Agora

BRIGADAS DESEUCALIPTIZADORAS imaxe de verdegaia
Agora

Convocan en Mondariz-Balneario un "entroido deseucaliptizador"

As Brigadas deseucaliptizadoras voltan a Mondariz-Balneario o 3 de febreiro para actuar sobre unha parcela de titularidade pública, aínda sen reclamar como mancomún. O obxectivo, indican, é continuar coas rogas anteriores: "toxo e gromos de eucalipto aproveitaron ben as choivas para avanzar, así com un foco de mimosa. Seguiremos co descascado, roza e tratamento contra a mimosa, ademais dunha primeira plantación de bidueiras".

A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Ribas (Foto: Xunta da Galiza).
Agora

Urbanismo aclara que a Lei do Solo prevalece en solo rústico sobre a normativa municipal

A Xunta Consultiva en materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo aclarou esta terza feira que a Lei do Solo da Galiza prevalece sobre as determinacións dos plans urbanísticos municipais en solo rústico. Segundo explicou a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Ribas, o réxime para o chan rústico é o da Lei do Solo, e non se poden aplicar limitacións maiores nos instrumentos de plan urbanístico municipal.
Promoción da campaña nun dos estabelecementos de Gadis (Foto: Nós Diario).
Agora

Gadis únese a unha campaña contra o cancro entre o 2 e o 11 de febreiro

Gadis unirase de novo á campaña solidaria “A compra da túa vida”. Unha iniciativa que pon en marcha a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) co obxectivo de captar fondos para impulsar a investigación, mellorar as condicións de vida das persoas diagnosticadas con esta enfermidade, así como apoiar a súa contorna familiar. Desta maneira, desde o 2 até o 11 de febreiro, os supermercados Gadis participarán nesta acción.
(Foto: Concello de Tomiño).
Agora

O auditorio de Goián acollerá a VII Gala do Deporte de Tomiño

Tomiño reúnese un ano máis para celebrar os éxitos do seu deporte e de todas e todos os atletas do municipio, pois o Concello organiza este sábado, 3 de febreiro, a sétima edición da Gala do Deporte, "unha noite de encontro na que homenaxear a todas as persoas deportistas tomiñesas e premiar a aquelas que brillaron especialmente ao longo dos últimos doce meses". "O 2023 foi un ano repleto de éxitos deportivos para nós, cunha lista de logros que crece ano a ano e que fai aínda máis necesaria esta gala, un evento no que recoñecer o arduo traballo, a dedicación e o esforzo das nosas e nosos deportistas. Os premios son só a punta do iceberg dos innumerábeis éxitos acadados o ano pasado, por iso convertemos a gala no mellor escenario para festexar o talento deportivo tomiñés", segundo explicou o concelleiro de Deportes, Rubén García. O acto será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal de Goián, con entrada aberta a todos os públicos, e o Concello convida "a colectivos, asociacións, clubs e cidadanía" a gozar dun evento que será presentado polo xornalista deportivo Terio Carrera.
Representantes das tres entidades na reunión mantida esta terza feira (Foto: OCTO).
Agora

Carballo segue dando novos pasos de cara ao consumo comunitario de enerxía

Representantes da Cámara da Coruña e do Instituto Tecnolóxico da Galiza (ITG) mantiveron unha reunión coa xerencia do polígono industrial carballés de Bértoa para abordar o desenvolvemento dunha posíbel comunidade enerxética local. A iniciativa supón un paso máis de cara ao consumo comunitario de enerxía en Carballo (Bergantiños), despois de ter presentado o Goberno local un estudo para desenvolver unha comunidade enerxética aberta á veciñanza.
A vilagarciá venceu Maja Chwalinska na final do w75+H do Porto. (Foto: FG Tenis).
Agora

Jessica Bouzas conquista en Portugal o seu primeiro título no que vai de tempada

A mellor tenista galega do momento, Jessica Bouzas, resarciuse do mal sabor de boca da súa prematura eliminación na fase previa do aberto de Australia gañando o seu primeiro título da tempada. E fíxoo moi cerquiña da casa, concretamente en Portugal, onde levantou o  W75+H do Porto. A de Vilagarcía comezou o seu percorrido no torneo superando a local Francisca Jorge, facendo o propio despois coa sueca Rebecca Peterson. Xa nos cuartos de final, a catalá Marina Bassol púxollo algo máis difícil que as súas anteriores rivais, pero conseguiu vencela por 6-4 e 6-3. Aínda máis duro foi pasar por enriba da francesa Elsa Jacquemont (6-1 5-7 6-1) nas semifinais e da polaca Maja Chwalinska na final, onde remontou o 3-6 inicial cun 6-0 e un 6-4.
Imran Khan, ex presidente paquistaní que se atopa preso. (Foto: Guo Chen / Europa Press / Contacto)
Agora

A Xustiza paquistaní condena Khan a 10 anos de cárcere poucos días antes das eleccións

O ex primeiro ministro de Paquistán, Imran Khan, foi condenado hoxe a 10 anos de prisión por presuntamente revelar información secreta, en relación a un documento diplomático que explica as presións dos Estados Unidos ao país para que fora destituído. O 8 de febreiro están programadas unhas eleccións lexislativas nas que se obrigou ás candidaturas da formación de Khan, o Movemento pola Xustiza, a presentarse como independentes.

A máscara, obrigatoria en servizos de urxencia. (Foto: Nós Diario)
Agora

Fin da máscara obrigatoria en centros sanitarios da Galiza tras semanas de descenso de gripe, Covid e VRS

O Diario Oficial de Galiza (DOG) publica esta trza feira a orde da Consellaría de Sanidade que retira a obrigatoriedade da máscara nos centros sanitarios galegos, tras consolidarse durante semanas un descenso das infeccións por gripe, covid-19 e virus respiratorio sincitial (VRS). A retirada desta medida ten efectos desde esta mesma terza feira e adóptase despois de que un informe da Dirección Xeral de Saúde Pública confirmase a consolidación, na semana do 15 ao 21 de xaneiro, da baixada das infeccións respiratorias agudas.

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Catro persoas feridas nunha colisión entre tres vehículos en Cangas

Catro persoas resultaron feridas na noite desta segunda feira nunha colisión entre tres vehículos ocorrida na localidade de Cangas, na comarca do Morrazo. Foi sobre as 21 horas cando un particular informou ao 112 Galiza do accidente, que se rexistrou no quilómetro 12 da PO-305, á altura da parroquia canguesa de Hío. A partir de aí, deuse aviso a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil. Os catro feridos tiveron que ser evacuados en ambulancia polos profesionais sanitarios.

Os gañadores absolutos, a carón do busto do homenaxeado.  (Foto: FGDA).
Agora

Dez anos do aberto Moncho Valcarce de Billarda

A aldea de Pontoxo, no concello de Cerceda, reuniu arredor dun cento de persoas para algo máis que unha competición deportiva, pois o X Torneo Aberto de Billarda Moncho Valcarce serviu, como aconteceu sempre ao longo da súa xa extensa traxectoria, para homenaxear o coñecido como Cura das Encrobas. Alí os podios foron, na categoría absoluta, para Xan Rodiño (Lúa de Forza), escoltado por dous membros de APB A Laracha, Ricardo Torres e Xosé Collazo. Con respecto á feminina, primeira foi Sonia (Cochiqueiros de Cerceda), segunda Rosi (APB Laracha) e terceira Silvia (Cochiqueiros). Durante a entrega de trofeos levouse a cabo un acto de homenaxe diante do busto de Moncho Valcarce ao que asistiron todas as persoas que tomaron parte da competición, así como os e as espectadoras presentes.
O ex presidente brasileiro Jair Bolsonaro nun acto a finais de 2023. (Foto: Jose Aldenir / Europa Press / Contacto)
Agora

Rexistran a casa dun dos fillos de Jair Bolsonaro entre acusacións de espionaxe ilegal

A casa e o despacho de Carlos Bolsonaro, un dos fillos do ex presidente de extrema dereita do Brasil entre 2019 e 2022, Jair Bolsonaro, foron rexistrados hoxe polas forzas de seguridade no marco dunha investigación por espionaxe ilegal no mandato do pai, após a operación da semana pasada para desarticular a trama na Intelixencia brasileira e na Polícia Federal, que afirmou que está a “avanzar sobre o núcleo político” do grupo criminal.

Efectivos de Gardacostas
Agora

Rescatadas tres persoas en Porto do Son após envorcar a lancha na que navegaban

Tres persoas foron rescatadas esta segunda feira no Concello de Porto do Son (comarca de Noia) após envorcar a lancha na que navegaban. Segundo explicou o 112, os rescatados atopábanse sobre a quilla da lancha que envorcou na Basoña. Ningún resultou ferido e, de feito, foi a chamada dun dos afectados a que facilitou o rescate.No operativo participaron o servizo de Salvamento Marítimo,Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e a Policía Local.

11111111
Agora

Ferido un bebé en Lugo cando un vehículo atropelou o carriño no que o levaba a súa nai

Un bebé resultou ferido en Lugo cando un vehículo atropelou a súa nai, que nese momento empurrabao carriño no que o trasladaba. Segundo explica a Policía Local de Lugo, un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprazouse á Praza Mártires de Carral, onde se produciu o accidente. O bebé foi trasladado en ambulancia ao HULA para a súa atención médica, aínda que o accidente non tivo "consecuencias graves". Instruíronse as dilixencias oportunas, explican.

Central de emerxencias do 112 Galiza (Foto: 112).
Agora

Ferida unha muller en Ribadeo ao bater o vehículo que conducía cun xabaril na A-8

Unha muller resultou ferida ao impactar o vehículo que conducía cun xabaril na A-8, ao seu paso polo municipio da Mariña. Segundo informou o 112, o accidente produciuse no quilómetro 511, en Piñares, sentido Begonte. Un particular alertou ao servizo de que a muller ferida chocara contra dous xabarís, un adulto e unha cría, e que recibira un golpe na cara. A muller estaba consciente e accesíbel, polo que aínda que se deu aviso aos Bombeiros de Barreiros, non foi necesaria a súa intervención. O 112 tamén alertou ao 061 e á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e á Policía Local.

petróglifo Outeiro do Cribo en Meis
Agora

Denuncian o "deterioro e abandono" do petróglifo Outeiro do Cribo, en Meis

O colectivo Auga Vida denuncia a situación de progresivo deterioro e abandono do petróglifo Outeiro do Cribo, en Meis, comarca do Salnés. “Estamos ante un dos exemplares singulares de laxe con gravados”, sinalan e denuncian o “abandono” por parte da Xunta da Galiza e do Concello.

Servicios de emerxencias durante o rescate de un cadáver no porto de Vigo. (Foto: Europa Press).
Agora

Atopan o cadáver dun home no mar, nas inmediacións do porto de Vigo

O corpo sen vida dun home apareceu flotando contra o mediodía deste domingo nas inmediacións do porto de Vigo, en concreto, no espigón 4, a escasos metros do Auditorio Mar de Vigo. O achado produciuse pasadas as 13 horas. Ao ter coñecemento dos feitos, o 112 Galicia mobilizou medios de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas da Galiza, da Garda Civil, da Policía Nacional, Autonómica e Local, así como Bombeiros e Protección Civil de Vigo. Até o lugar desprazáronse tamén membros da Policía Portuaria e persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou unha ambulancia. Os equipos traballaron de maneira coordinada para rescatar o cadáver do mar, sen que trascendesen máis datos obre o suceso.

Ondas no litoral coruñés. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
Agora

Alerta amarela por temporal costeiro na Costa da Morte

O litoral da Costa da Morte estará este domingo en alerta amarela por temporal costeiro con ventos do sur, entre Fisterra e Cabo Vilán de forza sete. Meteogalicia activou a alerta desde as 9 até as 21 horas deste 28 de xaneiro. Durante esa xornada Galiza estará nunha situación intermedia entre as altas presións que se move cara ao leste da Península e unha baixa centrada ao oeste de Portugal. Por iso, os ceos terán nubes de tipo medio e alto, máis compactas durante a mañá na metade oeste. As temperaturas mínimas non sufrirán cambios, pero as máximas rexistrarán un lixeiro descenso. Vigo, con 23,4 graos anotou este sábado a temperatura máxima da Galiza. Abegondo, A Coruña, Boiro e Meaño, nas comarcas da Coruña, A Barbanza e Pontevedra, superaron os 22 graos.
Yolanda Castaño na Residencia de artistas Saari, en Finlandia (Foto: Saari).
Agora

Regresa á Coruña o ciclo de recitais poéticos Poetas Di(n)versos

O ciclo mensual de recitais poéticos Poetas Di(n)versos volve outro ano máis ao Centro Ágora na Coruña, coordinado po Yolanda Castaño. A segunda feira, 29 de xaneiro, ás 20 horas, presentarase nun acto aberto no que participarán o poeta, filólogo, sociólogo, tradutor e profesor universitario vasco Joseba Sarrionandia, que recitará os versos orixinais dos seus poemas, e a poeta, xornalista, fotógrafa e activista galega Charo Lopes, que os traducirá ao galego e recitará os seus propios. O galego será a lingua de comunicación de toda a iniciativa á que acudirán, o 26 de febreiro, a Premio Nacional de Poesía Nova Berta García Faet e o lucense Adrián Maceda e o 25 de marzo, o poeta hondureño Rolando Kattan, acompañado polo lucense Abraham Pérez.
Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Arde unha nave no polígono do Tambre de Santiago de Compostela

Unha nave do polígono industrial do Tambre, en Santiago, ardeu por completo e outras dúas naves lindeiras víronse afectadas polos laterais. Segundo informou o 112, o incendio, que non causou danos persoais, comezou nunha nave que non tiña actividade e que estaba a ser acondicionada para unha nova apertura. Sobre as 22.30 horas desta sexta feira varios os particulares contactaron coa central de emerxencias para informar dun incendio no que interviñeron os bombeiros de Santiago, varios axentes de policía e efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade; ademais de persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias da Galiza-061, así como ao persoal de Medio Ambiente da Xunta da Galiza. O lume quedou extinguido e a zona refrixerada.

Samanta Barreira e Gerardo Seoane na presentación da quinta feira.
Agora

O entroido de Verín promete 150 horas de música en directo

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e a concelleira de Turismo, Cultura, Festas e Conservatorio, Samanta Barreira, presentaron onte na Casa da Cultura do municipio a programación oficial do Entroido 2024, un total de oito días "cheos de festa e diversión" con máis de 150 horas de música en directo e unha programación "deseñada para o goce de todos os públicos". O Entroido, que comezará o 1 de febreiro co Xoves de Comadres e rematará o 13 do mesmo mes co Martes de Entroido, estará amenizado con 50 actuacións de música itinerante, dez orquestras e cinco discos móbiles. O Goberno local explicou que o pregón e a ambientación musical do domingo do Corredoiro trasladaranse á Praza da Alameda co obxectivo de “mellorar a experiencia do usuario".