economía

NCG
ECONOMÍA

O banco dos acusados da Audiencia Nacional recibe os mandatarios de NCG

A Fiscalía anti-corrupción pide para cinco ex-directivos de NCG tres anos de prisión por se adxudicar 19 millóns de euros en prexubilacións, cifra equivalente ao 29% do valor da entidade.

ECONOMÍA

O BNG demanda que se reactive a comisión de investigación das caixas

O voceiro parlamentar d@s nacionalistas, Francisco Jorquera, cre que a Cámara debe tratar tamén a venda de NCG a Banesco "con perda de recursos públicos" e denuncia o escaso crédito que se está concedendo.

ECONOMÍA

Manuel Jove abandona o BBVA, banco do que chegou ser primeiro accionista

O empresario coruñés foi desprendéndose en 2013 de boa parte das accións que posuía da entidade financeira.

ECONOMÍA

As Sicavs d@s ric@s galeg@s suman un patrimonio por riba dos mil millóns de euros

Case 3.500 contribuíntes en Galiza participan en sociedades de investimento colectivo, segundo dados da Axencia Tributaria española desvelados polo Faro de Vigo.

ECONOMÍA

Unha empresa que recibiu 700.000 euros en axudas públicas deslocaliza empregos a Portugal

A empresa, auxiliar da automoción, vén de comunicarlle a 35 empregad@s a súa intención de trasladalos a unha das fábricas que ten no país veciño.

ECONOMÍA

As retribucións do novo consello de NCG: entre os 100.000 e 500.000 euros anuais

Esta cuarta feira a entidade pasará oficialmente a mans de Banesco. Seis homes e unha muller compoñen o novo consello de administración, marcado por xente ligada ao Banco Etcheverria e Banesco.

ECONOMÍA

A indemnización por despedimento tributará a partir dos 2.000 euros por ano traballado

O ministro Montoro fala de ‘’proposta inicial’’ malia que a medida vai afectar desde xa a aquelas persoas despedidas a partir do 20 de xuño.

Mariano Rajoy durante a comparecencia de imprensa
ECONOMÍA

A reforma fiscal do PP ou un amaño electoralista que acabará en recortes

Economistas como Manuel Lago ou Edelmiro López ou mesmo técnic@s de Facenda consideran regresiva a nova política tributaria anunciada polo goberno de Rajoy e cren que só beneficia ás clases máis altas. Así mesmo, temen que ao baixar a recadación abrirá a porta a novas reducións de gasto público.

cadea
ECONOMÍA

Un traballador en Galiza gaña 2 euros menos á hora que no Estado español

Galiza fica por baixo de 14 comunidades do Estado canto a salarios e custo laboral por traballador. Un dado: o custo salarial por hora efectiva é de 13,4 euros no Estado español. No noso país, 11,4 euros.

caixa, méndez
ECONOMÍA

Anticorrupción pide 3 anos de prisión para 5 directivos das caixas galegas

Considera a Fernández Gayoso e outros catro antigos dirixentes de NCG responsábeis de varios delitos, entre eles fraude. Ademais, solicítalles a devolución de 18,9 millóns de euros.

ECONOMÍA

O Tribunal de Cuentas atopa “importantes deficiencias” arredor do Xacobeo 2010

O órgano asegura que “non se dou axeitado cumprimento aos principios de concorrencia, publicidade e obxectividade” nas contratacións dos eventos que organizou a Xunta de Feijóo.

caixa, méndez
ECONOMÍA

José Luis Méndez cobraba da Caixa Galicia que arruinou 2,5 millóns de euros ao ano

O máximo directivo da quebrada caixa, que incluso gañaba máis que Blesa, dispoñía até de cociñeiro propio nas súas viaxes e aprobou para si mesmo un retiro de quince millóns de euros cando se xubilou.

ECONOMÍA

A Xunta cuase triplica a débeda en 5 anos até situala en máis de 10 mil millóns

O goberno autonómico do PP fixo crecer a débeda pública nuns 7.000 millóns de euros nun lustro malia recortar servizos públicos, creando unha xigantesca hipoteca.

Manifestación preferentes Pontevedra [Imaxe: @ponteinfo]
ECONOMÍA

Aínda faltan por devolver 200 millóns a afectad@s polo calote das preferentes

A coordinadora de prexudicad@s polo calote bancario denuncia que "os datos reais son máis sangrantes do que pensabamos, que xa era abondo".

ECONOMÍA

A débeda pública de Galiza supera os 10.000 millóns de euros e é xa o 18,2% do PIB

Aumentou nun 9,82% no primeiro trimestre e atinxe xa os 10.028 millóns de euros, 5.186 millóns máis desde a chegada de Feijóo á Xunta.

Concentración CIG Banca
ECONOMÍA

A querela da CIG contra as direccións das antigas caixas chega á Audiencia Nacional

A central nacionalista presentou esta quinta feira a querela criminal pola emisión de participacións preferentes.

Manifestación preferentes Pontevedra [Imaxe: @ponteinfo]
ECONOMÍA

3.146 demandas en só nove meses nos xulgados de reforzo para as preferentes

O TSXG informa das enormes cifras relacionadas coas demandas polo calote bancario, das que apenas se resolveu unha quinta parte e ás que hai que sumar as que se presentaron nos xulgados ordinarios.

ECONOMÍA

‘Plante’ da Xunta a un cento de axentes de innovación

Ninguén do departamento autonómico asistiu a unhas xornadas nas que estaba anunciada a súa presenza: “Ou non ten feitos os deberes ou quixonos ocultar as súas propostas aos que hoxe nos reunimos en Mabegondo”.

CIG
TRABALLO

O Parlamento debate a ILP da CIG polo emprego, avalada por 31.000 sinaturas

O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, defenderá no pleno da Cámara a iniciativa que recolle 100 medidas para promover o medre económico e o traballo.

cerco flota peixe barco
ECONOMÍA

A Audiencia Nacional admite a trámite o recurso do cerco contra as cotas

Foi presentado pola Asociación de armadores do cerco de Galiza coa intención de evitar unha nova ‘aldeaxe’ nos repartos en 2015.