poesía

amauta castro 2
CULTURA

Amauta Castro gaña o Pérez Parallé de poesía cun libro de amor e desamor

A tarde. O desacougo é a obra co que Amauta Castro (Euskadi, 1981) vén de se facer coa 31ª edición do Premio Nacional de Poesía Xosémaría Pérez Parallé, otorgado a autoras e autores inéditos en libro individual.
 

yolanda castaño - o puño e a letra
40 autores debuxan os seus poemas

Yolanda Castaño inaugura o “cómic poético” para a literatura galega

O diálogo entre poesía e banda deseñada era inédito na literatura galega. Non no exterior. “Este é o primeiro libro da tradición editorial galega que a fronta a descuberta do xénero internacionalmente coñecido como Comic Poetry”, explica Yolanda Castaño (Compostela, 1977), que asina os textos ilustrados por 40 autores en O puño e a letra (Xerais, 2018).
 

entrega_premio
CULTURA

Mario Regueira gaña o Illas Sisargas de poesía cun libro de “erotismo diverso e plural”

Marco Livorno é o título do libro de poemas co que Mario Regueira (Ferrol, 1979) vén de se facer co premio Illas Sisargas de poesía erótica, “un sorprendente percorrido por relacións eróticas diversas e plurais, nun ton épico, case elexíaco”, segundo Paco de Tano, presidente da asociación cultural Caldeirón.
 

olga novo
Do 7 ao 9 de novembro

As poetas Olga Novo, Lois Pérez e Ismael Ramos na Festa da Palabra de Foz

Tres poetas de entre os máis lidos da poesía galega actual conforman o groso da Festa da Palabra de Foz, que organiza a asociación cultural A Pomba do Arco e que decorrerá entre o 7 e o 9 de novembro.
 

Joumana Haddad
15 de outubro na Coruña

Poesía árabe e galega “en clave feminista” para abrir o ciclo Poetas Di(n)versos

A décima edición do ciclo Poetas Di(n)versos comeza esta segunda feira, 15 de outubro, no auditoria do Ágora da Coruña. E faino con poesía “en clave feminista e reivindicativa” a cargo da galega Susana Sánchez Arins (Vilagarcía de Arousa, 1974) e da libanesa Joumana Haddad (Beirut, Libano, 1970).
 

Dodoma
CULTURA

Poemas para a Redacción. O caso de Tanzania [por Xoán Costa]

Que a poesía teña como destino revistas literarias e eruditas é algo habitual desde o momento mesmo en que as publicacións periódicas apareceron nas nosas vidas. Escritoras e escritores consagrados, ou aínda por consagrar, levaron a súa creación a esas follas impresas que chamamos periódicos. 

laura r cuba - foto de fernando trigo
Poemas na intemperie neoliberal

Laura R. Cuba gaña o Victoriano Taibo de poesía con 'a situación actual'

Algunha novísima poesía parece nacer na carencia. De certa devastación arredor. A precariedade é a súa paisaxe vital. Horizontes pechados lindan o seu territorio. a situación actual, o libro co que Laura R. Cuba (Burela, 1993) vén de gañar o premio Victoriano Taibo de poesía, así o entende: “quixera romper todo / o que xa está roto”.
 

courel
Festival dos Eidos do 22 ao 26 de agosto

No Courel dos tesos cumes: poesía en lugares illados

No escenario que delimitan Paderne, Seoane, Moreda e Parada, no Courel, acontecerá o Festival dos Eidos. Será, entre o 22 e o 26 de agosto, a cuarta edición dun encontro que, promovido pola Fundación Novoneyra, xuntará escritoras e músicos galegos, irlandeses ou portugueses.

Pequena lembranza do poeta Lois Antón

víctor campío en 2013 distrito xermar
CULTURA

Morre Víctor Campío, poeta de "voz heraclitana"

Dous endecasílabos pechan o soneto Se chego no solpor... de Víctor Campío Pereira: “Mais non me importa que se perda o canto. / Tanto me tén. A luz xa está perdida”. O poeta, de 90 anos, morreu esta terza feira. Deixa unha obra non moi ampla pero sólida, existencialista e clásica, civil e, como cualificou o seu colega e crítico Miro Villar, “heraclitana”.
 

Ugia Pedreira e Marina Oural, 1 faba 1 vida
CULTURA

“1 faba, 1 vida”: simbiose de poesía, música e corporalidade

Este sábado, Ugia Pedreira e Marina Ourol ofrecen unha performance no espazo Caritel, na parroquia focense San Martiño de Mondoñedo

poeta gonzalo hermo
CULTURA

O “misticismo ateo” de Gonzalo Hermo, premio Afundación de poesía

A vida salvaxe éo de dúas maneiras. Unha, porque nos poemas que compoñen o libro a natureza está presente. E dúas, “porque a vida é salvaxe, é violenta”. Con esta obra, Gonzalo Hermo (Taragoña, Rianxo, 1987) vén de se facer co 16ª premio Afundación.
 

muxía
CULTURA

'O xiro', da poeta Noelia Gómez, premio López Abente

Será a primeira obra édita da poeta Noelia Gómez (Rianxo, 1995). O xiro é o título do libro co que vén de se facer coa quinta edición do premio Gonzalo López Abente.
 

versogramas
Un documental pioneiro trata a videpoesía desde Galiza

Poemas que son imaxes que son vídeo

O seu é un territorio híbrido. Onde se cruza a videoarte, a literatura, o cinema experimental, as materialidades do dixital, as narracións sabotadas. Denominada, a falta de mellor significante, videopoesía, o documental Versogramas ocúpase dela. E faino desde Galiza, que conta cunha nutrida nómina de activistas do xénero.
 

pilar pallarés foto aelg
A poeta presenta esta quinta feira 'Tempo fósil'

A destrución segundo Pilar Pallarés

O libro atravesa un territorio destruído. É o lugar da casa que xa non está, dos restos animais, todo o sólido que se esvaece no ar. A poeta rexistra a dispersión da tribo e a caveira do pai, o pelo morto do can e as follas do limoeiro. Tempo fósil titúlase a quinta entrega de Pilar Pallarés (Culleredo, 1957), a autora que abriu a poesía dos 80 ao corpo da muller.

Celia Parra
Segunda feira na Coruña

Miriam Reyes e Celia Parra fechan o ciclo Poetas Di(n)versos

Dúas poetas galegas fecharán a novena edición do ciclo Poetas Di(n)versos. Unha desenvolve a súa obra en galego -Celia Parra- e a outra maiormente en castelán -Miriam Reyes. Esta segunda feira, 4 de xuño, na Coruña, lerán a súa obra, atravesada pola experimentación con formatos audiovisuais.
 

Porto_de_Malpica
Do 1 ao 3 de xuño, en homenaxe a Paco Souto

Malpica celebra a primeira Feira do Libro de Poesía

“A Costa da Morte é poesía. Aquí formouse o Batallón Literario. E saíron poetas de gran calidade: os irmáns Villar, Modesto Fraga, María Lado... Por que non unha feira dedicada ao libro de poesía?”. Eis as razóns de Paco de Tano, presidente da asociación cultural Caldeirón, para organizar a primeira Feira do Libro de Poesía de Malpica.
 

Najwan Darwish
Co galego Antón Blanco e o palestino Najwan Darwish

A política atravesa a vindeira sesión de Poetas Di(n)versos

É imposíbel que a política non atravese, dun xeito ou doutro, a poesía dun autor palestino. É o caso da obra de Najwan Darwish (Xerusalén, 1978), que esta segunda feira, 28 de maio, compartirá escenario na Coruña con Antón Blanco (Vilagarcía de Arousa, 1996), dentro do ciclo Poetas Di(n)versos.
 

Luisa Castro ©Lisbeth Salas
Galaxia reedita o influínte libro en galego de Luisa Castro

'Baleas e baleas', poemas entre as cousas que non valen

As marcas da poesía galega contemporánea non sempre resultan evidentes. Hai libros cuxo rastro ninguén discute e hai outros cuxa influencia é subterránea. Como a toupeira. Entre estes últimos figura Baleas e baleas (1988), o inencontrábel volume en galego de Luisa Castro que Galaxia vén de reeditar.
 

xardín das pedras que falan
Monumento á "veneración pola palabra"

A espiral da literatura en Compostela

Unha espiral de bolos de granito con versos gravados a ferro. Eis o Xardín das Pedras que Falan, a iniciativa do escritor Suso de Toro asumida polo Concello de Compostela e mais a universidade para crear “un lugar de devoción polas palabras”.