Arde unha nave no polígono do Tambre de Santiago de Compostela

Unha nave do polígono industrial do Tambre, en Santiago, ardeu por completo e outras dúas naves lindeiras víronse afectadas polos laterais. Segundo informou o 112, o incendio, que non causou danos persoais, comezou nunha nave que non tiña actividade e que estaba a ser acondicionada para unha nova apertura. Sobre as 22.30 horas desta sexta feira varios os particulares contactaron coa central de emerxencias para informar dun incendio no que interviñeron os bombeiros de Santiago, varios axentes de policía e efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade; ademais de persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias da Galiza-061, así como ao persoal de Medio Ambiente da Xunta da Galiza. O lume quedou extinguido e a zona refrixerada.

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
photo_camera Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)
Comentarios