Agora

O candidato conservador Prabowo Subianto en 2023. (Foto: Alexander Kubitza / Dod / Planet / DPA)
Agora

O conservador Prabowo Subianto perfílase como o novo presidente de Indonesia

Máis de 200 millóns de persoas están convocadas mañá a elixir o novo presidente de Indonesia, nunhas eleccións nas que tamén se seleccionará o lexislativo. As últimas enquisas sosteñen que o conservador Prabowo Subianto podería superar 50% dos votos e converterse en mandatario na primeira volta, impulsado polo apoio do actual presidente, o progresista Joko Widodo, denuncia a oposición, cuxo fillo aspira a ser vicepresidente de Prabowo.

Pauleta, co presidente do Benfica, o lendario ex futbolista Rui Costa. (Foto: SL Benfica).
Agora

Pauleta estende o seu contrato co Benfica até o ano 2027

Unha das mellores xogadoras de fútbol do país, Paula Domínguez, Pauleta, continuará defendendo as cores do Benfica até 2027.O conxunto da capital portuguesa e a centrocampista viguesa acordaron estender a vinculación que os une desde 2018 -coincidindo coa estrea do equipo feminino das Aguias- tan só unha semana despois de que Pauleta regresase logo de sete meses de inactividade a causa dunha rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo esquerdo. Xa recuperada, como demostrou no gol que anotou no seu partido de retorno ante o Torreense, a galega non ocultou o "orgullo xigante" que sente por continuar defendendo o Benfica "e todos os valores que representa". 
 
Burela e Poio reeditarán o recente partido pola Supercopa. (Foto: RFEF).
Agora

Catro equipos aspiran á finalísima da Supercopa Galiza

Catro dos seis conxuntos da Galiza na Primeira División de fútbol sala feminino -a competición de ámbito estatal con maior peso da representación galega. que ascende a 40% do total- enfrontaranse hoxe nun duplo derbi coa meta común de conseguir un posto na finalísima da XVII Copa Galiza. A primeira semifinal será ás 20 horas no Pavillón Municipal de Castro Ribeiras de Lea, e alí colidirán o local Castro Bloques Cando co Marín Futsal. No outro lado do cadro, xa ás 20.30 e no Pavillón Polideportivo de Ribadeo -pois Vista Alegre, onde habitualmente xoga o Pescados Rubén Burela, está en obras-, a formación laranxa e o Poio Pescamar reeditarán a finalísima da Supercopa de España que se levou a cabo hai tan só dúas semanas e na que saíu vitorioso o Burela pola mínima (1-0).
Efectivos de Gardacostas
Agora

Detectan unha vertedura de combustible na praia de Coroso, en Ribeira

Os servizos de emerxencias tratan de esclarecer a orixe e o alcance dunha vertedura de combustíbel detectada esta segunda feira na praia de Coroso, nas proximidades do peirao do municipio de Ribeira, na comarca do Barbanza. Segundo informou o 112 Galiza, un particular daba aviso á central de emerxencias sobre as 18:30 horas de que visualizara un obxecto, que non podía identificar, aboiando no mar nesta localización. Ao ter coñecemento deste feito, os operadores do 112 trasladaron esta información a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galiza, que desprazaron varias embarcacións ao momento para tratar de pescudar de que se trataba. Ademais, tamén foron informados os membros do GAEM e os Bombeiros de Ribeira, os axentes da Garda Civil, da Policía Local, e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Con todo, o persoal de Salvamento confirmou posteriormente que a aparición deste obxecto, que resultou ser un bidón, nada ten a ver coa vertedura de combustíbel estendido pola praia de Coroso. Así, tras atopar esta vertedura, foi informado o Servizo de Protección da Natureza (Seprona), aínda que pola falta de luz non foi posíbel comprobar o alcance da mancha, que os servizos de emerxencia esperan concretar esta terza

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Atopan os cadáveres de dous anciáns nun piso de Moaña

Os cadáveres dun matrimonio de octoxenarios foron atopados esta segund afeira no domicilio no que residían na zona do Con, no municipio de Moaña, na comarca do Morrazo. Os corpos non presentan signos de violencia e, dado o seu estado, poderían levar mortos varias semanas. Foron os veciños dos anciáns os que, ao decatarse de que levaban tempo sen velos, deron a voz de alarma á propietaria do piso da rúa José Costa Alonso na que residían de aluguer. Esta, dado que non eran tampouco capaz de contactar con eles, alertou a Garda Civil. Os axentes persoáronse na vivenda e, tras acceder, localizaron os dous cadáveres. Membros da Policía Xudicial, que investigan os feitos, permaneceron até ben avanzada a tarde no inmóbel. A falta de determinar o que diga a autopsia, os cadáveres dos dous anciáns non presentaban signos aparentes de violencia, polo que se baralla que puidese tratarse dunha morte natural. Polo seu estado, poderían levar falecidos varias semanas e crese que o home morreu antes que a súa esposa.

Fachada do edificio do Teatro Cine Fraga de Vigo. (Foto: Nós Diario)
Agora

Rueda anuncia a compra a Abanca do Cine Fraga e o Concello de Vigo di que o tería gratis

O candidato do PP a presidir a Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, anunciou "conversas avanzadas" para a compra, por parte da Administración galega, do antigo Teatro Cine Fraga en Vigo, actualmente propiedade de Abanca, e a súa rehabilitación. Ao coñecer esta proposta, o PSOE vigués desvelou que o alcalde da cidade, Abel Caballero, está en "conversas" para conseguir que o banco ceda o edificio de maneira gratuíta á cidade. Así o confirmou o portavoz do Goberno municipal (e candidato por Pontevedra), Carlos López Font, que expresou a súa "sorpresa" polo "anuncio electoral". Unha iniciativa, a da recuperación do Cine Fraga, proposta xa polo BNG vigués no mes de maio, que suxeriu transformalo no "gran teatro municipal de Vigo". 
Balonmán na Rúa 5x5. (Foto: FGB).
Agora

Pontevedra acollerá a 'Copa 5x5' de balonmán na rúa

Chega a Pontevedra o circuíto de elite do balonmán de base, a Copa 5×5 de Balonmán na Rúa, unha "aposta novidosa por visibilizar o deporte da forma máis vistosa e atractiva", segundo a Federación Galega de Balonmán (FGB). Esta instalará un estadio de minibalonmán na cidade do Lérez, o cal albergará máis de 200 encontros durante seis días en datas aínda por confirmar no marco desta iniciativa dirixida a nenos e nenas das categorías alevín e benxamín. Ademais, a Federación Galega confirmou que O Porriño acollerá un choque entre o combinado estatal feminina e Acerbaixán o 7 de abril, e Lalín fará o propio co España-Serbia o 8 de maio.
 
O primeiro ministro británico, Rishi Sunak, o mes pasado. (Foto: Stefan Rousseau / PA Wire / DPA)
Agora

A lei británica para enviar migrantes a Ruanda, "incompatíbel" cos dereitos humanos

O comité de dereitos humanos do Parlamento británico emitiu hoxe un informe que conclúe que a lei para enviar persoas migrantes a Ruanda, tratando de esquivar unha sentenza contraria da Xustiza británica e impulsada polo primeiro ministro conservador Rishi Sunak, é “fundamentalmente incompatíbel” coas obrigas do Reino Unido ao respecto dos dereitos humanos e unha violación do dereito internacional.

Toimil sostén o título rodeada das súas compañeiras do Praias. (Foto: RFEA).
Agora

Belén Toimil levanta a Copa de España de Pista Curta por equipos

O Praias de Castellón levantou en Antequera, catro anos despois do seu último triunfo, o Campionato de España de Pista Curta por equipos, un título para o que foi fundamental a contribución dunha galega que é o corazón e a alma do conxunto levantino, Belén Toimil. A lanzadora de peso Mugardesa continúa consolidando os cambios introducidos na súa técnica para alcanzar uns 19 metros que a catapultarían aos Xogos Olímpicos de París -a mínima directa é de 18,80 metros, mentres que na repesca esixiríanlle acreditar 18,35-, e na cita malagueña logrou o seu mellor rexistro persoal no que vai de ano, 17,89 metros que tamén representan a mellor marca dunha atleta estatal neste 2024.   
debate palestina
Agora

Representantes de candidaturas ás eleccións galegas debaten sobre Palestina

Representantes de candidaturas ás eleccións galegas debatiron este sábado sobre a situación actual en Palestina, nun encontro promovido por BDS Galicia (Boicot, Desinvestimentos e Sancións a Israel), que forma parte dun movemento internacional co mesmo nome. Foi un debate na Facultade de Xeografía e Historia da USC e con presenza da número tres da candidatura socialista pola circunscrición da Coruña, Silvia Longueira. Tamén estiveron Duarte Correa, polo BNG; Javier García, por Podemos; Manuel Moure, por Sumar, e Rafael Manuel Fernández, de Por un mundo máis xusto. O PP tamén foi convidado, pero non enviou representación. Abordáronse cuestións como a libre autodeterminación do pobo palestino, o dereito de retorno ou o apoio ao movemento BDS.
Agora

Falece unha muller tras ser atropelada por un tren en Oza

Unha muller faleceu tras ser atropelada por un tren en Oza (comarca de Betanzos) e a circulación ferroviaria está interrompida entre O Burgo e A Coruña mentres os equipos de emerxencias traballan no punto. Segundo informou o 112, minutos antes das 7 horas deste domingo o condutor explicou que chegou a unha persoa en Oza, preto da praia de Santa Cristina e que podería estar morto. Por iso, solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía Nacional e Local e persoal de emerxencias de ADIF. Ademais, o 061 detallou que enviou unha ambulancia do SVA e que unha muller foi atendida e faleceu no lugar.

Adif explicou que a circulación entre A Coruña e O Burgo-Santiago está suspendida e estableceron un plan de transporte alternativo con transbordos por estrada entre A Coruña e Lugo para os trens: M D 33644 e 33641 A Coruña-Monforte L. e V.V.

Janet Novas interpreta María en 'O corno', unha muller que gaña a vida mariscando. (Foto: Elástica Films)
Agora

Goya á Mellor Actriz Revelación para Janet Novás

Chega o segundo Goya para o cinema galego: a bailarina e actriz Janet Novás recibe o premio á Mellor Actriz Revelación pola súa interpretación en O corno, de Jaione Camborda, gañadora da Concha de Ouro no Festival Internacional de Cine de San Sebastián.. Novás, cunha delongada traxectoria como bailarina e coreógrafa, debutaba no cinema con este papel no filme de Camborda. Foi protagonista de Sermos Galiza en novembro de 2023.
Agora

Goya á Mellor Curta de Animación para Martín Romero

O director coruñes Martín Romero recibe o Goya á Mellor Curtametraxe de Animación polo seu filme To Bird or Not To Bird, unha mirada crítica do mundo contemporáneo desde a perspectiva das aves. Producida por Iván Miñambres e Chelo Loureiro, o filme xa recibira numerosos premios en festivais como o de Torrelavega ou o Veliki Brcko Best Film Award.

 

 

María Vázquez e Álvaro Gago na entrada á gala dos Premios Goya.
Agora

'Matria' na alfombra vermella dos Goya

Álvaro Gago foi nomeado aos Goya pola súa curtametraxe 'Matria', da que parte a historia que levou á longametraxe coa actriz María Vázquez. Gago está nominado a mellor director revelación e Vázquez á mellor actriz protagonista. Na alfombra vermella, Gago fai unha chiscadela ao traxe galego tradicional.

Varios turismos agardan a que os equipos de emerxencias rematen de intervir na A-52, o 10 de febreiro de 2024, na Cañiza. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
Agora

Restabelecido o tráfico na A-52 tras un accidente con 14 vehículos implicados e oito feridos

O tráfico na autovía A-52, ao seu paso polo municipio pontevedrés da Cañiza, quedou restabelecido ás 17.20 horas, despois de que este sábado se rexistrase un accidente múltiple con 14 vehículos implicados e que se saldou con oito feridos leves e outras 20 persoas ilesas.

O sinistro, no que se viron implicados 11 turismos, dúas autocaravanas e un camión, produciuse ás 13.50 horas no quilómetro 275 desta autovía e o tráfico foi desviado pola N-559.

Numerosos vehículos víronse atrapados con motivo deste accidente á altura do túnel de Folgoso, entre eles dous coches do servizo de seguridade do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que este sábado participou nun mitin dos socialistas galegos en Vigo. 

 

Fotograma do vídeo lanzado polo BNG.
Agora

O BNG felicita o Ano Novo do Dragón en chinés: "Somos un país diverso que queremos seguir adiante"

O Bloque Nacionalista Galego difundiu este 10 de febreiro un vídeo en chinés para felicitar o inicio do Ano Novo do Dragón de Madeira a unha comunidade que na Galiza supera as 3.250 persoas segundo os datos do INE correspondentes ao censo de 2022.

"Parabéns e feliz ano do Dragón de Madeira! Dende o BNG queremos felicitar a toda a comunidade chinesa que vive na Galiza", di o vídeo difundido nas redes sociais do BNG en chinés.

"Somos un país aberto e diverso que queremos avanzar cara a un futuro mellor", sinala o vídeo que remata cunha das imaxes da campaña de Ana Pontón e o lema "presidente".

A actriz viguesa María Vázquez.
Agora

A actriz María Vázquez será a pregoeira da 49ª edición da Festa do Queixo de Arzúa

A actriz María Vázquez, nominada aos Goya por Matria, exercerá de pregoeira da 49.ª edición da Festa do queixo de Arzúa, onde pronunciará o discurso de apertura do evento, o sábado 2 de marzo ás 11.45 h no campo da feira. A actriz viguesa comezou a súa andaina no mundo da interpretación en series como Al salir de clase, Compañeros ou Raquel busca su sitio. Logrou facerse un oco en producións como Fíos ou Padre Casares emitidas na TVG, ou outras como Ana y los siete ou Hospital central. O seu salto ao cinema tivo lugar no ano 2000, cando Joan Potau a escolleu para poñerse na pel dunha recepcionista en San Bernardo. Traballou ás ordes de cineastas como Icíar Bollaín, Manuel Iborra, Montxo Armendáriz ou Gerardo Diego.  

Anna Gabriel nun acto da CUP en Barcelona, Catalunya, en 2022. (Foto: David Oller / Europa Press)
Agora

A Xustiza española arquiva a causa contra Anna Gabriel (CUP), exiliada en Suíza

A Audiencia de Barcelona resolveu hoxe arquivar o caso contra Anna Gabriel, ex deputada no Parlamento catalán pola Candidatura d’Unitat Popular (CUP), que foi acusada de rebelión pola súa participación na declaración de independencia que culminou o proceso de autodeterminación de Catalunya antes de que a imputación fora rebaixada a desobediencia. Gabriel exiliouse en Suíza en 2018 logo da apertura das pescudas.

O Breogán confirmou onte a fichaxe do base americano Rob Gray. (Foto: Ana Peleteiro).
Agora

A PREVIA DA ACB | Obradoiro e Breogán precisan gañar xa

O Obradoiro, un dos dous conxuntos galegos na Liga ACB, acumula seis derrotas consecutivas, unha xeira de resultados moi negativa que o está achegando perigosamente ao fondo da clasificación e que tratará de cortar de raíz vencendo este sábado ás 18 horas no Sar o Unicaja de Málaga,un choque no que o seu técnico, Moncho Fernández, está "convencido" de atopar "o premio da vitoria. Desa zona baixa da táboa tamén quere fuxir un Breogán que ten un desafío de gran magnitude ante si nesta vixésimo segunda xornada, pois recibe ás 12.30 do domingo o todopoderoso Real Madrid. Alí aínda non estará a última fichaxe lucense, o base -que tamén pode actuar como escolta- de nacionalidade estadounidense e experiencia no básquet europeo Robert, 'Rob', Gray, anunciada oficialmente no día de onte.  
 
Peleteiro buscará a mínima olímpica. (Foto: EP).
Agora

Peleteiro e Ben liderarán as atletas galegas no Estatal de Ourense

Dentro de menos dunha semana, o 16 de febreiro, dará comezo no recinto de Expourense, na Cidade das Burgas, o LX Campionato de España de Atletismo Absoluto en Pista Curta, a modalidade anteriormente coñecida como 'pista cuberta'. Alí haberá, tal e como figura na relación de deportistas inscritas na proba, un total de 36 galegos e galegas, que estarán lideradas pola saltadora Ana Peleteiro -que busca a mínima olímpica para estar nos Xogos de París-, o mediofondista Adrián Ben nos 800 e os 1.500 metros, e a lanzadora de peso Belén Toimil. Ademais, tamén destacan os nomes de El Mehdi El Nabaoui, Sabela Fernández, Laura Santos ou Amparo Corredoira.