economía

ECONOMÍA

A Xunta usa a autonomía fiscal para gravar as rendas baixas e privilexiar as altas

Galiza é dos territorios do Estado cos tipos máis reducidos para quen gaña máis de 110.000 euros anuais. Pola contra, é das comunidades co gravame máis alto para quen menos cobra. Un modelo de fiscalidade ao gosto do actual goberno galego.

fruga
ECONOMÍA

O vacún de carne esixe á Xunta que manteña as axudas pactadas en 2008

Desde que o PP chegou á Xunta producíronse retallamentos do 45% no primeiro exercicio (2011) e do 75% no segundo exercicio (2012) namentres @s gandeir@s si acataron as esixencias do acordo asinado coa consellaría de Medio Rural durante o goberno bipartito e cunha vixencia de cinco anos.

cerco
TRABALLO

Paro nas lonxas de Vigo e A Coruña

Dúas das principais salas do país amenceron sen actividade para se solidarizar coas reivindicacións dos cerqueiros galegos. Armadores e mariñeiros participan nunha manife en Asturies.

bueu
ECONOMÍA

O Concello de Bueu aposta na economía ecolóxica para crear emprego local

O rexedor, Félix Juncal (BNG), presentou esta quinta feira o informe Opcións económicas para o emprego local canda a Universidade de Vigo, institución encargada de analizar a situación socioeconómica do municipio e de trazar as liñas estratéxicas polas cales camiñar.

cartos
ECONOMÍA

Galiza: despensa de aforro para que os bancos os presten noutros territorios

@s galeg@s tiñamos en depósitos bancarios a finais de 2013 máis de 56.000 millóns de euros. Por contra, os bancos prestaron no noso país pouco máis de 53.000 millóns. A diferenza, 3.000 millóns, non ficou parada. Boa parte foi para créditos noutros territorios.

ECONOMÍA

O paro baixa en Galiza en 1006 persoas mais segue a superar as 280.000

Nestes doce meses @s inscrit@s no desemprego reducíronse en 12.752. O número de persoas desempregadas no noso país é de 280.071. Nestes doce meses a Seguridade Social perdeu en Galiza 6.300 afiliad@s mentres no conxunto do Estado aumentaba en 61.557.

CULTURA

O sector do libro é o que máis sofre nos recortes da economía familiar

O gasto medio por fogar en cultura baixou en Galiza de 778,9 a 646 euros dos anos 2011 a 2012. O sector do libro é o que máis padece no aforro familiar, segundo os datos do informe feito público polo Observatorio do Consello da Cultura Galega, sobre a enquisa do Instituto Nacional de Estatística. 

ECONOMÍA

O Bloque defende a intervención pública na economía através da creación dunha Corporación industrial galega

A organización frontista presentou unha Proposición de lei na que defende a creación dun Instituto de crédito e dunha corporación industrial galega coa que, din, se podería "evitar a destrución de medios de produción industrial" nos sectores económicos básicos.

AP9
ECONOMÍA

O volume de tráfico da AP9 cae a niveis de hai 12 anos pola suba de portaxes e a crise

A intensidade media diaria rexistrada en 2013 foi de 20.158 vehículos. Non había peor rexistro desde 2001. Nestes anos o prezo das peaxes aumentou de maneira constante e desorbitada.

buses
ECONOMÍA

Traballador@s toman a cafetaría da estación de buses de Compostela, pechada polo Concello

Continúan a atender @s usuari@s e fano sen cobrar el@s nen cobrar polas consumicións "porque o facemos como unha maneira de visibilizar a situación e como un acto de reivindicación". 

salayago
SOCIAL

''Ocupamos a Yago para facer cultura e non permitimos que nos traten de terroristas''

Conectamos vía telefónica co interior do antigo cinema de Compostela para coñecer de primeira man que é o que está a acontecer alí dentro e, sobre todo, por que. 

Ferrol naval
ECONOMÍA

''Insistimos: O flotel non é de abondo''

3.500 traballadores dos estaleiros e auxiliares volven se mobilizar en Ferrol en demanda do dique flotante e contra a ''estratexia política de dicer que o do naval xa está solucionado”.

traballando
ECONOMÍA

O PP veta a declaración institucional polo indulto aos dous sindicalistas de Vigo

Serafín Rodríguez (CIG) e Carlos Rivas (UGT) foron condenados a tres anos de cárcere por un piquete informativo na folga do transporte de 2008. BNG, AGE e PSdG-PSOE defenderon a petición dun indulto que @s conservador@s se negaron a apoiar.

comercio peche liquidacion
ECONOMÍA

A crise obrigou a tirar a toalla a 1 de cada 3 autónom@s galeg@s con empregad@s

Un estudo da Uatae cifra en 26.800 @s autónom@s con traballador@s asalariad@s desaparecid@s desde o exercicio 2008, o que supón a perda do 31% dos existentes daquela. Un impacto directo e moi prexudicial sobre a economía.

cartos
ECONOMÍA

O salario medio en Galiza minguou máis dun 11% en tres anos

O soldo medio do Estado español é case un 10 por cento superior o do noso país, malia que no conxunto do Estado tamén descendeu a remuneración nese período. Os ingresos medios galegos son case 2.000 euros anuais inferiores á media estatal.

cig ilp vigo
ECONOMÍA

A CIG presenta a ILP polo emprego como unha ferramenta para se visualizar que hai alternativa

A central nacionalista fixo esta sexta en Vigo un acto público para presentar a súa iniciativa na que recollen cen medidas para combater o paro.

luz
ECONOMÍA

A pobreza enerxética en Europa afecta xa a máis de 60 millóns de persoas

O Comité económico e social europeo (Cese) advirte que o número de europe@s que non poden pagar a luz subiu en 10 millóns nos últimos sete meses. Desde 2004 a factura da luz incrementouse nun 65%. No estado español hai 1.200.000 familias sen enerxía.

Foto: Alza Voz Cambados
ECONOMÍA

Unha concentración do cerco insta á conselleira a, “por unha vez”, defender a frota galega

Mariñeiros e armadores de diferentes portos (Vigo, Cambados, Portosín, Camariñas...) manifestáronse ante a sede da Xunta, onde guindaron piexes contra o edificio de San Caetano. O sector pide ao goberno galego que rexeite as cotas negociadas en Madrid para xarda e xurelo e que prexudican a Galiza.

Povisa
ECONOMÍA

Povisa despede 13 traballador@s e recorta dereitos laborais doutr@s 68

O comité do centro privado denuncia que se trata ''dunha represalia'' polas folgas e polas decisións xudiciais en contra. O 75% d@s doentes que atenden son derivad@s desde o Sergas e a consellaría de Sanidade vén de renovar o convenio polo que a empresa ingresará 75 millóns en oito anos.

Acto de presentación da Alianza Social Galega
ECONOMÍA

27F: Mobilizacións da Alianza Social Galega para exixir 'outra saída da crise'

CIG, CCOO e UGT conxuntamente con ducias de colectivos e entidades chaman a cidadanía galega a se manifestar para dar ''unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais que impoñen os gobernos da Xunta e do Estado español".