economía

Leite
ECONOMÍA

“Hai varias industrias ameazando con deixar de recoller o leite”

Desde a FRUGA advirten dunha situación que aponta cara a “unha primavera difícil” para os produtores.

acouga pérez lema
ECONOMÍA

Admitida unha demanda colectiva que pide a devolución polo pagado nas cláusulas solo pre-2013

“Non creo que na historia xurídica de Galiza haxa un procedemento xudicial do número de afectados e quizais da transcendencia económica desta demanda colectiva”, afirma o avogado Pérez Lema.  

Christine_Lagarde_FMI
ECONOMÍA

Lagarde recunca outros 5 anos á fronte do FMI

A directora xeral seguirá 5 anos máis na ponte de mando do Fondo. As dificultades das economías emerxentes eliminan as opcións de estados como Brasil ou Rusia.

sargadelos
ECONOMÍA

Sargadelos abre a porta a crear unha 'marca branca'

Sae do concurso con 5 millóns de débeda a pagar. A empresa pon á venda a tenda en pleno corazón da zona vella de Compostela e o Instituto Galego de Información (IGI).

PP CIG ILP seixo puy branco
ECONOMÍA

A ILP a prol da tarifa eléctrica tramitarase neste período de sesións

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e o responsábel de Enerxía da CIG-Industria, Fernando Branco, reuníronse cos grupos parlamentares para coñecer a súa disposición a defender unha iniciativa apoiada por 18.000 sinaturas.

laboratorio I+D investigación
ECONOMÍA

A Xunta de Núñez Feijóo deixou sen executar 200 millóns de euros para I+D+i

Denunciouno o deputado socialista Abel Losada, que cifra en 150 millóns de euros os recortados polo executivo galego no Plan Galego de I+D+i desde 2009, coa volta do PP á Xunta.

ECONOMÍA

Aumentan nun 14% os despedimentos por ERE en Galiza

O 'expedientes de regulación de emprego' de extinción gañan peso, segundo un informe de Comisións Obreiras de Galiza.

bolsa economia
ECONOMÍA

As bolsas viven a súa segunda xornada negra en dúas semanas: o 'rebote do gato morto'?

A incerteza económica, o baixo prezo do petróleo ou a desaceleración chinesa provocan importantes quedas nas prazas europeas e estadounidense.

mocidade mozos
ECONOMÍA

O risco de pobreza duplicouse entre os mozos galegos durante a crise.

A taxa supera o 19% entre os xóvenes de 18 a 34 anos cando en 2007 esta non chegaba ao 10 por cento.

reganosa
ECONOMÍA

A Xunta convértese no segundo maior accionista de Reganosa

Eleva a súa prensenza no accionariado ao 24,3% após pagar 9 millóns de euros por accións que pertencían a Fenosa.

bruxelas eurogrupo Unión Europea
ECONOMÍA

Bruxelas exixe ao vindeiro goberno español axustes por 9.000 millóns de euros

O déficit superou en 2015 en 2 puntos o pactado. O xefe do Eurogrupo pide máis recortes do gasto público.

Mobilización de gandeiros
ECONOMÍA

Lactalis acepta pagar máis polo leite aos gandeiros

A multinacional gala comprométese a repercutir nos produtores as subas de prezo anunciadas en decembro pola distribución após as mobilizacións gandeiras.

gandeiro6
INFORME COAG

O prezo que se paga ao gandeiro galego polo leite caeu un 26,4%, a maior baixa de todo o Estado

Os produtores galegos cobran 10 céntimos menos por litro a finais de 2015 que no 2013. 

ECONOMÍA

Operarios en 'desconexión' por un convenio xusto para o sector do telemarketing

CIG convoca esta terza feira protestos nas empresas dos centros de chamada mediante paros dunha hora, pola mañá e a tarde.

ECONOMÍA

Galiza encadea en xaneiro o seu quinto mes consecutivo con aumento do paro

Agosto foi o último mes en que descendeu o número de persoas desempregadas no noso país. Desde entón, foi en aumento a un ritmo de 130 novos desempregados cada día. Xaneiro despediuse con 7.639 parados máis e 15.240 empregos menos.

Pataca foto de Kevin Abosch
ECONOMÍA

O prezo da pataca

Kevin Abosch  é un fotógrafo irlandés. Non é un vendedor de patacas. Nen un produtor. Pero acaba de vender unha pataca por un millón de dólares. 

eucaliptos
ECONOMÍA

O eucalipto duplicou a súa extensión en Galiza en apenas dúas décadas

O IV Inventario forestal feito polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente  cifra en máis de 250.000 hectáreas as ocupadas por esta especie, ás que hai que engadir as 40.000 Has de repoboacións.

ENQUISA DA POBOACIóN ACTIVA

Galiza reduce o paro en 41.000 persoas en 2015 mais a taxa de actividade segue baixo mínimos

[Imaxe: Feijóo]
ECONOMÍA

Feijóo bota o freo a Lei de Acuicultura perante a rebelión do sector do mar

En resposta a unha interpelación de Francisco Jorquera, o presidente da Xunta di no Parlamento que farían “un alto” e que procurarían consensuala co sector do mar.

Bateas nunha ría galega
ECONOMÍA

Rebelión de concellos contra a Lei de Acuicultura da Xunta

Gobernos locais aproban mocións contrarias ao ante-proxecto en plenos con asistencia de centos de persoas. O sector prepara a gran mobilización para finais de febreiro baixo o lema 'Defender o Mar'.