Agora

Cartel advertindo do atraso dos trens que saen e chegan á Coruña na estación de Santiago, ás 16 horas de hoxe. (Foto: Nós Diario)
Agora

Unha incidencia causa atrasos en varios trens que comunican a Galiza e Madrid

Unha incidencia entre Meamán (Ourense) e Otero de Bodas (Zamora) causou a tarde deste domingo atrasos en catro trens na liña Ourense-Madrid, así como outros catro víronse afectados en sentido Madrid-Galiza. En total son oito trens os que presentan demoras mentres Adif continúaba traballando a última hota de onte para resolver a incidencia. Segundo informou Renfe a través de redes sociais, os oito atrasos nas liñas mencionadas anteriormente debéronse a ese fallo técnico que tamén deixou sen tensión o tramo Valladolid-Burgos e entre Venta de Baños e León. Todo apunta a unha falta de subministración por causa da empresa subministradora, segundo recolle Adif.

A líder do Sinn Féin en Irlanda do Norte, Michelle O'Neill. (Foto: Nós Diario)
Agora

Michelle O'Neill, do Sinn Féin, será escollida como primeira ministra de Irlanda do Norte

Por sétima vez desde que hai case dous anos o Partido Unionista Democrático decidiu bloquear o funcionamento das institucións autonómicas, a Asemblea de Irlanda do Norte reúnese mañá nunha sesión na que está prevista a elección dun novo liderado territorial, cargo que recaerá en Michelle O’Neill, do Sinn Féin, após imporse nos comicios de maio de 2022. Será a primeira vez que a forza progresista se faga co poder no norte de Éire.

O obradoirista Dragan Bender continuará de baixa por lesión. (Foto: Monbus Obradoiro).
Agora

O Breogán visita o Zaragoza e o Obradoiro recibe o Gran Canaria

Os dous equipos galegos na ACB encaran este esta fin de semana uns importantes compromisos de cara á consecución da común meta da permanencia. O primeiro en entrar en acción será o Leite Río Breogán, que viaxou até Zaragoza para xogar ante o Casademont ás 18 horas do sábado. Alí, os lucenses terán unha oportunidade de ouro para sumar o agardado sétimo triunfo e recortar distancia cos maños, que teñen oito. Pola súa parte, o Monbus Obradoiro, que está empatado a vitorias co Breo, reta un dos grandes, o Gran Canaria, que visita o Sar ás 17 horas dodo domingo nun choque no que seguirá sen estar o mancado Dragan Bender. O croata, lesionado desde decembro de 2022, e segundo un comunicado emitido polo club, podería perderse o que resta de tempada 2023/24.
 
As porriñesas queren o título. (Foto: Balonmán O Porriño).
Agora

O BM O Porriño desafía o todopoderoso Bera Bera

O Atlético Guardés e o Balonmán O Porriño disputan este sábado a décimo sexta xornada da Liga Guerreiras ante equipos da zona nobre da táboa. Quen máis difícil o terá para facerse cos puntos será a escuadra porriñesa, pois recibirá na súa casa (19 horas) o todopoderoso Súper Amara Bera Bera de Donosti, campión de oito das últimas once ligas. Con todo, o irregular rendemento -para os seus estándares- das vascas abre as portas da esperanza para as xogadoras galegas. No referente ao Guardés, este tamén actúa como local, no seu caso contra o Aula de Valladolid (17.30 horas), nun duelo directo entre dous bloques que aspiran a consolidarse na parte alta da clasificación.
Local de doazón no Hospital Nicolás Peña de Vigo. (Foto: Nós Diario)
Agora

Chaman a doar sangue ante as baixas reservas dos grupos A+, 0+, 0- e B-

As reservas de sangue dos grupos A+, 0+, 0- e B-, atópanse en nivel baixo, polo que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) instou á cidadanía para doar. Nun comunicado, ADOS explicou que a metade dos grupos sanguíneos presentan niveis baixos, dous deles, A- e B+, niveis normais e outros dous, AB+ E AB-, presentan un bo nivel de sangue. Así, lembraron que se necesitan aproximadamente 500 doazóns de sangue cada día para poder atender a todos e todas as pacientes que o necesiten. Por iso, poñen ao dispor da poboación dez unidades móbiles para a doazón que percorren diariamente os concellos galegos, e sete locais permanentes de doazón nas principais cidades galegas.

The Rapants vén de sacar o sinxelo 'Blaster W4u'. (Foto: Andrea Freckleseye)
Agora

The Rapants esgota en 15 minutos as entradas para a festa de presentación do seu novo disco

The Rapants vén de pendurar, en tan só 15 minutos, o cartel de entradas esgotadas para a festa de presentación do seu terceiro álbum, La máquina del buen rollo, prevista para o sábado 23 de marzo na Sala Capitol. Ante a masiva resposta do público, a banda muradá propón unha segunda data na mesma sala de Santiago para que poidan asistir todas aquelas persoas que quedaron sen billete. 

A Cámara Baixa da Arxentina na sesión da cuarta feira. (Foto: Cámara de Deputados da Arxentina)
Agora

A Cámara de Deputados da Arxentina ultima o debate e votación da 'Lei ómnibus'

Á hora do fechamento hoxe desta edición, a Cámara de Deputados arxentina proseguía co debate da ‘Lei ómnibus’, presentada polo Goberno de extrema dereita de Javier Milei. A iniciativa recolle unha declaración de emerxencia pública que lle permitiría asumir competencias do lexislativo. A axencia Télam indicou que a ultradereita confiaba en que a aprobación xeral do texto se producise hoxe, deixando para mañá os últimos puntos.

A 'Marcha contra o cancro' reuniu 2.400 persoas na Coruña en 2023. (Foto: AECC).
Agora

O deporte mobilízase para apoiar o Día Mundial do Cancro

Como cada ano, o próximo 4 de febreiro, domingo, conmemorarase internacionalmente o Día Mundial do Cancro, e o deporte non é alleo a esta iniciativa que pretende concienciar sobre a importancia dunha loita que ten como anhelo aumentar a taxa de supervivencia a 70% no próximo ano 2030. Por iso, o Deportivo Liceo de hóckey levará un brazalete verde "que simboliza a esperanza e o compromiso" coa causa, facendo un chamamento, ademais, a colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Pola súa parte, a delegación lucense desta asociación organizará o propio día 4 de febreiro unha 'Marcha contra o cancro' en Burela, que saíra ás 11 horas na Praza da Mariña, onde tamén rematará logo de chegar até a praia da Marosa.
A Irmandiña vén de derrotar Asturias por 0-1. (Foto: RFGF).
Agora

A Mancha, Andalucía ou Aragón, rivais da selección galega de fútbol amateur

A selección galega de fútbol amateur, logo de fechar na noite da pasada terza feira o seu pase á Fase Final Estatal da Copa das Rexións UEFA após superar Asturias (0-1), xa sabe con que tres combinados deberá pelexar para obter o único posto en xogo para tratar de defender o seu título na edición 2024/25 desta competición europea: Castela A Mancha, Andalucía ou Aragón.
 
O acusado é o ex futbolista do Barcelona e a selección brasileira Dani Alves. (Foto: EP).
Agora

A Audiencia non xulgará Dani Alves a porta fechada

A Audiencia de Barcelona confirmou onte que o xuízo contra o ex futbolista do Barcelona e a selección brasileira, Dani Alves, non será a porta fechada, excepto cando declare a vítima. No seu auto, o tribunal descartou a petición compartida tanto pola Fiscalía, a acusación particular e a defensa do acusado, que desexaban que se desenvolvese a porta fechada. Non obstante, asegura que garantirá as "medidas" para protexer a identidade da muller denunciante.
Accidente de tráfico en Baltar (Foto: Garda Civil de Tráfico).
Agora

A Galiza pecha xaneiro con oito mortes en accidentes de tráfico, tres máis que hai un ano

A Galiza rexistrou un total de oito mortes en accidentes de tráfico en xaneiro, tres máis que as cinco que se produciron no mesmo mes de 2023, segundo os datos publicados pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) esta quinta feira. O mes de xaneiro de 2024 finalizou con 82 sinistros mortais rexistrados nas estradas estatais nos que perderon a vida un total de 93 persoas, o que representa 18 mortes máis que no mesmo mes do ano anterior.
(Foto: Nico Martínez).
Agora

A ría de Vigo recibirá unha proba de vela de calibre internacional

A 44 CUP chegará á Galiza en maio deste anoBaiona será a sede neste 2024 da 44 CUP, o prestixioso circuíto internacional de regatas, que chegará ás Rías Baixas en maio como unha das cinco paradas que ten programadas na súa décimo sétima edición. Así, tras levarse a cabo en Baiona as soadas 52 Súper Series en 2022 e o Mundial da clase J80 en 2023, en 2024 será a quenda dos RCC43, outro monotipo de veleiro creado polo considerado como o mellor patrón da historia da Copa América, o neocelandés Russell Coutts. Trátase dun barco de alta competición que rolda o millón de euros de prezo, pois está construído integramente en fibra de carbono, o que fai que sexa moi lixeiro a pesar das súas dimensión de 13,45 metros. Á fronte destas naves están armadores cun gran potencial económico, e que contratan as súas tripulacións recrutando a medallistas olímpicos, tripulantes de Copa América e regatistas da Volta ao Mundo de Vela, o que permitirá á afección galega asistir a un espectáculo no que, previsibelmente, participarán numerosos e numerosas deportistas de talle internacional, razón pola que se estiman unhas cifras de retorno económico "que superará o millón de euros", segundo destacan desde a organización.
 
Tadeo Allende. (Foto: Godoy Cruz).
Agora

O Celta ultima a incorporación do arxentino Tadeo Allende

O Celta volverá pescar nun dos seus caladoiros predilectos dos últimos tempos, a Arxentina, para tratar de solucionar os seus problemas de cara á portería contraria. Seguindo os pasos de homes como Joaquín Larrivey, Tadeo Allende xa está en Vigo, onde esta mesma quinta feira podería estar ás ordes de Rafa Benítez no adestramento celeste. Allende, que conta con 23 anos de idade, procede do Godoy Cruz, que recibirá entre catro e cinco millóns de euros polo traspaso dun polivalente futbolista que pode actuar como dianteiro centro ou como extremo. O seu impacto na competición arxentina foi tal que o mesmísimo Carlos Tévez escolleuno como un dos tres xogadores "máis diferenciais" do torneo.
 
Mercado de alimentos na capital de Portugal, Lisboa. (Foto: 4kclips)
Agora

A inflación escala 2,3% en Portugal após finalizar o programa gobernamental IVE Zero

O Instituto Nacional de Estatística de Portugal revelou hoxe que os datos provisorios de xaneiro reflicten un aumento de 2,3% do Índice de Preços no Consumidor, moi por riba do 1,4% do mes anterior. O organismo detalla que os datos explícanse en parte pola fin do programa IVE Zero do Executivo, que estivo en vigor oito meses até comezos do ano en case medio centenar de produtos alimentarios básicos, e pola suba da electricidade.
O coche accidentado.
Agora

Morre unha muller de 76 anos nunha colisión frontal entre un coche e un camión en Rábade

Unha muller de 76 anos, veciña de Cospeito (Terra Chá), faleceu esta cuarta feira nunha colisión frontolateral entre un coche e un camión na estrada N-6 (Madrid-A Coruña) ao seu paso polo municipio de Rábade. Segundo informa a Garda Civil, o sinistro viario, que tivo lugar sobre as 16 horas no punto quilométrico 515,4, tamén deixou a outras dúas persoas feridas. A persoa falecida neste accidente viaxaba no asento posterior esquerdo. Tamén resultaron feridos a condutora do turismo e un usuario do asento dianteiro. Pola súa parte, o condutor e único ocupante do camión resultou ileso, segundo informan as mesmas fontes.
Iria Aldegunde pon en imaxes a novela de Xosé Neira Vilas.
Agora

Iria Aldegunde leva as 'Memorias dun neno labrego' á linguaxe da banda deseñada

A nova obra de Editorial Galaxia, Memorias dun neno labrego traslada a  Balbino, o rapaz de aldea máis famoso da literatura galega, ao mundo da banda deseñada a través das ilustracións da compostelá Iria Aldegunde. O volume, que se presentou onte en Santiago, pon en imaxes ese mundo que Balbino contempla ao seu redor cos ollos moi abertos e que adoece por entender, pois, como el afirma, vimos ao mundo cunha alforxa de preguntas.
Mario Da Costa, posando como albivermello. (Foto: CD Lugo).
Agora

O Lugo presenta o extremo Mario Da Costa

Non é o Deportivo da Coruña o único equipo que está moi activo nestas últimas horas do mercado de fichaxes de inverno, pois apenas un día despois de presentar Fran Mérida, o Club Deportivo Lugo fixo o propio co andaluz Mario Da Costa, que defenderá as cores albivermellas até o próximo 30 de xuño. Cedido polo Eldense de Segunda División, actúa principalmente polo carril esquerdo do ataque, onde agarda achegar velocidade e verticalidade aos esquemas do seu técnico, Paulo Alves. Na súa presentación, a última -que non derradeira- sinatura do Lugo defendeu as posibilidades do equipo de "meterse na loita" polo play-off de ascenso.
O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, nunha protesta na defensa dos empregos en Alcoa. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Agora

O comité de Alcoa San Cibrao reunirase coa Xunta para abordar a tramitación dos eólicos

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao manterá esta sexta feira un encontro coa Vicepresidenta segunda da Xunta da Galiza e conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, para coñecer de primeira man cales foron os pasos seguidos polo Executivo na tramitación dos parques eólicos chamados a fornecer enerxía á planta de aluminio de Cervo, na Mariña. Así o confirmou, a través dun comunicado a representación dos traballadores da factoría, que avanzou que na citada reunión abordarase tamén o estado de tramitación da autorización solicitada pola empresa para a ampliación do depósito de lodos vermellos (DBR) do complexo industrial.

pontevedra rua echegaray
Agora

Investigan a aparición dun lanzagranadas enriba dun contedor en Pontevedra

A Policía española investiga a aparición dun lanzagranadas riba dun contedor na céntrica rúa Echegaray da cidade de Pontevedra. Segundo confirmou o 112, foi un veciño que se dispuña a tirar o lixo o que deu a voz de alarma. O lanzador, segundo apuntaron as mesmas fontes, non tiña carga explosiva e até o lugar desprazáronse efectivos da Policía, que se fan cargo da investigación. O que atoparon, segundo detallaron fontes coñecedoras da investigación é unha carcasa dun proxectil antitanques, máis coñecido como bazuca. É un cilindro de ferro que queda tras disparar a arma. O lanzador ten un número de serie e investigan para pescudar a súa procedencia e aclarar como chegou ao lugar onde foi atopado.

 

A camiseta que Rei Zentolo dedicou a Ana Pontón.
Agora

Rei Zentolo dedica unha camiseta a Ana Pontón

Os populares deseños de Rei Zentolo son coñecidos en todo o país, e á súa colección suman esta cuarta feira unha camiseta dedicada a Ana Pontón que hoxe lle entregaron en persoa á candidata do BNG á Presidencia da Xunta. "Canta ilusión me fai isto, nunca imaxinei quedar retratada nuns dos seus deseños", dixo Pontón a través das redes sociais, compartindo o deseño personalizado.