Carles Puigdemont

Puigdemont esta semana en Bruxelas. Foto NacióDigital
INTERNACIONAL

A fiscalía alemá pide que se tramite a extradición de Puigdemont

O ministerio público demanda a entrega a España do president polos delitos de rebelión e malversación de fondos (o Tribunal Supremo español investígao tamén por sedición). O fiscal entende que os cargos que lle imputa Llarena a Puigdemont tamén son puníbeis no ordenamento xurídico alemán.

parlament
INTERNACIONAL

Soberanistas e comúns piden a liberdade dos presos mais discrepan sobre a investidura de Puigdemont

A fronte unida pola que pula o president do Parlament, Roger Torrent, ficou a medias. Si houbo acordo entre independentistas e comúns para reclamar a liberdade dos presos políticos, mais non para erguer a bandeira do dereito de Puigdemont, Sànchez e Turull a seren investidos.

Puigdemont, a semana pasada nun hotel da capital belga
Der Spiegel pide que se denegue a entrega a España

A xuíza que interrogou Puigdemont ve evidencias de que a extradición pode ser "improcedente"

Non será a xuíza de Neumünster quen decida sobre a entrega a España de Puigdemont, senón o tribunal superior de Schlewig-Holstein, o land en que se acha o president.

junta portavozes
INTERNACIONAL

ERC, JxCat e CUP pactan unha proposta en favor dos dereitos políticos de Puigdemont

Será votada esta cuarta feira no Parlament. Hai acordo no independentismo á hora de erguer a bandeira simbólica do president, non tanto sobre se hai que pasar tamén ao terreno dos feitos e promover a súa investidura, co risco conseguinte de sofrer un novo ataque do poder xudicial español.

As prazas da Galiza hoxe falan catalán e republicano

farinha
INTERNACIONAL

A Garda Civil rexista un voo privado da familia Guardiola na procura de Puigdemont

Familiares de Guardiola asistiron entre perplexos e escandalizados ao rexisto, no aeroporto de El Prat, do avión privado en que retornaban dun desprazamento a Manchester, informou esta sexta feira Catalunya Rà e segyudio. O treinador catalán é coñecido polo seu apoio ao procés.

Elsa Artadi
Haberá un recoñecimento simbólico a Puigdemont

Elsa Artadi perfílase como presidenta "executiva" da Generalitat

RAC 1 -a emisora líder de Catalunya- avanza os trazos básicos do acordo entre as distintas formacións soberanistas. Haberá unha declaración simbólica de recoñecimento da lexitimidade de Puigdemont, mais a efeitos xurídicos a presidencia da Generalitat será para a economista Elsa Artadi (Barcelona, 1976).

CUP
INTERNACIONAL

A CUP muda de posición e contempla agora investir alguén que non sexa Puigdemont

Múltiples movimentos no taboleiro. Acordos e trasacordos. Presidencias simbólicas, lexítimas, executivas. O rodopío non para. A última novidade sustantiva: a anticapitalista CUP ábrese agora á hipótese de investir alguén distinto a Puigdemont. "Isto non vai de persoas", afirma.

Junqueras
O soberanismo leva a situación dos presos á ONU

Junqueras propón unha presidencia bicéfala, cun titular simbólico e outro executivo

Non viven as súas mellores horas as relacións entre ERC e JxCat. Após Puigdemont deixar ver que se sente traizoado polos seus, Oriol Junqueras plantexa desde Estremera unha presidencia bicéfala, cun titular simbólico (Puigdemont) e outro executivo (sen determinar). El exclúese.

Roger Torrent
INTERNACIONAL

O PP pretende intimidar Roger Torrent: "Ten dous fillos e sabe a que aterse"

Tensión e incerteza nas horas previas do pleno de investidura de Carles Puigdemont, axendado para esta terza feira ás 15 horas.

Democracia é liberdade de expresión, de prensa

Soraya
INTERNACIONAL

O Goberno español, co apoio de PSOE e Cs, formaliza o recurso ante o TC

De ser admitido a trámite, ficaría suspendido automaticamente o pleno de investidura de Puigdemont.

Tribunal Constitucional
INTERNACIONAL

Moncloa mantén o recurso perante o TC a pesar do ditame desfavorábel do Consello de Estado

Fontes do Goberno afirmaron na noite da quinta feira que o Consello de Ministros aprobará o recurso. Nen sequer é seguro que o TC o vaia admitir a trámite.

puig
INTERNACIONAL

Puigdemont explica por que beixou a bandeira española: "Non temos ningún problema con España"

Está tranquilamente tomando algo nunha terraza en Copenhague. Un tipo asáltao e conmínao a beixar a bandeira española. Puigdemont reaxe sen perder as formas.

Xosé Mexuto
Vlogue de Xosé Mexuto

Unha nova boa xogada de Puigdemont

"En Dinamarca hai certa estupefacción ao ver un president eleito tendo que fuxir da xustiza española", afirma o director deste diario dixital no seu vlogue.

Unha nova boa xogada de Puigdemont
INTERNACIONAL

Unha nova boa xogada de Puigdemont

Nova entrega do vlogue de Xosé Mexuto.
Forn
A decisión, en mans do xuíz

DIRECTO: Joaquim Forn renuncia ao escano para acelerar a súa saída de prisión

O ex conseller de Interior e deputado eleito Joaquim Forn -na cadea en Estremera canda Oriol Junqueras- deixa o escano como unha estratexia de defensa. Os seus avogados piden ao xuíz Llarena que o poña na rúa. A Fiscalía oponse co argumento de que aínda existe risco de reiteración delictiva.

O que ven os españois e o que ve o mundo

expectación
Palestra de Puigdemont

DIRECTO: "O apoio da UE a Rajoy é desconcertante. Lexitima o uso da forza"

Poucos minutos antes de dar comezo a palestra do president, sóubose que o xuíz do Supremo, Pablo Llarena, desoía a petición da Fiscalía e optaba por non reactivar a euro-orde contra Puigdemont.

puigdem
INTERNACIONAL

Puigdemont viaxa a Copenhague aínda a risco de ser detido

Novo paso na súa estratexia de internacionalización do conflito. Carles Puigdemont viaxa esta segunda feira a Dinamarca para participar nunha palestra. Dada a brevidade do deslocamento (só estará unhas horas en Copenhague), o Estado español podería ter problemas á hora de activar con eficacia a euroorde para a súa detención.