Real Academia Galega

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, na rolda de prensa posterior ao pleno da Academia.
CULTURA

A "poesía do pobo" será a protagonista do Día das Letras Galegas en 2025

A música e as cantigas son un dos principais vehículos da lingua e as que conteñen a súa memoria sentimental. A Real Academia Galega aposta en 2025 polo cultivo popular do idioma, ao dedicar o Día das Letras Galegas ao cancioneiro galego. 
 
Adolfina Casás Rama fotografada pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth na Vila da Igrexa. (Foto: Fondo Schubarth-Santamarina. Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego)
CULTURA

O Día das Letras Galegas 2025 dedicarase ao cancioneiro popular galego

A candidatura inclúe as cantareiras Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar.
mapa fontán
LINGUA

Cales son os concellos con máis achegas veciñais para preservar e recuperar a súa microtoponimia?

Topónimos e microtopónimos inzan o país. Nomes non só de vilas, aldeas, parroquias, senón nomes de montes, fontes, camiños, regos, .... fan da Galiza un lugar único no mundo pola súa abundancia. Na recuperación deste patrimonio inmaterial a colaboración da veciñanza é imprescindíbel.

tekekazu asaka
LINGUA

Takekazu Asaka: "Para min, nipogalego, a lingua propia da Galiza é a miña segunda lingua"

A Academia Galega recibe este sábado como membro de honra ao profesor, embaixador da lingua e a cultura galega en Xapón. Asaka descubriu o galego en 1977 durante unha estancia en Madrid ao ver nun quiosco un semanario que non estaba escrito no mesmo idioma que o resto. Era 'A Nosa Terra'.

O pleno extraordinario do Día das Letras Galegas fechou coa interpretación do Himno Galego. (Foto: RAG)
CULTURA

A "Cidade Alta" celebra Luísa Villalta, creadora "atraente" e "transformadora"

A Coruña acolleu o pleno extraordinario da RAG no Día das Letras.
Luísa Villalta (Foto: Xosé Abad).
CULTURA

A RAG celebrará o pleno do Día das Letras Galegas no Teatro Rosalía de Castro da Coruña

A sesión pública, de entrada libre ata completar a capacidade do recinto, contará coas intervencións sobre a autora á que a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2024 a cargo das académicas Ana Romaní e Margarita Ledo e do académico Euloxio R. Ruibal

Xosé Ramón Pena. (Foto: María José Alonso)
star
CULTURA

'Os Eoas' de Pondal e a galeguidade de Colón segundo Xosé Ramón Pena

Xosé Ramón Pena vén de publicar unha nova edición de Os Eoas de Eduardo Pondal (Galaxia) na que, ademais, afonda na xénese do texto e nos detalles que rodearon a tortuosa historia da súa publicación, case un século despois de que o bardo rematase a súa escrita. 
 
Anxo Angueira ingresou na RAG nun acto celebrado nun ateigado Auditorio Municipal de Padrón. (Foto: RAG).
CULTURA

Anxo Angueira: "Serei un soldado máis en defensa do proxecto da Academia"

Entrevistamos o último académico da lingua galega.
Ramón Valles, Cruz Mato e Patricia Arias, na xornada de onte.
CULTURA

O 'Abril oteriano' deu comezo en Ourense

Na primeira xornada presentouse o Epistolario entre Otero Pedrayo e Fernández del Riego, editado pola RAG.
Luísa Villalta (Foto: Xosé Abad).
CULTURA

A RAG celebrará o pleno extraordinario das letras galegas na Coruña

As alocucións sobre a vida e a obra da homenaxeada correrán a cargo das académicas Ana Romaní e Margarita Ledo e do académico Euloxio R. Ruibal.
 
A escritora Luísa Villalta. (Foto: RAG).
CULTURA

'Luísa Villalta: a rebelión da palabra', a webserie da RAG sobre a protagonista do Día das Letras que xa podes ver

O documental, dirixido por Damián Varela Pastrana, consta de seis episodios nos que máis dunha vintena de voces "trazan un retrato coral sobre a poeta, narradora, ensaísta e articulista coruñesa".
Retrato fotográfico de Marcial del Adalid.
star
CULTURA

Marcial del Adalid reivindícase como inventor da música galega académica: que sabemos del?

Laura Toriñán asina un volume sobre a vida e a obra de Marcial del Adalid que actualiza os coñecementos que temos sobre un compositor só parcialmente recoñecido, e que revisa o importante fondo que sobre el posúe a Real Academia Galega.
O escritor e profesor da UVigo Anxo Angueira.
CULTURA

Anxo Angueira ingresará na Real Academia Galega o 27 de abril nunha sesión pública en Padrón

O escritor e profesor da Universidade de Vigo, actual presidente da Fundación Rosalía de Castro, dará lectura ao discurso titulado I es a noite, i es a aurora. A poética da luz de Rosalía de Castro.

20240401-rag-web-autismo
LINGUA

A Academia Galega actualiza a definición de "autismo" no seu dicionario

A RAG modificou no seu dicionario en liña, nas vésperas do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo -que se celebra 2 de abril-, a definición deste trastorno do desenvolvemento neurolóxico após a solicitude da Federación de Autismo Galiza.

Intervención de Marilar Aleixandre. (Foto: RAG)
Día Mundial da Poesía

Os versos de Celso Emilio dialogan cos de dez autores contemporáneos

A Sección de Literatura da RAG pon en diálogo a obra do escritor celanovés cos versos de poetas actuais de distintas xeracións para conmemorar o Día Internacional da Poesía nun tempo convulso.

Celso Emilio Ferreiro
CULTURA

Un diálogo entre distintas xeracións e Celso Emilio para celebrar o Día da Poesía

A Real Academia Galega celebrará esta terza feira, 19 de marzo, o Día da Poesía, cun encontro no que diversos poetas dialogan coa obra de Celso Emilio Ferreiro Longa noite de Pedra.

Martínez Salazar.
CULTURA

A Real Academia Galega presenta un volume sobre Martínez Salazar, o grande editor do Rexurdimento

Pedro López Gómez publica na colección Anexos BRAG unha aproximación “bio-bibliográfica” sobre o académico que sucedeu a Murguía na presidencia da RAG

O alumnado teatralizou a historia de Babarro e Fernández.
CULTURA

A RAG inaugura a Primavera das Letras de Luísa Villalta

A institución presentou o seu proxecto web para o público infantil dedicado á protagonista do Día das Letras Galegas 2024
López Acuña, Víctor Freixanes e Laura Touriñán na presentación.
CULTURA

A RAG dedica unha web a difundir a vida e obra do compositor Marcial del Adalid

A institución presenta un espazo na Rede que ofrece entre outros recursos, o catálogo das pezas compostas polo compositor coruñés e mais o da biblioteca musical familiar, unha pequena xoia da bibliografía musical europea do s. XIX
Carroza da Liga de Amigos inspirada na antiga Grecia
CULTURA

A RAG abre unha fiestra ao Entroido coruñés de 1916

O arquivo da Real Academia Galega conserva unha serie de fotos dun Entroido marcado por un bando municipal que prohibiu os “disfraces contrarios a la decencia” e outras medidas que desposuían a celebración do seu carácter propio.