medio ambiente

O courel fragas bosque paisaxe rural
SOCIAL

Adega demanda un pacto social para a conservación dos bosques e medio rural galego

Poñer couto ao eucalipto, fomentar as especies autóctonas, proceder á ordenación do territorio ou a unha nova política contra os icendios son algunhas das “medidas urxentes” propostas desde a Asociación. 

Dragado-ferrol Imaxe Adega
A RAíZ DUNHA DENUNCIA DE ADEGA

Investigados 4 ex-altos cargos por delitos contra o medio ambiente na Ría de Ferrol

Un total de 4 altos cargos de Medio Ambiente na etapa de Agustín Hernández están investigados (antes, imputados) por delictos contra os recursos naturais e prevaricación. Están acusados pola Fiscalía por mor dunha actuación de dragado “irregular” da Ría de Ferrol en 2011

Instalacións da CRTVG
SOCIAL

Colectivos ambientalistas piden á TVG que retire un programa por “agresións ambientais”

Instan ademais a Dirección Xeral de Conservación da Natureza a tomar cartas a respecto do programa 'Expedición Galicia'. 

Sobreiras do Faro
SOCIAL

As sobreiras do Faro, “lugar máxico” que vén de entrar no Catálogo de árbores senlleiras de Galiza

Únese así ás 146 árbores e 18 formacións arbóreas de Galiza que, segundo datos de 2015, son consideradas excepcionais e merecentes de medidas especiais de protección.

AGROCIDIO

As mensaxes contra as fumigacións 'evapóranse' do Facebook da Xunta

O Goberno galego estende a pouta da censura á súa páxina oficial na rede social e elimina boa parte das 'recomendacións' que a cidadanía lle fixo chegar, exixindo a retirada da autorización para fumigar 350.000 hectáreas, moitas delas protexidas pola Rede Natura. A plataforma Fumigacións non! vén de deseñar un mapa no que se ve o alcance da acción. Son en total 69 áreas de 8 quilómetros de diámetro cada unha, distribuídas en terras da Coruña --40 localizacións--, Pontevedra --28 localizacións-- e Lugo --1 localización--
Imaxe cedida pola plataforma
ECOLOXISMO

Activistas de Fumigacións non! alertan en Melide do ''perigo inminente de intoxicación''

Acataron a prohibición do Goberno español de se manifestaren, mais acudiron á Foliada da vila para informaren a pé de rúa sobre as consecuencias das fumigacións aéreas cun pesticida prohibido, unha práctica que a Xunta avala e que está promovida pola patronal española do papel
O vertedoiro da Areosa, en Cerceda
MEDIO AMBIENTE

Sogama falsificou durante 5 anos os informes da contaminación do vertedoiro da Areosa

Dúas sentenzas ditadas a raíz do despedimento improcedente de dous traballadores no 2009 apuntan directamente á empresa pública como responsábel da manipulación e ocultación dos datos reais das analíticas. Adega porá estes feitos en coñecemento da Fiscalía de Medio Ambiente para exixir responsabilidades por un ''atentado ecolóxico'' que se prolongou entre 2003 e 2008