política

mani2
DíA DA PATRIA GALEGA

Vence: “Unidos temos máis forza”; Beiras: “Todos unidos pero non como un saco de area”

Os portavoces do BNG, de Anova e de CxG apelaron á unidade nas súas intervencións con motivo do Día da Patria Galega.

DSC_0694
MáIS DE 25.000 PERSOAS NO DíA DA PATRIA GALEGA 2015

'A Nación galega' suma milleiros pola unidade para ''unha Galiza con forza soberana”

Foi unha mobilización histórica e multitudinaria na que os chamados á unidade foron alén da propia marcha para demandar dos axentes políticos compromisos cara á unha confluencia que permita garantir unha "Galiza con voz".

DSC_0457
POLÍTICA

Centos de moz@s defenden en Compostela a independencia como motor do cambio

A mobilización xuvenil unitaria percorreu a capital de Galiza na véspera do Día da Patria baixo o lema 'A mocidade galega pola independencia. Vencermos nós!”.

Asemblea Compostela
POLÍTICA

BNG ratifica en asembleas abertas promover unha candidatura galega de unidade

Aprobaron co 87% de votos a favor a proposta do Consello Nacional, que só contou cun 3,6% de voto en contra e un 9,3% de abstencións.

POLÍTICA

Novas adhesións á marcha do 25 de xullo

Cerna. Agora Galiza, Colectivo Nacionalista de Marín e Coalición Galega súmanse á mobilización nacional do sábado. 

compromís valencia
POLÍTICA

Un cento de cargos e militantes de Compromís contra un acordo electoral con Podemos

'Por unha voz propia valenciá nas Cortes' é o título do documento subscrito por alcaldes, concelleir@s, deputad@s e simpatizantes, que avoga por unha candidatura valenciá para as xerais.

POLÍTICA

O gasto en persoal 'a dedo' duplica o dos altos cargos da Xunta

Houbo un aumento dun 12 por cento nos salarios de persoal eventual, que supoñen 12 millóns de euros anuais, denuncian desde o PSdeG.

Para unha nova e verdadeira política a prol do galego

Coa lembranza activa de Rosalía, ás portas de conmemorarmos o centenario das Irmandades da Fala,

POLÍTICA

O BNG adhírese á convocatoria para o 25X cristalizada no manifesto 'Pola unidade'

“Imos estar detrás desa pancarta que vai encabezada por persoas que non representan a partidos políticos  senón ao conxunto do país", avanzou o portavoz nacional, Xavier Vence, confirmando o apoio do Bloque a esa convocatoria.

Pablo Iglesias
POR "COHERENCIA COA DEMOCRACIA PARTICIPATIVA E COA TRANSPARENCIA"

Dimiten as dúas mulleres máis votadas de Podemos en Galiza por diferenzas coas primarias

Cargos dos Consellos galegos e municipais de Podemos en Galiza veñen de presentar as súas dimisións polas diferenzas xurdidas co sistema de primarias do partido de Pablo Iglesias de cara ás eleccións xerais. Tamén din dimitir "por coherencia coa democracia participativa e coa transparencia".

Sabela Igrejas1
SABELA IGREJAS, COMISIóN DO 'BLOQUE INDEPENDENTISTA' PARA O 25X

"Vivimos nun país cuxa viabilidade estratéxica é crítica e iso chama á unidade de acción"

Entrevistamos Sabela Igrejas, veciña da parroquia de Cabral (Vigo), activista histórica do movemento ecoloxista, ligada á solidaridade antirrepresiva e membro da comisión promotora da campaña 'Pola rutura democrática. Pola independência nacional' do 25 de xullo.

POLÍTICA

'Facendo camiño, facendo país', lema do acto político de Compromiso para o 25 de Xullo

O partido galeguista reitera a súa disposición a facer parte da mobilización unitaria cidadá para o Día da Patria.

Parlamento comisión1
POLÍTICA

Jorquera denuncia que as "présas dalguns por colocar os seus" blindan o control do PP na CRTVG

BNG, AGE e Grupo Mixto denuncian o ''ataque á democracia'' que supón o pacto bipartidista para renovar os Consellos de CRTVG e Contas e reforma regulamento parlamentar. Yolanda Díaz considera que é unha mostra da "indixencia moral do réxime" e Chelo Martínez fala dun "acordo indecente".

[Imaxe: @pilaraymara]. No centro, Pilar Fernández xunto con outros promotores do manifesto na reunión de onte.
PILAR FERNÁNDEZ, IMPULSORA DO MANIFESTO POLA UNIDADE

"Hai boa predisposición a integrarse e moi bo ambiente cara a un Día da Patria unitario"

A activista Pilar Fernández é unha das impulsoras do manifesto pola unidade “O día da nación galega, o día de tod@s”.

Traiñeira Meira
DEPORTES

Traiñeiras: a armada galega segue a dar a batalla (sobre as augas) na liga ACT

Tirán e Cabo mantéñense na parte alta da táboa (4º e 5º respectivamente) após unha fin de semana de regatas en augas 'giputxis'. Meira segue a buscar acoplarse a unha competición tan dura como a ACT. Na Liga galega, todo o poder para os do Grove.

Congreso español
ENQUISA 'EL DIARIO'

O BNG mantén representación no Congreso e repunte do bipartidismo

Un inquérito de Celeste-tel para o dixital outorga 1/2 deputados ao Bloque nun Congreso no que PP sería primeira forza (133/135) por diante do PSOE, Podemos obtería entre 33 e 37 parlamentares e Ciudadanos, 20/21. UPyD desaparece da Cámara e entraría a CUP.

DEPUTACIóN DA CORUñA

O BNG di que a correlación de forzas dá pé a unha Presidencia súa

O secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, sinala que "a pelota está no tellado das outras organizacións", en referencia á elección da Presidencia da Deputación.

POLÍTICA

Unha trintena de cargos de Podemos en Galiza rexeitan o modelo de primarias

Subscriben o manifesto no que se pide que o regulamento de primarias deseñado pola dirección do partido se someta a consulta entre as bases. Xa son máis de 7.000 os apoios a esta demanda.

Grecia: vitoria política, derrota económica?

Tres días despois de obter unha esmagadora vitoria no referendo, o Goberno Tsipra solicita á Unión Europa un novo resgate.

POLÍTICA

Un cento de apoios simbólicos impulsa o manifesto a prol dunha ‘Marea Galega’

Tecer, en base ao “caudal de esperanza e ilusión” existente, unha candidatura liderada “pola cidadanía” que faga posíbel “o cambio no Estado e en Galiza” é a aposta desta iniciativa, que se abre a adhesións e apoios.