economía

Operarias nunha carpinteiría industrial
ECONOMÍA

A economía galega, a que menos medrará de todo o Estado nos vindeiros dous anos

Un instituto formado por equipos de investigación de 16 universidades do Estado sitúan a economía de Galiza como a pecha-cancelas en crecemento nos exercicios 2016 e 2017.

vellos
ECONOMÍA

A pensión media galega, un 16% por baixo da española

Un beneficiario cobra 1.700 euros anuais menos en Galiza que na media do Estado español.

Folga do leite
ECONOMÍA

Os gandeiros empezan a 'batalla' para que a multinacional Lactalis pague un prezo xusto

Os produtores pedirán as cadeas de destribución que retiren marcas desa industria. Esta sexta feira concentraranse perante a factoría de Lactalis en Vilalba.

ECONOMÍA

Os prezos industriais en Galiza acumulan 29 meses en negativo

Baixaron un 2,5% nos últimos doce meses. Desde xullo de 2013 encadean meses en negativo.

POR PRIMEIRA VEZ O SINDICALISMO NACIONALISTA PODE SER A FORZA MAIORITARIA

CIG supera CCOO e disputa a UXT ser o primeiro sindicato de Galiza

A central nacionalista é a única das tres maioritarias que medra. Atinxiu perto do 28% dos delegados e é a primeira forza sindical en federacións como Industria, Ensino, Administración ou Saúde, para alén de ser a máis votadas en comarcas como Vigo, Pontevedra e Ferrol.

ECONOMÍA

Ourense: terra da chispa.. e da precariedade laboral

Máis de 14.000 contratos subscritos en 2015 tiveron menos dunha semana de duración.

acerga cerco
ECONOMÍA

O cerco pon fin a case 100 días de campamento e volve faenar, mais mantén as reivindicacións

A asemblea de Acerga decidiu por unha estreita marxe acabar co amarre dos cerqueiros e a acampada perante San Caetano. Mais, advirten, vai serguir a loita e mobilización por un "reparto xusto”.

Bateas nunha ría galega
ECONOMÍA

O proxecto de Lei de Acuicultura da Xunta levanta ronchas en sectores do PP

Os populares dos concellos da Ría de Arousa recoñecen que non poden defender ou avalar un ante-proxecto que xera a oposición unámime dos sectores produtivos do mar.

35 ALCALDES PIDEN A FEIJóO QUE DEA "SOLUCIóNS" AO SECTOR

O cerco volve de Madrid coas mans baleiras

“Non sei para que nos chamaron da Secretaría xeral de Pesca”, afirma Andrés Blanco, voceiro de Acerga, “porque non nos propuxeron nada”. Levántanse os peches en concellos mais mantense o campamento.

ECONOMÍA

CIG insta o Parlamento a se mover en apoio ao naval de Ferrol

Unha delegación do sindicato reuniuse con representantes dos grupos da oposición para informar que  a carga de traballo actual para o cadro de persoal principal remata no verán.

tractores campo galego
ECONOMÍA

Subdelegación do goberno dita medidas para 'restrinxir' a tractorada en Lugo

A patronal pedira a súa intervención argumentando que era un risco para a seguridade e que afectaba a negocios da zona. Os tractores que rodean a muralla terán que facer unha 'ringleira'

Xaquín Rubido
XAQUíN RUBIDO, 'XOCAS'

"Esta lei converte a gran industria acuícola na raíña do mambo"

O anteproxecto da Lei Acuícola da Xunta concitou en poucas semanas un rexeitamento frontal dos sectores do mar, que ven nesta norma uncambio de modelo nas rías galegas a favor da acuicultura industrial. Entrevistamos Xaquín Rubido, da Plataforma en defensa da Ría de Arousa, punta de lanza contra o actual proxecto.

industria
ECONOMÍA

A produción industrial en Galiza segue moi por baixo da media española

Aumentou en Galiza 2 pontos menos que no conxunto do Estado. Unha fenda que tamén se percebe na evolución do PIB.

ECONOMÍA

Os salarios máis recortados na crise foron os do sector primario e de servizos sociais

Desde 2009 o salario medio anual caeu en Galiza case un 3 por cento. Porén, ese descenso non foi igual en todos os sectores. Cales foron os máis golpeados?

alcoa coruña
ECONOMÍA

Catro días de greve na factoría coruñesa de Alcoa

Os operarios pararán catro horas centrais en cada unha das quendas, mañá, tarde e noite. Denuncian que os responsábeis da empresa queren levar Alcoa a un “colapso técnico” como desculpa para fechala.

Mobilización de gandeiros
ECONOMÍA

As mobilizacións dos gandeiros arrincan compromisos a 6 grandes distribuidoras

Alcampo segue o camiño que nestes días tiveron que tomar Carrefour, Eroski, Gadisa, Lidl e DIA, e promete subas no leite que repercutan nos produtores.

Cerco
ECONOMÍA

'Bacallau con coliflor' para unha noiteboa de loita no campamento do cerco

A acampada perante a sede da Xunta mantense nas festas, cos cerqueiros apoiados por quendas solidarias dos bombeiros da Coruña e a visita do grupo de teatro máis antigo de Galiza.

tractor-carrefour-lugo
ECONOMÍA

Após lograr que Lidl e Eroski pactasen, os gandeiros intensifican as mobilizacións sobre Carrefour

Por volta de 300 tractores manteñen o bloqueo sobre o Carrefour da Coruña, que xa acumula 12 días. Tamén a superficie desta empresa en Lugo é albo dos protestos.

pesca, barco, mar
ECONOMÍA

Confrarías e colectivos do mar alegan a unha Lei de Acuicultura que "vai pór S.A ás rías galegas"

A Plataforma en defensa da Ría de Arousa pide a retirada do ante-proxecto da Xunta. Facilita a entrada da piscicultura a escala industrial e das grandes multinacionais en detrimento dos sectores tradicionais, denuncian.

Estaleiro Vigo
ECONOMÍA

A xustiza europea declara legal o 'tax-lease' do naval

O Tribunal Xeral da UE anula a decisión da Comisión europea que declaraba ilegal estas axudas. Unha medida que prexudicou especialmente o naval galego, que ficou paralizado.