cultura

cartaz salón do libro
Quince mostras en diversos puntos da cidade

Exposicións anegan Pontevedra durante o Salón do Libro

Animación á lectura, ilustración, música, teatro. As infinitas dimensións do libro dirixido aos máis pequenos teñen o seu lugar no Salón Internnacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebra estes días e até o 12 de abril. Non é menor o espazo dedicado a exposicións: quince mostras de fasquía diversa puntúan a cidade e os escenarios do encontro.
 

Museo Gaiás
Jorge Linheira investiga o sector durante a autonomía

Cultura sen políticas culturais

“Non existiron políticas culturais, o que se fixo foi política sobre a cultura”. Con esta contundencia sintetiza o investigador Jorge Linheira (Compostela, 1987) as conclusións de seiscentas páxinas de A cultura como reserva india (Libros.com, 2018), o seu estudo publicado o pasado agosto e que continúa a presentar por Galiza. Esta sexta feira, 29 de marzo, farao en Vigo, Detrás do Marco, ás oito do serán.
 

emma pedreira
Mostra de poemas e colaxes en Compostela

O oblicuo álbum familiar da poeta Emma Pedreira

O avó da poeta Emma Pedreira era fotógrafo. O seu estudo na rúa Rego de Auga, no corazón da Coruña, recollía esa parte privada da memoria da comunidade que eran as imaxes. Vicente Lombardía morreu en 1997, anos despois de pechar a oficina e de destruír e regalar unha gran porción do seu traballo. Agás unha caixa de cartón descuberta pola familia.
 

Marmuradores-en-Santiago_baixa
Máis de 8.000 espectadoras

O Festival Atlántica de narración oral fecha unha edición “de récord”

A sétima edición do Festival Atlántica de narración oral fechou a pasada fin de semana cun récord de asistencia. Segundo as cifras da organización, máis de 8.000 espectadoras asistiron a algunha das 87 funcións, ofrecidas por 30 artistas, ao longo de 12 xornadas por toda Galiza.
 

foto_XabierPDoCampo-por-EduardoCastroBal-2014-05
29 de maio na Coruña

Homenaxe a Xabier Docampo, o escritor amigo

“Grande homenaxe a que estamos argallando, cuxo día principal será o 29 de maio no Teatro Rosalía de Castro”. Así comunican a Asociación Cultural Alexandre Bóveda e mais a Asociación de Escritoras en Lingua Galega a xornada, con varias previas, que están a preparar en honra do do escritor Xabier Puente Docampo (Rábade, 1946 – A Coruña, 2018).
 

FotosRodaxeMelancolia (12)
CULTURA

'Melancolía', novo adianto do regreso de Dios Ke Te Crew

Melancolía é lírica ominosa, esuras bases electrónicas, relato apocalíptico e un vídeo sobre a inminente catástrofe. Melancolía é o novo adianto, canción e clip, de O Ciclo da Serpe, o regreso discográfico dos rapeiros Dios Ke Te Crew.

Porto,_Portugal_(6253930521)
Sábado 30 de marzo

Poesía galega contra os marcos no Porto

“Desembarco de poesía galega no Porto”. Así define Edicións Positivas o evento que organizou para este sábado 30 de marzo na Livraria Poetria da cidade portuguesa. Oito poetas do norte do Miño, algúns con libro do trinque, lerán os seus textos a partir das 19.00 horas.
 

fort de france 2
O libro maior do martiniqués Aimé Césaire, en galego

De cando a cor negra virou en beleza

Máis que comezar, o libro desprégase. “Ao esmorecer a alba... Vaite, díxenlle, fociños de poli, fociños de vaca, vaite, non soporto os lambecús do poder e os abesouros da esperanza”, escribe o poeta. Trata do seu retorno á Martinica, como un Arredor de nós anticolonial: Aimé Césaire (1913-2008) tivera que marchar para comprenderse. Caderno dun regreso á terra natal (1939), texto decisivo para a negritude e a amplicación da poesía en lingua francesa, aparece por primeira en galego.
 

jaron rowan
Xornadas sobre mediación no Consello da Cultura

As vías de acceso á cultura

O “conxunto de técnicas e metodoloxías que buscan facilitar o acceso da cidadanía á cultura ou propiciar a súa participación no feito creativo” é a definición de “mediación cultural” segundo o ensaísta Marcos Lorenzo. Lorenzo coordina sobre a cuestión unhas xornadas para o Consello da Cultura Galega que comezan o 9 de abril.
 

barrio san pedro
Do 29 de marzo ao 7 de abril

Crime (de novela) no barrio compostelán de San Pedro

O popular barrio compostelán de San Pedro acolle a segunda edición da Semana da Novela Negra. Organizada pola Libraría Pedreira, as xornadas inclúen debates, presentacións e performances. Será entre o 29 de marzo e o 7 de abril nas rúas que se dispoñen entre a avenida de Lugo e a entrada ao casco vello pola Porta do Camiño.
 

barrio san pedro
Do 29 de marzo ao 7 de abril

Crime (de novela) no barrio compostelán de San Pedro

O popular barrio compostelán de San Pedro acolle a segunda edición da Semana da Novela Negra. Organizada pola Libraría Pedreira, as xornadas inclúen debates, presentacións e performances. Será entre o 29 de marzo e o 7 de abril nas rúas que se dispoñen entre a avenida de Lugo e a entrada ao casco vello pola Porta do Camiño.
 

homenaxe ao touro de lecumberri - abelenda - fundacón abanca
Coruñés, tiña 87 anos

Morre o pintor Abelenda, entre o cubismo e o fauvismo

Había na pintura de Alfonso Abelenda un algo de inocencia. Entre a ollada fauvista e o cubismo, sempre figurativo, a súa extensa carreira artística rematou a pasada semana ao non superar unha infección derivada dunha intervención quirúrxica. Nacera na Coruña en 1931.
 

1024px-Giuseppe_Tavani_no_IES_Manuel_García_Barros._A_Estrada._Galicia-3_(5436850288)
O profesor romano tiña 95 anos

Morre Giuseppe Tavani, un dos maiores expertos na lírica medieval galego portuguesa

Á súa constancia investigadora débense algúns estudos canónicos do corpus da lírica medieval galego portuguesa: A poesía lírica galego-portuguesa (1986), A poesía de Airas Nunez (1992) ou en colaboración con Giulia Lanciani As cantigas de escarnio (1995). O profesor romano Giuseppe Tavani morreu esta sexta feira aos 95 anos.
 

entre a onda e a rocha - fotograma 2
O filme 'Entre a onda e a rocha' estréase en nove salas

As persoas detrás da épica percebeira

Enfróntanse cara a cara co mar bravo de occidente. Desafían a potencia desatada da natureza. Obteñen, a cambio e se sobreviven, o cotizado froito do pollicipes pollicipes. Até aquí, o relato metade épico, metade romántico, que acompaña os percebeiros. Pero detrás del existen as persoas. Sobre elas trata o documental Entre a onda e a rocha, que esta sexta feira se estreou en oito salas galegas e unha madrileña.
 

Bala no Liceo Mutante
Un libro xunta reflexións sobre as marxes culturais

A cultura e a súa xestión máis alá do institucional

Non só de “grandes nomes” e as súas “achegas estilísticas e capacidades expresivas” vive a cultura. Esa é apenas a súa face alumeada. Na outra parte, “moito máis descoidada”, atópase “o traballo colectivo, as colaboracións de artistas en talleres, en espazos independentes” que conforman “unha realidade paralela ao sistema de arte institucional”. Sobre esta xeografía reflexiona o volume colectivo Im-pulsos creativos (Axóuxere, 2018).
 

Oh!_Ayatollah_por_Christofer_Fernández
Logo da repercusión do seu disco debut de 2018

'Hoxe', nova canción e vídeo de Oh! Ayatollah

Pop de guitarras rítimico e veloz, lírica de relativa celebración existencial, talento melódico. Oh! Ayatollah volveuno facer. O seu novo sinxelo, Hoxe, estende as virtudes do seu loado elepé de debut, Volve a canción protesta (2018).
 

salón do libro de pontevedra 2018
Esta sexta feira comezan 20 días de programación

A lingua portuguesa protagoniza o Salón do Libro Infantil de Pontevedra

A cultura convidada á 20ª edición do Salón do Libro Infantil de Pontevedra non é reducíbel ás fronteiras estatais. Porque máis que unha cultura, son moitas unidas por unha lingua común: a denominada lusofonía. “Lingua irmá do noso idiomas, cómpre cruzar pontes e atravesar océanos”, afirma a organización do encontro, que inicia esta sexta feira 20 días de programación.
 

tanxugueiras
Certame aRi[t]]mar galiza e portugal

Tanxugueiras e Os Azeitonas, autoras das mellores cancións de 2018

Cinco mil votos determinaron que as mellores cancións do ano 2018 foron Que non mo neguen, das Tanxugueiras, e Efeito do Observador, dos Azeitonas. Así o recoñece o certame aRi[t]mar galiza e portugal, organizado pola Escola Oficial de Idiomas de Compostela.
 

andrew mcmillan
CULTURA

A poesía sobre o desexo masculino de McMillan, en galego

Físico é unha das obras maiores da poesía inglesa recente. Publicada en 2015 e obra de Andrew McMillan (South Yorkshire, 1988), ve agora a luz en galego. O seu tradutor é Isaac Xubín e a súa editorial, Chan da Pólvora.
 

presentación premios martín códax
CULTURA

441 proxectos optan á sexta edición dos premios Martín Códax da música

Case medio milleiro de proxectos musicais optan ás distincións Martín Códax outorgadas pola asociación Músicas ao Vivo. As finalistas nas 18 categorías dos premios -contando os Organistrum dedicados a salas, festivais e comunicación- saberanse o vindeiro 24 de abril.