economía

ECONOMÍA

O número de 'mega-ricos' no Estado español aumentou en 105 nun ano

Un informe sobre grandes fortunas mundiais cifrou en 1.625 os 'ultra-millonarios' españois (dos cales 1.131 residen en Madrid). Teñen un patrimonio superior aos 25 millóns de euros.

Florentino-Perez-economica-mejorado-palpable_TINIMA20140115_0332_5
ECONOMÍA

Xunta e Estado aloumiñan a Florentino Pérez en Galiza: 64 millóns de euros en obra pública

Ata 6 filiais de ACS, a poderosa empresa do presidente do Real Madrid, recibiron en 2013 encargos de obras e servizos públicos no noso país. Pérez é líder en encargos de procedencia institucional, desvela Economía Digital.

ECONOMÍA

O Parlamento mexicano investigará a legalidade da licitación dos floteis de Pemex

Unha comisión fiscalizará todas as adxudicacións da petroleira desde 2006, informa La Voz de Galicia. En medios mexicanos enmárcase esta actuación na loita contra a corrupción.

cruceiros-crop
ECONOMÍA

O turismo de cruceiros, un xigantesco bulo sobre beneficios inexistentes

O goberno local da Coruña afirma que a cidade gañou medio millón de euros pola coincidencia de seis barcos de pasaxeiros no mesmo día, pero as testemuñas de comerciantes e cidadáns rebaixan a propaganda oficial -semellante a que se dá co mesmo fenómeno en Vigo- e sinalan como case irrelevante o beneficio destes visitantes.

ECONOMÍA

''A querela ante a AN pode levar a políticos do PP e do PSOE ao banco dos acusados''

Clodo Montero, da CIG-Banca, fala da querela criminal presentada perante a Audiencia Nacional contra os ex-directiv@s das antigas caixas, Caixa Galicia e Caixanova, @s directiv@s de Novagalicia banco (NGB) e os membros dos Consellos de Administración das entidades. Un total de 79 persoas. 

ciggg
TRABALLO

Milleiros maniféstanse coa CIG no 1º de maio ''polo emprego e contra a explotación''

Doce manifestacións decorreron noutras tantas cidades e vilas do país convocadas polo sindicalismo nacionalista neste Día internacional da clase traballadora. A denuncia dunha realidade ''que Feijóo quer ocultar con propaganda e mentiras'' foi un dos eixos das marchas.

fruga
ECONOMÍA

O sector do vacún de carne exixe á Xunta que non abandone as razas autóctonas

Una concentración da Fruga (Federación Rural Galega) en Lugo reclamou maior implicación do goberno. Acusan o executivo de deixar sen axudas ao 75% dos solicitantes.

Accidente laboral
ECONOMÍA

Galiza, líder do Estado español (en sinistros laborais graves e mortais)

O noso país é líder no Estado en índice de incidencia dos accidentes laborais graves (duplica a media estatal) e está na cabeza da listaxe nos sinistros mortais. Dados preocupantes que volven estar riba da mesa no Día Internacional de Saúde e Seguridade Laboral.

ECONOMÍA

Despedida por pedir que se respectasen os seus dereitos como nai

A CIG exixe a readmisión da traballadora na empresa ADM. A operaria xa fora despedida durante un embarazo anterior e a firma tivo que readmitila obrigada pola xustiza.

barco despezamento
ECONOMÍA

Pagar por deixar de pescar: A Xunta destina 33.500 euros/día ao despece de barcos pesqueiros

As subvencións para despece de pesqueiros é un dos anacos máis grandes do 'pastel' dos orzamentos destinados ao sector do mar galego. Desde 2009 até 2013 destináronse máis de 62 millóns de euros a sacar barcos do mar para despezalos.


 

zara1
ECONOMÍA

Xustiza de Brasil confirma que Zara empregaba traballadores en ''condicións análogas á escravitude''

A empresa de Arteixo xa confirmou que vai recorrer a sentenza. Un xuíz de Sao Paulo considera responsábel a Zara das concidións ínfimas nas que traballaban nunha subcontrata onde o 90% das súas prendas íran para a firma de Inditex.

ECONOMÍA

Propietari@s estudan paralizar a venda de madeira a Ence

A pasteira anunciou unha rebaixa no prezo que ía pagar por tonelada de madeira aos seus subministradores galegos. Unha medida imitada por outras compañías do sector.

Poligono industrial (Nós Diario)
ECONOMÍA

O PIB por habitante en Galiza sitúase un 8% por baixo da media española

O Produto Interior Bruto (PIB) no noso país foi de 20.399 euros por habitante. Case 2.000 euros menos que a media do Estado español e 6.000 por baixo da media europea.

Case 140 empresas concursadas na Galiza no primeiro trimestre
ECONOMÍA

Ducias de empresas galegas domicílianse en Madrid para pagar menos impostos

A menor presión fiscal e as facilidades fan que compañías, mais tamén grandes fortunas, 'emigren' á capital do Estado procurando pagar menos.

2014 04 11 DesaloxoValleInclanConcelloVilanova03
ECONOMÍA

O alcalde de Vilanova, sinalado como quebra-folgas das protestas dos seus veciños

Despedid@s da residencia Valle-Inclán abandonan o peche na Casa do Concello deste municipio arousá despois de que o rexedor, doPartido Popular, as ameazase con fortes sancións económicas, denuncian desde a CIG.

Traballadores no naval
ECONOMÍA

Só en 44 dos 314 concellos galegos o PIB por habitante supera a media galega

O Produto Interior Bruto por persoa no noso país (20.400 euros) é un 8% inferior o da media do Estado español. Nuns sesenta municipios o seu PIB fica mesmo por baixo da metade da media galega (10.200 euros). 

Evasión fiscal
ECONOMÍA

'Paraísos fiscais' aproveitan para investir en Galiza

Empresas e ricos galegos desvían fondos a prazas con 'tributación branda' e reximes fiscais moi favorábeis, non é unha novidade. Mais tamén hai a relación de volta, con esas prazas a investir no noso país. Iso si, con cantidades moito máis modestas.

ECONOMÍA

O mar galego perde, aos poucos, as mariscadoras: cada vez menos e sen relevo xeracional

En só unha década o principal traballo feminino vinculado o mar, o marisqueo a pé, pasou de representar 6.551 empregos directos a menos de 4.000. Das 3.903 mariscadoras que fican hoxe en día as menores de 30 anos non chegan a 150.

Camións de transporte (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

''A Xunta cobrou irregularmente 150 millóns de euros os transportistas galegos''

É a cifra que o goberno de Feijóo recadou entre 2002 e 2012 polo céntimo sanitario, segundo o PSdeG, que se remite a cálculos do sector. Os socialistas reclámalle ao goberno galego que se dirixa ao executivo central e clarifique o procedemento de devolución deses cartos.

Grupo_INDITEX_galeria-sede-central-01
ECONOMÍA

Onde paga os impostos Inditex?

O xigante téxtil, con beneficios de máis de 2.400 millóns de euros, apenas tributa na Galiza en impostos directos. No Estado español pagou 821 millóns. Moito menos do que debera, grazas a unha estrutura fiscal para transferir beneficios a filiais en 'paraísos'.