Acabar coa pediatría de familia no sistema sanitario público
Adicción ás pantallas: "Non existe ningún vínculo de necesidade entre unha crianza de 10 ou 11 anos e o uso do móbil"
Unha de cada oito crianzas son vítimas cada ano no mundo de abusos sexuais en internet
Un estudo da Universidade de Edimburgo publicado a segunda feira conclúe que 302 millóns de crianzas no mundo, unha de cada oito, son vítimas cada ano da toma, intercambio e exposición non consentida de imaxes sexuais e vídeos en internet. O informe, que suxire que os Estados Unidos son unha zona cun alto índice de risco, sinala que no país americano un de cada nove homes admitiu ter cometido un delito contra menores en internet.
Medio millón de crianzas lusas (arredor dun terzo das nenas e nenos do país) serían pobres sen as prestacións sociais
Cales son os nomes máis predominantes na Galiza? Esta é a evolución das últimas décadas
Verónica Santalices, escritora: "Queríamos mostrarlle ás crianzas o espírito combativo e reivindicativo de Luísa Villalta"
Un xulgado abre dilixencias contra unha nai e unha avoa que acusaron unha profesora de envelenar e maltratar unha nena
O Xulgado de Instrución número 2 de Lugo abriu dilixencias, por un presunto delito de inxurias e calumnias, contra a nai e a avoa dunha nena que acusaron a unha das profesoras do centro educativo ao que asiste a menor de maltratala e envelenala. A docente, a quen as dúas mulleres culparon en reiteradas ocasións de someter á menor a diferentes tipos de malos tratos e de tentar envelenala, foi quen presentou a denuncia ao sentirse prexudicada por estas acusacións.
VÍDEO | As Escolas de Ensino Galego Semente abren o prazo de matrícula para o ano académico 2024-2025
As Escolas de Ensino Galego Semente abriron o prazo de matrícula para o ano académico 2024-2025. “Construimos comunidade para fazer possível que a tua criança inície a aventura de descobrir o mundo na língua do coraçom”, sinala a rede de escolas, que promove que as crianzas sexan protagonistas no proceso educativo, a aprendizaxe activa en contacto co mundo natural, a autonomía e o pensamento crítico, os valores da cooperación e o multilingüismo aditivo.