auga

Taboleiros coa información sobre a análise das augas, esta sexta feira, ao pé do encoro. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A presenza de "microalgas tóxicas" fecha ao baño o encoro de Portodemouros

Persoal técnico alerta do estado “peor que bo” na zona e o dano a maiores que causaría Altri.
Vista aérea de Cedeira (Ferrolterra). (Foto: Xunta da Galiza)
SOCIAL

Cedeira recomenda non consumir auga da traída tras detectar un gromo de gastroenterite

Unhas catorce persoas víronse afectadas polo gromo de gastroenterite que afecta a poboación desta localidade da comarca de Ferrolterra.
Estado do encoro de Portodemouros en Brocos, Agolada (O Deza), esta semana. (Foto: Anxo Oro)
SOCIAL

Altri admite que verterá no río Ulla unha media de 60.000 quilos de sulfatos ao día

O proxecto da celulosa de Altri en Palas de Rei (A Ulloa) contempla verteduras á auga do río Ulla e ao encoro de Portodemouros de sulfatos, materia orgánica de difícil descomposición, sólidos en suspensión, nitróxeno e fósforo. A auga do Ulla chegaría ás billas de 11 concellos até a ría de Arousa. 
Manifestación marítima contra Altri a pasada cuarta feira, 12 de xuño, na ría de Arousa. (Foto: Greenpeace).
star
Análise

Votar e prevaricar?

Isabel Vilalba é gandeira e secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego.
Estación meteorolóxica de Melide, localizada a 4,5 Km de distancia do lugar onde se prevé construír a celulosa. (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Grave deficiencia do proxecto Altri: análise da humidade ambiental

Antonio Presas é xeógrafo e escritor.
A calidade química da auga do Ulla empeorará de 2 a 10 veces segundo a época do ano. (Foto: Elaboración do autor).
Análise

Altri, as renuncias do Ulla e o sacrificio da Ulloa

Xoán Castro é enxeñeiro agrónomo.
Centro loxístico de Amazon en Illescas, Toledo (Castela A Mancha). (Foto: Piedad López /  Europa Press)
star
Análise

Enerxía, auga e centros de datos

Fernando de Llano é profesor titular do Departamento de Empresa da UDC. Experto en economía da enerxía, planificación e seguridade enerxéticas.
Área soterrada polo alude en Papúa Nova Guinea a sexta feira. (Foto: Ninga Role / NINGA ROLE / AAP Image / DPA vía Europa Press)
INTERNACIONAL

As vítimas do alude en Papúa Nova Guinea ascenden a 2.000 após unha revisión do Goberno local

Loitas tribais no lugar dos feitos dificultan a xestión humanitaria.
Estación de aforos colocada na Ponte Nova (Santiso, Terra de Melide)  polo Centro de Estudios Hidrográficos. (Foto: Nós Diario).
Análise

Progresivo descenso do caudal do Ulla

Antonio Presas é xeógrafo e escritor.
Protesta de Ecoloxistas en Acción diante da cidade deportiva do Celta.
Medio Ambiente

A Confederación Hidrográfica investiga a vertedura da cidade deportiva do Celta tras a denuncia de Ecoloxistas en Acción

O organismo dixo descoñecer esta vertedura e afirmou que carece de autorización.

Manchas brancas no río Vilacoba, en Noia, a escasos metro da confluencia coa ría (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Aparecen manchas no río tras pedir o Concello de Noia "cautela no uso e consumo de auga"

A situación preocupa en toda a comarca pola afectación das verteduras sobre os bancos marisqueiros.
Caudal medio do Ulla en agosto e setembro (Gráfica: Xan Castro / Miteco).
SOCIAL

Altri recoñece que o río Ulla no verán non ten auga para diluír a contaminación da súa celulosa

Ana Fernández, de Adega, Rogelio Santos, da Plataforma para a Defensa da Ría de Muros-Noia, e Xaquín Rubido, da Plataforma para Defensa da Ría de Arousa, presentaron onte en rolda de prensa un informe onde documentan a contaminación no Ulla e alertan dos impactos de Altri sobre o río.

Verteduras procedentes da mina de San Finx. (Foto: Confraría de Noia).
Medio Ambiente

Augas da Galiza revoga a autorización que concedera para as verteduras da mina de San Finx

"Quedou acreditada a existencia de verteduras ao dominio público hidráulico con concentracións para os parámetros níquel, cadmio, cobre e zinc superiores aos límites autorizados", afirma Augas da Galiza.
Turistas sucan en catamarán os canóns do Sil, na Ribeira Sacra. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

Veciñanza da Ribeira Sacra ve "carencias" na candidatura da Auga: "Como os encoros poden ser considerados un valor singular?"

Máis de medio cento de asociacións culturais e veciñais da Ribeira Sacra censuran que os que foron argumentos de exclusión da primeira candidatura deste territorio a Patrimonio da Humanidade sexan agora "valores engadidos" na proposta renovada pola Xunta da Galiza.

Marta Gontá é natural de Antas de Ulla e veciña de Monterroso (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Marta Gontá (Ulloa Viva): "O negocio de Altri consiste en privatizar a terra e a auga de todas nós"

A Plataforma Ulloa Viva ten feito, nuns meses, do 'Proxecto Gama' de Altri un asunto de debate e preocupación a nivel galego. A contestación social á macrocelulosa que a pasteira portuguesa quere instalar en Palas de Rei (A Ulloa) ten, grazas ao movemento veciñal, a entidade para acaparar o debate político na Galiza.
Folletos repartidos por Altri na comarca da Ulloa (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Altri reparte folletos publicitarios ante as críticas: "O proxecto é indefendíbel até para eles mesmos"

A compañía portuguesa lanza unha páxina web referida ao proxecto que prevé implantar en Palas de Rei na que nega ser unha celulosa de papel.
A doutora en Hidroloxía e xestión de recursos hídricos, Ana Fernández (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Ana Fernández, especialista no ciclo da auga: "Altri solicita 9% da media de volume no encoro de Portodemouros"

Ana Fernández, doutora en Hidroloxía e xestión de recursos hídricos e portavoz de Augas de Adega, explica a 'Nós Diario' as implicacións do proxecto de Altri en Palas de Rei.
Casa do Concello de Cariño (Ortegal). (Foto: Pepe do Couto)
Agora

A auga de Cariño volve ser apta para o consumo

O Concello de Cariño (Ortegal) levantou a prohibición de consumo de auga en varias parroquias nas que permanecía vixente desde comezos de marzo, cando as análises na estación de tratamento do Castro detectaron elevados valores de trihalometanos. Deste modo, o consumo da rede de abastecemento volve estar permitido desde a tarde da segunda feira nas parroquias de Cariño e A Pedra, unha vez as analíticas sinalaron unha mellora das condicións da auga, que xa fora notificado á Consellaría de Sanidade. Desde o Concello, que encabeza a popular Ana María López, sinalaron que se instou a adxudicataria a axilizar a intervención na estación de tratamento e levouse a cabo un purgado da rede ante sospeitas de que un dos codos do circuíto podía ter acumulados trihalometanos.
Rolda de prensa de Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Aurousa (Foto: Ulloa Viva).
SOCIAL

"Un ataque ao corazón do interior da Galiza": rural e mar únense contra o proxecto de Altri

A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa ofreceron esta sexta feira unha rolda de prensa na que animaron a presentar alegacións ao proxecto de Altri en Palas de Rei.
Un camión con madeira chega ao complexo industrial de Ence na ría de Pontevedra (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press).
SOCIAL

A resposta da APDR a Ence: “Mentimos nós ou son vostedes os mentireiros?”

A ampliación da celulosa de Lourizán suporá un incremento no consumo de eucalipto de 1.316.713 t/ano a 2.100.000 t/ano