O deporte mobilízase para apoiar o Día Mundial do Cancro

Como cada ano, o próximo 4 de febreiro, domingo, conmemorarase internacionalmente o Día Mundial do Cancro, e o deporte non é alleo a esta iniciativa que pretende concienciar sobre a importancia dunha loita que ten como anhelo aumentar a taxa de supervivencia a 70% no próximo ano 2030. Por iso, o Deportivo Liceo de hóckey levará un brazalete verde "que simboliza a esperanza e o compromiso" coa causa, facendo un chamamento, ademais, a colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Pola súa parte, a delegación lucense desta asociación organizará o propio día 4 de febreiro unha 'Marcha contra o cancro' en Burela, que saíra ás 11 horas na Praza da Mariña, onde tamén rematará logo de chegar até a praia da Marosa.
A 'Marcha contra o cancro' reuniu 2.400 persoas na Coruña en 2023. (Foto: AECC).
photo_camera A 'Marcha contra o cancro' reuniu 2.400 persoas na Coruña en 2023. (Foto: AECC).
Comentarios