alimentación

Versión galega do antipasti, un aperitivo típico de Italia. (Foto: Anxo Fole).
star
Caderno 'Gozar'

Como comezar con bo pé as comidas do Nadal?

Algunhas ideas para gozar petiscando nas vindeiras festas.
 
Peixes e mariscos están entre os produtos máis demandados (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A proximidade da Noiteboa tira do prezo dos alimentos

O marisco lidera as subas de prezo a un mes das celebracións de Nadal, seguido da carne e o peixe
Un camión nunha estrada galega, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Xunta / Europa Press)
SOCIAL

Os transportistas alertan: a "tarxeta de racionamento" podería chegar co Nadal

O sector na Galiza confirma que vai secundar o paro patronal convocado entre o 20 e o 22 de decembro. En consecuencia, consideran que pode decorrer un "colapso" en diversos sectores.
Luis Planas (Alimentación), Isabel Rodríguez (voceira) e Diana Morant (Ciencia) logo da xuntanza. (Foto: E. Parra. POOL / Europa Press)
INTERNACIONAL

Luz verde á norma para evitar o desperdicio de alimentos

O gabinete estatal aprobou a proposición do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para impulsar unha serie de prácticas que permitan reducir o volume de desperdicios de alimentos, un dos compromisos asinados na Axenda 2030 da Organización das Nacións Unidas.
Rodríguez encárgase do coidado dos terreos da empresa familiar. (Foto: Nós Diario)
Patricia Rodríguez é cofundadora de "Na Abada"

Patricia Rodríguez: "Nas altas esferas é onde reside a clave para reverter todo o noso impacto ambiental negativo"

Patricia Rodríguez é a cofundadora de “Na Abada”, un negocio familiar dedicado á produción sostíbel e responsábel de alimentos de proximidade, que naceu da antiga empresa de flor cortada que tamén pertencía á familia. Rodríguez ten claro que o eixo fundamental da súa empresa é o respecto polo medio ambiente e a posta en valor da temporalidade e da proximidade. Ademais, asegura que as institucións internacionais deben ser as encargadas de asegurar e preservar a “saúde” do noso planeta.  
A suba dos prezos déixase notar no cesto da compra. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

A suba dos prezos duplica a dos salarios

O aumento dos prezos está a pór contra as cordas a economía de moitas familias galegas. Neste sentido, a alza do Índice de Prezos do Consumo (IPC) rexistrada no último ano xa duplica os incrementos salariais acordados nos convenios laborais de 2021. A perda do poder adquisitivo non dá tregua ás rendas máis baixas.
Chus Iglesias leva 25 anos axudando persoas desde a Asociación Paluso. (Foto: Nós Diario)
Chus Iglesias é fundadora de Paluso

Chus Iglesias: "Precisamos que a sociedade abra os ollos para axudar a quen pasa por unha situación negativa"

Paluso é unha asociación sen ánimo de lucro que atende as máis necesitadas e intenta proporcionarlles alimentos, roupa e artigos que non poden conseguir. O nome Paluso corresponde á primeira sílaba das fillas de Chus e Serafín, quen canda Soana Desireé decidiron fundar a asociación entre os anos 1995 e 1996. Paluso finánciase con medios propios e achegas da veciñanza e de empresas colaboradoras. As súas comidas e ceas solidarias no Nadal son coñecidas en toda a Galiza.  
Xavier Castro é doutor en Historia pola USC.
SOCIAL

Xavier Castro: "A alimentación atlántica é unha das grandes dietas saudábeis do mundo"

O chamamento do ministro Garzón a consumir menos carne polo impacto que ten o abuso deste alimento na saúde das persoas e no medio ambiente reabriu o debate sobre o peso da dieta atlántica na Galiza e o protagonismo da carne nesa dieta. 'Nós Diario' escolle a ocasión para conversar co estudoso Xavier Castro.
Protesta de Unións Agrarias onte ás portas das instalacións do Grupo Santé para denunciar a falta de pagamentos (Foto: Unións Agrarias).
ECONOMÍA

A alza do prezo da alimentación animal agrava a situación das granxas galegas

Os sindicatos denuncian que as granxas galegas están a vender leite por baixo dos custos de produción, que se dispararon no último ano, co que non se está a cumprir a Lei da Cadea Alimentaria.
Lourdes Vázquez Oderiz, profesora do grao en Nutrición Humana e Dietética, no campus de Lugo da USC (USC).
SOCIAL

Lourdes Vázquez: "Polos datos que temos, podemos dicir que os galegos non comemos correctamente"

Desde 2010 varias promocións de nutricionistas saíron do campus de Lugo da USC. A profesora Lourdes Vázquez Oderiz sábeo ben e confía en que axuden a poboación a adquirir hábitos de alimentación saudábeis. Cos datos na man, esta docente asegura que consumimos en exceso carne e os seus derivados. Pola contra temos pendente achegarnos máis ás froitas, ás hortalizas e aos legumes.
Bandejas_de_empanadas_gallegas
SOCIAL

Galiza, terra de empanadas

A chegada do verán trae consigo a realización de máis actividades de exterior, e un dos pratos estrelas nos pícnic e excursións dos galegos e galegas é, como non podía ser doutro modo, a empanada.
O alumnado é o protagonista do cambio
de modelo alimentario nas escolas. Con
esta visión deseñamos as actividades
didácticas da Guía Máis aló do Prato:
analizando a dieta alimentaria na miña
contorna, un traballo publicado pola
Área de Normalización Lingüística da
Universidade de Vigo.
star
SOCIAL

Aprendo o que como: A guía "Máis aló do prato"

Como se produce a nosa comida? Onde se produce e onde a mercamos? Estas son algunhas das preguntas que compartimos co alumnado da ESO dos diferentes institutos de Galicia a través da guía "Máis aló do prato". Nesta Guía propoñemos que as comunidades educativas (nas que tamén están incluídas as familias) pensen de forma colectiva sobre cal é a forma dominante de alimentación na contorna, sobre cales son os efectos que sofre o medio rural nesa mesma contorna, e que, a través dese exercicio de reflexión colectiva que propoñen as diferentes actividades didácticas, se pense criticamente sobre como construír outro sistema alimentario.
O gasto das galegas en mascotas, tanto en alimentación como noutros servizos, incrementouse nos últimos anos .(Foto: María José López / Europa Press)
ECONOMÍA

As mascotas, o descoñecido nicho de mercado das grandes empresas galegas

Firmas como Zendal, Jealsa ou Inditex teñen liñas de negocio pensadas para os animais domésticos.
agro
star
SOCIAL

Máis aló do prato: os problemas da distribución e consumo de alimentos

A maneira en que se producen, distribúen e consumen alimentos vai derivar en diversas consecuencias sociais, ambientais e sanitarias. Estes impactos varían en escala e en dimensión, segundo sexa a forma de producir e de consumir e son analizados na Guía “Máis aló do Prato: analizando a dieta alimentaria na miña contorna”, un traballo publicado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Xavier Simón, David Pérez-Neira, María Montero, Damián Copena e a Cooperativa Somos Terra debullan os factores que afectan a alimentación.
Manda de cabalos de pura raza galega, especie da que se conservan perto de 1.700 exemplares no país (Foto: Cedida).
O valor dun semental de andadura rolda os 3.000 euros

O cabalo galego: robusto, resistente e cunha carne rica en ferro e proteínas

A Asociación de Criadores Puraga vén de editar o libro 'O cabalo de pura raza galega: historia e situación actual', unha publicación divulgativa que recolle as principais características do equino autóctono da Galiza, do que hoxe hai perto de 1.700 exemplares. A carne do poldro galego conta cun selo distintivo de calidade debido ao seu valor nutritivo: a carne é baixa en graxa e alta en proteínas e ferro.
'Globalización económica e alimentaria' en 'Aprender'. (Foto: Nós Diario)
star
Caderno 'Aprender'

Globalización económica e alimentaria

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo vén de publicar a Guía Didáctica Máis aló do prato, un traballo que sitúa o foco en comprender o impacto que pode chegar a ter a nosa forma de alimentarnos.

Azucre

Castaña a piques de saír do ourizo (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Galiza, comedora de castañas

En marrón glacé, en marmelada, cocidas, en puré, de guarnición ou até crúas. O magosto trae ás cociñas un dos froitos máis saborosos e aproveitábeis da Galiza, a castaña, un alimento que desde hai miles de anos está presente na nosa dieta, cun consumo que, como a pataca máis adiante, salvaría da fame xeracións enteiras. Aproveitada no seu tempo polos conquistadores romanos, consta hoxe dunha Indicación Xeográfica Protexida (IXP) de 1.224 hectáreas e cooperativas que, de maneira ecolóxica, recollen e venden este froito.
Cogomelos (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Cogomelos: do monte ao prato con coidado

O monte é nesta época unha explosión de fungos. Níscaros, cogordos, sendeiriñas, champiñóns e andoas, os cogomelos máis empregados na cociña, son a tentación de quen percorre os sendeiros coa navalla e cesto na man. Na Galiza coñécense máis de 2.000 eumicetos, dos cales arredor dunhas 200 especies son comestíbeis. Unha ducia poden resultar mortais se se inxeren, outra media ducia son tóxicas, sen chegar a provocaren a morte de quen as come, e algo máis de 30, causan problemas menores.
Selección á man das algas. (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Algas: o organismo da orixe da vida

Son das especies máis antigas que poboan a faciana da Terra. Máis que o ser humano, os animais terrestres e moito máis remotas que os mofos ou as árbores. As algas non son só a nota de cor vidrosa ou parda nas nosas praias ou un prato da nova cociña, son esenciais para o ciclo da vida e a súa desaparición, sosteñen as expertas, pode afectar a toda a cadea trófica. Na gandaría, agricultura ou gastronomía, no coidado da pel ou na lenda celta, este organismo, inserido xa nas industrias alimentarias de Asia ou de países como Francia, forma parte da economía e da ecoloxía galegas.