recortes

Antonio Gómez Caamaño, conselleiro de Sanidade, esta cuarta feira, no Parlamento. (Foto: Xunta da Galiza)
SOCIAL

A Xunta fecha un consultorio de Atención Primaria no Saviñao

O feche de consultorios de Atención Primaria sucédense este verán na Galiza. Castro de Rei, no concello homónimo da comarca da Terra Cha, ou Currelos, no municipio do Saviñao, nas Terras de Lemos son só dous exemplos. Galiza lidera a clausura desde tipo de centros sanitarios no Estado.

A deputada do PSdeG Carmen Rodríguez Dacosta e a portavoz municipal dos socialistas no Pereiro de Aguiar.
SOCIAL

O PSdeG reclama a cobertura das prazas de pediatría nos centros de saúde

Os socialistas galegos denunciaron que, tal e como sinalou a Plataforma SOS Sanidade Pública, "xa pasan de 200 os concellos que carecen de atención especializada para as nenas e os nenos".
DSCF1147
Sanidade pública

23% do persoal médico de Atención Primaria estará xubilado en catro anos

SOS Sanidade Pública reclamou na terza feira medidas urxentes para cubrir as vacacións do persoal sanitario durante o verán. Ao tempo, demandou medidas estruturais para pór solucións á falta de profesionais. A Galiza conta con 2.604 médicos e médicas en Primaria, mais 55,2% deles supera os 60 anos.

grafica web
star
SOCIAL

O Goberno galego é xunto ao andaluz o que menos inviste en sanidade no Estado

Madrid supera por primeira vez na última década á Galiza en investimento sanitario por habitante. O Goberno presidido por Alfonso Rueda é o segundo de todo o Estado que menos fondos destina ao mantemento do sistema de saúde. Só Andalucía dedica menos recursos a sanidade que a Galiza.

Sanidade
star
Sanidade pública

Profesionais do Sergas e pacientes téñeno claro: "A sanidade nunca estivo peor"

A Atención Primaria enfronta un cúmulo de complicacións nas comarcas con máis presión turística. Á negativa da Xunta a cubrir as baixas provocadas polas vacacións de verán de profesionais -cuns cadros de persoal xa moi reducidos polos recortes-, súmase o aumento da poboación na tempada estival.

17-06-2024 Consello da Xunta-1
Consello da Xunta

Rueda quere suplir agora a falta de persoal médico en Primaria con profesionais de vacacións en réxime voluntario

O Consello da Xunta aprobou o denominado Plan de cobertura de necesidades de persoal médico en Atención Primaria para período estival, cando unha parte dos profesionais xa comezaron as súas vacacións e se incrementan as vacantes nos centros de saúde
nos0706p
star
Sanidade pública

A Xunta mantén sen cubrir perto de 250 prazas de medicina en Atención Primaria

A Atención Primaria galega rexistra un problema estrutural de falta de persoal. Ás vacantes existentes durante todo o ano súmanselle na tempada estival as xeradas polas vacacións. Profesionais de Medica de Familia responsabilizaron esta quinta feira o Goberno de Alfoso Rueda deste problema.

Ursula Von der Leyen e Pedro Sánchez (Foto: Jorge Gil / Europa Press).
ECONOMÍA

As normas da UE obrigarán o Estado a acometer recortes por 45.000 millóns de euros a partir de 2025

O Goberno do Estado deberá presentar no mes de setembro a Unión Europea a súa proposta de redución do déficit e da débeda pública que a maioría de economistas cifran en 45.000 millóns de euros.

20240529 Sanidade Caamano Parlamento3_20240529173403
POLÍTICA

A Xunta fechará 780 camas hospitalarias neste verán, 115 máis que en 2023

O Goberno galego fechará máis de 780 camas nos hospitais galegos durante a tempada estival. A proposta da Xunta da Galiza significa reducir as prazas hospitalarias en máis de 9% e implica deixar sen funcionamento arredor de 115 camas máis que na anualidade pasada, cando ficaron fóra de servizo 665.

20240528 Visita Caamaño Axencia Galega de Sangue Órganos e Tecidos 5_20240528170938
Sanidade pública

A Xunta non prevé cubrir no verán as baixas do persoal sanitario e anuncia o feche de camas hospitalarias

A Xunta da Galiza prepárase para volver aplicar neste verán os recortes das tempadas pasadas. Neste sentido, as autoridades sanitarias avanzan o feche de camas nos hospitais e a redución de servizos nos centros de saúde. A este respecto, os colectivos en defensa da sanidade critican o Goberno galego pola súa “improvisación”.

201005 investigacion_idis 27a
Sanidade pública

A Xunta da Galiza amortizou 110 prazas de persoal médico en Atención Especializada

A amortización de prazas de persoal facultativo –isto é, suprimilas cando quedan vacantes– déixase notar en todos os niveis sanitarios. Se en 2022 se perderon 22 médicos en Atención Primaria, nesa mesma anualidade suprimíronse 110 profesionais en Atención Especializada. A idade media dos cadros de persoal dos centros de saúde e hospitalarios avanzan un agravamento da situación.

Máquina do centro de saúde de Viveiro (A Martiña) o pasado mes de novembro cun cartel que advertía da ausencia de persoal médico. (Foto Nós Diario).
star
Análise

Cambiar para que nada cambie!

Xosé Mª Dios Diz é médico especialista de Atención Primaria en Outes.
grafica web
SOCIAL

Galiza é a segunda comunidade do Estado que menos inviste en Atención Primaria

O investimento da Xunta da Galiza en Atención Primaria está 13,1 puntos por baixo das recomendación da OMS e é 2,2 puntos inferior á media estatal. A falta de recursos suficientes está a provocar un deterioro da calidade asistencial no primeiro nivel sanitario, denuncian profesionais e usuarias.

Muras
Sanidade pública

Muras, 15 días sen asistencia médica: "Soubémolo polos veciños, o Sergas non deu ningunha explicación"

O centro de saúde Muras, na comarca da Terra Chá, leva dúas semanas sen asistencia médica. A decisión adoptouse sen que a Xerencia da área sanitaria de Lugo dese ningunha explicación ás autoridades locais. A veciñanza de Muras mobilizouse esta sexta feira para reclamar a volta do servizo nun acto convocado polo Goberno local.

Pediatras
Sanidade pública

MAPA | 85 concellos quedaron sen pediatra desde 2004 e xa son 194: cal é a situación no teu concello?

O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de facer públicos os datos sobre a asistencia pediátrica na Galiza no ano 2023. As cifras do IGE apuntan que desde 2004 o cadro de persoal de Pediatría en Atención Primaria reduciuse un 19,8%, ficando nese período 85 concellos sen este servizo sanitario.

Na concentración convocada pola Xunta de Persoal do do hospital comarcal de Valdeorras participaron numerosas veciñas e veciños. (Foto: Nós Diario)
Sanidade pública

A perda de persoal e servizos sitúa ao bordo do colapso os hospitais comarcais: até dous anos agardando por unha consulta

A reforma da Lei de Saúde da Galiza aprobada en 2018 polo PP déixase notar nos hospitais comarcais. A redución dos servizos sanitarios e do número de profesionais está a provocar unha caída da calidade asistencial, con tempos de agarda de máis de catro anos e listas de espera en máximos.

Manuel Martín é médico de Atención Primaria (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Manuel Martín: "O obxectivo da Xunta é deixar a Atención Primaria sen pediatras"

SOS Sanidade Pública ten convocada para este domingo, 4 de febreiro, unha manifestación en Compostela en defensa do sistema galego de saúde. O voceiro da plataforma social, o médico Manuel Martín, explica a Nos Diario os obxectivos da mobilización e analiza a situación actual da sanidade.

_juan_cardona_ferrol
Sanidade pública

As listas e tempos de espera dispáranse: máis de 430 días para unha operación de cataratas na área de Ferrol

Unha cuestión son os tempos de agarda recoñecidos oficialmente pola Xunta da Galiza e outra os tempos reais. Un cidadán da comarca de Ferrol relata a Nós Diario os seus 430 días de espera nas listas do Sergas para operarse de cataratas. O seu caso non representa ningunha excepción.

Comesaña_20240115112638
Sanidade pública

A Xunta da Galiza fechou 31 consultorios locais de Atención Primaria, a maioría en zonas rurais

Máis de 33% de consultorios locais de Atención Primaria existentes antes da chegada de Núñez Feixoo á Xunta da Galiza (marzo de 2009) foron fechados, a maioría en espazos rurais. O escaso investimento neste nivel sanitario, con Galiza situada na cola do Estado, está a xerar un empeoramento da calidade asistencial.

Cangas
Sanidade pública

O tempo de espera para conseguir unha cita coa médica de cabeceira xa supera o mes

Cangas do Morrazo saíu esta terza feira á rúa en defensa dos servizos de Atención Primaria na localidade. Unha das queixas das persoas asistentes son os tempos de agarda para conseguir unha cita coa médica de cabeceira. O período medio de espera para unha consulta na especialidade de Medicina Familiar na Galiza non deixa de medrar.