economía

Peche empresas Galiza
ECONOMÍA

Cada 17 horas unha empresa declárase en quebra en Galiza

Un total de 521 sociedades declaráronse en concurso de acredores no noso país en 2013. A construción, a industria e o comercio ao por maior, os sectores máis afectados, segundo os dados do INE.

Onzas de ouro (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A metade da riqueza de Galiza concéntrase en mans do 0,26% da poboación

En Galiza hai 7.090 persoas cunha base impoñíbel superior aos 700.000 euros. Son o 0,26% da poboación galega mais atesouran 25.500 millóns de euros. O diñeiro que posúen as 3 persoas máis ricas multiplica por 7 o orzamento da Xunta para 2014.

Galiza

O Parlamento galego debate a petición ao Goberno español do indulto a 2 sindicalistas

O BNG leva a Cámara galega a petición de indulto para Serafín Rodríguez e Carlos Rivas, traballadores que van ingresar en prisión condenados a tres anos por tomar parte nun piquete de Vigo na folga do transporte do 2008.

ECONOMÍA

A frota do cerco mantén o amarre e carga contra a xestión da Xunta

O reparto prexudicial para Galiza das cotas como a da xarda e o xurelo nas negociacións en Madrid xerou un profundo malestar no sector.

ECONOMÍA

Traballadores temen un ''drástico recorte'' de persoal no servizo de limpeza de Navantia

Daniel Varela, presidente do comité de empresa de Acciona en Navantia, calculou que coas novas condicións o cadro de persoal, formado por 104 personas na antiga Bazán e outras 36 en Fene, veríase reducido de forma “moi significativa”.

Fileira desemprego
ECONOMÍA

Galiza: 10.011 parad@s máis e 13.249 afiliad@s menos en xaneiro

O número de persoas no noso país rexistradas nos servizos públicos de emprego supera xa as 281.000. En xaneiro o desemprego subiu un 3,7% fronte o 2,4% de media do Estado español. En só un mes, na Galiza perdeuse o 1,4% da afiliación á Seguridade Social.

funcionarias
ECONOMÍA

A Xunta non acatará as sentenzas sobre a extra de 2012 até non se pronunciar o TC

A conselleira de Facenda explica que cumpre ordes de Madrid. As resolucións xa publicadas son favorábeis ao persoal laboral que depende de Portos de Galiza, do V Convenio da Xunta de Galiza, das tres universidades, de Seaga, de Turgalicia e da CRTVG; así coma ao persoal funcionario pertencente ao Sergas e ao ensino

Persoas traballando nunha cadea de montaxe (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

As grandes empresas recortaron os salarios nun 10% nestes 2 anos grazas á reforma laboral

As facilidades para se descolgar dos convenios colectivos e baixar soldos vai da man dunha 'modificación substancial das condicións de traballo' en prexuizo do e da traballadora. Así o recolle o informe da Fundación Sagardoy.

Ibex35
ECONOMÍA

Os altos cargos das empresas auméntanse o soldo nun 1,6% no medio da crise

O informe da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) cifra en 474.000 euros o salario medio dun milleiro de directiv@s das firmas que cotizan en bolsa. O soldo medio do conselleiro educativo é dun millón de euros.

citroen vigo
ECONOMÍA

O BNG pide que Inditex, Citroën ou Unión Fenosa tributen en Galiza pola actividade xerada no país

Os nacionalistas solicitan que a Xunta  reclame do Goberno central  a plena territorialización do Imposto de Sociedades para que as empresas que operan en Galiza tributen á Facenda galega.

sinistralidade laboral
ECONOMÍA

Unha década de sinistralidade laboral en Galiza: 700 traballador@s mort@s e 7.000 ferid@s graves

A sinistralidade laboral deixou no noso país entre 2004 e novembro de 2013 un total de 696 persoas falecidas, segundo dados do Instituto Galego de seguridade e saúde laboral (Issga). Malia descender nestes últimos anos, o índice ce sinistraldiade en Galiza é dos máis altos do Estado.

POLÍTICA

Un coronel afirma que o exército prepara unha intervención en Catalunya de se convocar a consulta

Amadeo Martínez Inglés dí que a operación ten o nome en clave de 'Estela' e que Rajoy ten coñecemento dos plans elaborados polas altas xerarquías militares para intervir en Catalunya.

alianzarural
ECONOMÍA

A Alianza Rural Galega rexeita a Lei do Solo do PP que ve ''residual'' o 90% do territorio

O texto en que traballa a Xunta aposta máis unha vez no mesmo modelo urbanístico que provocou a burbulla inmobiliaria e concede a mesma importancia aos aproveitamentos mineiros que a aqueloutros agrogandeiros, garantes do dereito á soberanía alimentar.

CIG
ECONOMÍA

Despide o día antes das eleccións sindicais a todos os empregados que ían na candidatura da CIG

Spazio Saga SL, radicada no Polígono do Espíritu Santo (Cambre), tentou en varias ocasións disuadir aos traballadores de continuar co proceso electoral. Ao non conseguilo, optou por botalos, denuncia a central nacionalista.

moz@s
ECONOMÍA

12.600 moz@s 'desapareceron' de Galiza desde outubro

Teñen entre entre 20 e 34 anos. Só no último trimestre a poboación de máis de 16 anos diminuiu no noso país, segundo a EPA, en 18.500 persoas, das que 12.600 corresponden a ese tramo de idade.

navantia-fene-astano-f-goiriz-14-11-2008-013-3
ECONOMÍA

Pemex aclara que a oferta galega é só unha máis, ''sen favoritismos''

A proposta de Navantia e Barreras vai ser ''unha máis'', en palabras dos responsábeis de Pemex, entre as que compiten por estes barcos. Unha frase que deixa máis unha vez en evidencia ás promesas de Feijóo de que todo estaba 'acordado e ben acordado'.

Amancio Ortega
ECONOMÍA

A fortuna de Amancio Ortega disparouse nun 137% desde o inicio da crise

Desde 2007, e segundo sinala Economía Digital, o patrimonio do fundador de Inditex aumentou en máis de 25.000 millóns.

mariñeiros
ECONOMÍA

A sangría silenciosa: un barco de pesca menos en Galiza cada tres días

En só unha década a frota pesqueira galega perdeu máis de mil trescentas unidades. De 5.565 embarcacións censadas en 2004 ás 4.204 de inicios do presente 2014. Unha perda sufrida principalmente no sector de baixura, o máis importante para Galiza.

fenda
ECONOMÍA

O 1% da poboación máis rica acapara a metade da riqueza mundial

Un estudio de Intermon Oxfan alerta de que a desigualdade afondou a ritmo de vertixe nestes anos. E fan súa unha frase de Louis Brandeis, que fora membro do Tribunal Supremo dos EUA, “podemos ter democracia ou podemos ter a riqueza concentrada en poucas mans, mais non podemos ter ambas”.

joseluismendez
ECONOMÍA

Méndez asesora un grupo hoteleiro no que inxectou millóns de euros desde Caixa Galicia

Na etapa de José Luis Méndez como director xeral da entidade financeira, Inversora de Hoteles foi ''un dos proxectos máis consentidos'', informa Economía Digital.