaña a canción do mesmo nome de Xiao Berlai, incluída no seu último disco-libro, Estampas Galegas. A peza de Berlai é unha homenaxe á tradicional Miudiño e á cultura de taberna, di o músico, "porque un dos maiores centros culturais que hai na Galiza son as cantinas". Zarauza, que confesa que "había tempo que quería mesturar as súas imaxes coa música de Berlai", realizou un plano secuencia de máis de catro minutos de duración "para acentuar o ensimismamiento alcólico". Os organizadores prometen un breve concerto e petiscos, 

Aeroxerador de Greenalia xa operativo. (Foto: Greenalia)
Agora

Arquivado un proxecto de parque eólico entre os concellos da Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade

A Xunta arquivou o proxecto do parque eólico de Cabanelas, que promovía Greenalia entre os municipios da Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade despois de non superar o trámite ambiental. Segun a resolución publicada no Diario Oficial de Galiza, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais tamén cancela desta forma a garantía económica de 360.000 euros depositada por Greenalia. En xaneiro de 2023, o Goberno galego denegou a declaración de impacto ambiental a este parque eólico. Agora, procede á cancelación definitiva do proxecto e o seu arquivo.

Un mozo saíndo dun colexio electoral após depositar o seu voto nas eleccións estatais do pasado 23 de xullo. (Foto: Joaquín Corchero / Europa Press)
Agora

Anticapitalistas Galiza pide un “voto crítico” ao BNG nas eleccións galegas

“O BNG soubo recoller as arelas de cambio e encarnar en Ana Pontón a esperanza de desaloxar o PP da Xunta cun Goberno no que a diferenza do bipartito de 2005, o PSOE quedaría subalternizado”. Así comeza o comunicado remitido aos medios e nos que Anticapitalistas pide o voto para a formación nacionalista o 18-F. Anticapitalistas, porén, cre que o BNG “deu un xiro cara á moderación, xogando a carta dun nacional- populismo amplo capaz de integrar as demandas de sectores moi diversos priorizando o eixo nacional sobre o social”. Ante a posibilidade real de desaloxar o PP da Xunta, o único voto útil é ao BNG, sendo conscientes da limitación que pode ter un Goberno liderado por Ana Pontón, pero tamén das esperanzas de moitos sectores das clases populares de reverter recortes que afectan tan gravemente ao pobo galego como os de sanidade, dependencia e ensino”.

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Tres persoas feridas nunha colisión múltiple en Boiro con 5 vehículos implicados

Unha colisión múltiple con 5 vehículos implicados saldouse esta quinta feira con tres persoas feridas, en AG-11, ao seu paso polo concello de Boiro, segundo informou o CIAE 112-Galiza. O sinistro tivo lugar sobre as 7,30 horas, no quilómetro 21 dese vial, na parroquia de Cespón, e varios particulares contactaron con Emerxencias. Un deles foi un dos condutores implicados no accidente, que relatou que batera contra algo na estrada, sen saber aclarar de que se trataba, e como consecuencia dese choque, outros vehículos chocaran co seu. Os equipos de intervención confirmaron que foron 5 os vehículos implicados, e que tres persoas tiveran que ser trasladadas polos servizos sanitarios, aínda que o seu estado, en principio, non revestía gravidade.

fandicosta
Agora

Sindicatos e comité de empresa de Fandicosta reúnense con representantes da Xunta

Os sindicatos UXT, CC.OO. e CIG e os membros do comité de empresa de Fandicosta volveranse reunir esta quinta feira con representantes da Xunta da Galiza. Segundo informan fontes sindicais, o Goberno galego emprazounos a un encontro en Compostelaa partir das 17, despois de que o solicitasen hai semanas por carta para coñecer o estado actual da venda da pesqueira galega a Wofco. A pesar de que a intención era volver reunirse coa conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lourenzá, por agora non hai confirmación oficial de que ela acuda ao encontro, pero si o farán representantes do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Kelvin Kiptum. (Foto: Europa Press).
Agora

Kenya investiga a morte do 'recordman' de maratón

A morte o pasado 11 de febreiro do titular do récord do mundo de maratón, Kelvin Kiptum, continúa dando que falar. Así, no dia de onte a policía de Kenya, o seu país natal e o lugar onde perdeu a vida logo de sufrir un fatídico accidente de automóbil, revelou que detivo tres persoas que "visitaron" a casa do malogrado atleta tres días antes do seu pasamento. Isto chega despois de que o pai do finado, Samson Cheruiyot, confirmase que "hai uns días" unha serie de homes chegaron ao seu domicilio "buscando" a Kiptum e negándose a identificarse. O obxectivo da policía kenyata é revelar a "natureza" desa visita e esclarecer por completo as causas do accidente que lle custou a vida.
O lateral regresou a fin de semana dun período de inactividade. (Foto: Rácing de Ferrol).
Agora

Brais Martínez frea a euforia arredor do Rácing de Ferrol

O defensa Brais Martínez, que a pasada fin de semana regresou no partido ante o Burgos logo de case dous meses de ausencia por lesión, protagonizou onte unha intervención ante os medios de comunicación na que tratou de arrefriar a euforia desatada arredor do Rácing de Ferrol, o conxunto revelación da categoría de prata do fútbol estatal. "Durante as segundas voltas todo está moito máis apertado, é moi difícil gañar en calquera campo", salientou o de  Vigo, quen, non obstante, incidiu en que sempre sairán "a gañar", pese a que os rivais "cada vez coñecen mellor" a forma de xogar dunha escuadra dirixida por Cristóbal Parralo que foi a gran revelación do primeiro tramo de campionato. 
Xornada electoral onte no sur da illa indonesia de Sulawesi. (Foto: Herwin Bahar / Zuma Press / ContactoPhoto)
Agora

O conservador Prabowo Subianto proclama a vitoria na primeira volta electoral en Indonesia

Baseado en recontos extraoficiais que elevan os seus apoios a entre 57% e 59% da poboación indonesia que participou nas eleccións presidenciais de hoxe, o ministro de Defensa, o conservador Prabowo Subianto, reclamou a súa vitoria xa na primeira volta. Durante a ditadura de Mohammad Suharto, apoiado por Occidente, foi acusado de torturas e desaparicións forzosas.

A pontevedresa Pérez debuta hoxe na categoría de -62 quilos, (Foto: FEL).
Agora

Lydia Pérez, a vingar o KO de Nerea Pampín no Europeo de Loita

A capital de Romanía, Bucarest, acolle desde o pasado 12 de febreiro o Campionato de Europa de Loita, proba que se estenderá até o domingo 18 deste mes e que conta con dúas representantes galegas: Lydia Pérez e Nerez Pampín. A primeira entrará esta quinta feira pola mañá en acción nas series clasificatorias de -62 quilogramos e, de conseguir superalas, xa pola tarde competiría de novo para disputar as semifinais coa vista posta na finalísima, programada a partir das 19.30 horas de mañá. No caso de Pampín, esta debutou onte na proba romanesa, e a pesar da intensa preparación previa que levou a cabo nas semanas anteriores no Centro de Alto Rendemento de Madrid -onde este ano estreou unha bolsa como deportista interna- caeu na cuarta feira eliminada en primeira rolda contra a bielorrusa Sadchanka por 0 a 11.
A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e a presidenta do Banco Central Europeo, Christine Lagarde, esta sexta feira (Foto: Alexandros Michailidis / European / DPA).
Agora

Eurostat confirma que a economía da zona euro fica en estancamento

A zona euro evitou finalmente a entrada en recesión técnica, que implica dous trimestres consecutivos de caída da actividade, despois de que no cuarto trimestre a economía se estancase, tras a contracción de 0,1% dos tres meses anteriores, segundo confirmou esta cuarta feira Eurostat. No conxunto da Unión Europea (UE), con todo, a actividade rexistrou un avance de 0,1% no cuarto trimestre, unha décima porcentual máis do previsto inicialmente.