O entroido de Verín promete 150 horas de música en directo

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e a concelleira de Turismo, Cultura, Festas e Conservatorio, Samanta Barreira, presentaron onte na Casa da Cultura do municipio a programación oficial do Entroido 2024, un total de oito días "cheos de festa e diversión" con máis de 150 horas de música en directo e unha programación "deseñada para o goce de todos os públicos". O Entroido, que comezará o 1 de febreiro co Xoves de Comadres e rematará o 13 do mesmo mes co Martes de Entroido, estará amenizado con 50 actuacións de música itinerante, dez orquestras e cinco discos móbiles. O Goberno local explicou que o pregón e a ambientación musical do domingo do Corredoiro trasladaranse á Praza da Alameda co obxectivo de “mellorar a experiencia do usuario". 
Samanta Barreira e Gerardo Seoane na presentación da quinta feira.
photo_camera Samanta Barreira e Gerardo Seoane na presentación da quinta feira.
Comentarios