economía

mar pesca flota barco peixe
ECONOMÍA

Bruxelas pasa a tesoira nas cotas de pescada, peixe sapo, xarda e rapante; e aumenta o tope do xurelo

A ministra de Pesca e Agricultura española, Isabel Tejerina, afirmou estar “moi satisfeita” de evitar que os recortes en augas do Atlántico fosen maiores.

industria
ECONOMÍA

A industria galega perdeu case 6.000 empregos, a segunda maior caída en todo o Estado

O sector industrial galego ten 127.300 persoas ocupadas, a cifra máis baixa desde que hai rexistros. A facturación na industria caeu neses doce meses nuns 260 millóns de euros.

Bateas nunha ría galega
ECONOMÍA

Unha lei para privatizar o mar galego en beneficio das multinacionais acuícolas

Confrarías, mariscadoras, frota de baixura e mexilloeiros critican con dureza o ante-proxecto da lei de acuicultura da Xunta, un borrador que procura, denuncian, desprazar os sectores produtivos tradicionais en beneficio das grandes corporacións da acuicultura industrial.

ECONOMÍA

Galiza, entre os territorios do Estado con menor crecemento económico

O Foro Económico de Galiza pide “ser cautos” á hora de falar de que o noso país está a saír da crise: “Só recuperou 2,5 puntos dos 9 do PIB perdidos durante a crise".

acerga cerco
ECONOMÍA

Acerga acusa o Ministerio de empregar o BOE para “afundir” o cerco galego

A asociación de cerqueiros critica que se manteña no plan de xestión para 2016 os mesmos criterios de reparto que, afirman, están a arruinar esta frota. Non descartan medidas xudiciais.

ECONOMÍA

Os recursos do mar galego son para a UE de 'Augas Portuguesas' ou 'Baía de Biscaia'

O Parlamento insta o goberno galego a promover unha modificación normativa na UE que recoñeza a orixe galega na etiquetaxe dos produtos mariños.

gandeiro6
Informe da interprofesional láctea

Os gandeiros perden de media 2,3 céntimos por litro mentres a distribución gaña 3

A industria, ao igual que a distribución, tamén rexistra marxes positivos de beneficios. O único elo da cadea láctea que perde é o produtor.

ECONOMÍA

O PP vota en contra da proposta de reparto defendida por Acerga para o cerco

Os populares posicionáronse no Parlamento contra a proposición non de lei presentada por AGE e na que se reivindicaba un reparto de tope 'liñal', como demanda a maioría do sector.

ECONOMÍA

As tres grandes eléctricas gañan 4.220 millóns de euros até setembro

Iberdrola, Gas Natural-Fenosa e Endesa ingresaron neses nove meses máis de 59.000 millóns, un 5,7% máis que no mesmo período do ano anterior. Por volta do 17% dos fogares do Estado sofre pobreza enerxética

ECONOMÍA

A Xunta de accionistas de Euskaltel dá luz verde á compra de R por 1.200 millóns de euros

Valoran positivamente a adquisición dun “activo esencial” como a compañía galega para se converter nun operador “relevante” no Estado e Europa.

ECONOMÍA

Delegación do cerco: “Atopamos máis receptividade en Bruxelas que na Xunta”

ECONOMÍA

Fruga calcula que cada mes fechan 80 granxas en Galiza polos baixos prezos do leite

A Federación sinala que o importe que se lle paga ao gandeiro segue sen cubrir os custos de produción.

conserveiras
ECONOMÍA

“A patronal quere retrotraer as 12.000 traballadoras da conserva ao século XIX”

A patronal procura ampliar a xornada laboral de segunda feira a domingo, así como aumentar o número de horas de traballo anuais e as de libre disposición pola empresa. Falamos con Rosa Abuín, representante da CIG, do que está en xogo na negociación do convenio da conserva.

gotemburgo
ECONOMÍA

'Experimento Gotemburgo': xornada laboral de 6 horas

A segunda cidade sueca testa en empregados públicos se traballar menos e co mesmo salario é bo para a saúde, a felicidade dos traballadores.... e tamén para a produtividade.

Mobilización de gandeiros
ECONOMÍA

A Plataforma acusa a nova conselleira de Medio Rural de seguir a dividir os gandeiros

Lamentan que Ángeles Vázquez, titular de Medio Rural, aínda non se reunise coas organizacións malia que a situación do sector continue a ser preocupante.

cerco
ECONOMÍA

O cerco intensifica os protestos fronte ás informacións que din que abandona

Manteñen o campamento, acudirán a Bruxelas e preparan unha mobilización nacional en Compostela. Todo isto mentres desde a TVG se anunciaba que abandonaban os protestos, o que Acerga desminte “taxativamente”.

ECONOMÍA

O naval galego navega en mínimos: ningún encargo no primeiro semestre de 2015

Pechou o primeiro semestre do 2015 sen ningún encargo. Un periodo no que o volume de contratación de pedidos nos estaleiros españois aumentou nun 12%.

ECONOMÍA

A fortuna dos 8 galegos da lista 'Forbes' é 9 veces os orzamentos de Galiza para 2016

Entre os 100 máis ricos do Estado hai 8 galegos, 2 máis que no ano anterior. Suman 75.000 millóns de euros. No segundo trimestre de 2015, os salarios galegos caeron un 2,2% .

A SEDE DO GRUPO PASA A MADRID

Pharmamar irrompe en Bolsa após absorber Zeltia cunha queda do 2,3%

A división oncolóxica toma o mando do grupo matriz e pasa ter a sede do grupo en Madrid.

tarifa CIG
ECONOMÍA

Máis de 18.000 sinaturas apoian a ILP a prol dunha tarifa eléctrica propia para Galiza

Representantes da CIG rexistraron esta sexta no Parlamento a iniciativa lexislativa popular para que a enerxía producida no país “reverta en beneficio do popio país”. Unha iniciativa que conta co respaldo de máis de 50 concellos e 2 deputacións.