10/feb./24 - 13:13
O BNG felicita o Ano Novo do Dragón en chinés: "Somos un país diverso que queremos seguir adiante"
O Bloque Nacionalista Galego difundiu este 10 de febreiro un vídeo en chinés para felicitar o inicio do Ano Novo do Dragón de Madeira a unha comunidade que na Galiza supera as 3.250 persoas segundo os datos do INE correspondentes ao censo de 2022.
"Parabéns e feliz ano do Dragón de Madeira! Dende o BNG queremos felicitar a toda a comunidade chinesa que vive na Galiza", di o vídeo difundido nas redes sociais do BNG en chinés.
"Somos un país aberto e diverso que queremos avanzar cara a un futuro mellor", sinala o vídeo que remata cunha das imaxes da campaña de Ana Pontón e o lema "presidente".
![Fotograma do vídeo lanzado polo BNG.](/asset/thumbnail,1280,720,center,center/media/nosdiario/images/2024/02/10/2024021013110588616.jpg)