Investigan a aparición dun lanzagranadas enriba dun contedor en Pontevedra

A Policía española investiga a aparición dun lanzagranadas riba dun contedor na céntrica rúa Echegaray da cidade de Pontevedra. Segundo confirmou o 112, foi un veciño que se dispuña a tirar o lixo o que deu a voz de alarma. O lanzador, segundo apuntaron as mesmas fontes, non tiña carga explosiva e até o lugar desprazáronse efectivos da Policía, que se fan cargo da investigación. O que atoparon, segundo detallaron fontes coñecedoras da investigación é unha carcasa dun proxectil antitanques, máis coñecido como bazuca. É un cilindro de ferro que queda tras disparar a arma. O lanzador ten un número de serie e investigan para pescudar a súa procedencia e aclarar como chegou ao lugar onde foi atopado.

 

pontevedra rua echegaray
photo_camera Rúa Echegaray, Pontevedra (Foto: Google Maps)
Comentarios