represión

Mapa cos actos deste mes de agosto con motivo de lembrar a represión franquista (Infografía: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

Multitude de actos lembran as persoas represaliadas polo Día da Galiza Mártir

Agosto, na Galiza, quedou sinalado como o mes en que se homenaxea de maneira pública en vilas e cidades as persoas que foron represaliadas pola ditadura franquista. A data central é o 17 de agosto, lembrando o día en que asasinaron a Alexandre Bóveda e que quedou instituído como o Día da Galiza Mártir. 
Refuxiados afgáns. (Foto: Bradley Secker)
INTERNACIONAL

Os talibán fan un ano á fronte de Afganistán gobernando "mediante a represión e con total impunidade"

Segundo un informe da ONU, as mulleres e as crianzas son os principais colectivos afectados polo réxime estabelecido polos talibán.
A policía de Marrocos amontona os corpos de varios migrantes mortos e feridos en Melilla. (Foto: AMDH)
INTERNACIONAL

Marrocos recibirá máis de 500 millóns de euros para impedir a inmigración á Unión Europea

Supón 50% máis que a anterior partida enviada por Bruxelas, de 343 millóns de euros.
Labores de exhumación nunha foxa común do franquismo. (Foto: Isabel Infantes / Europa Press)
MEMORIA E HISTORIA

Preparan a exhumación de tres novas foxas comúns na Galiza

No país hai aínda decenas de foxas pendentes de intervir para buscar persoas asasinadas polas tropas falanxistas.
A Gudiña
MEMORIA E HISTORIA

A Gudiña e Viana homenaxean a Anuncia Casado

O 21 de agosto de 1936 era asasinada no lugar de Revendeitas, Anuncia Casado “A Pasionaria” de Viana. Militante comunista e dirixente social, o seu martirio polos fascistas continúa vivo na memoria popular. O 20 de agosto será homenaxeada pola asociación cultural Os Torgueiros da Gudiña.

Edificio bombardeado esta sexta feira na Franxa de Gaza por Israel. (Foto: @HoyPalestina/Twitter)
INTERNACIONAL

[VÍDEOS] Acusan Israel de asasinar 8 persoas, unha delas menor, nun bombardeo na Franxa de Gaza

O exército israelí di que os bombardeos forman parte dunha operación contra o terrorismo da Yihad Islámica.
Axentes israelís patrullan as rúas de Xerusalen. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Israel detén no seu domicilio o gobernador palestino de Xerusalén

Aliás, as autoridades israelís desaloxaron un centro deportivo social no que acampaban varias crianzas.
Monumento aos represaliados na Coruña. Entre os nomes, Bebel e os seus irmáns France e Jaurés. (Foto: Jglamela)
DEPORTES

86 anos do fusilamento de Bebel García, o futbolista socialista do Deportivo da Coruña

Eduardo Galeano recuperou a historia do militante antifascista no texto Espellos, unha historia case universal.
Familiares dos asasinados na sala, antes da lectura do veredicto. (Foto: Goberno da Arxentina)
INTERNACIONAL

Cadea perpetua para dez represores na Arxentina

Os militares participaron nos "voos da morte".
Bou Ramó
MEMORIA E HISTORIA

Máis de 650 persoas fuxiron por mar da Galiza entre os anos 1936 e 1946

O Consello da Cultura Galega acolleu na tarde de onte unha sesión de debate sobre a realidade social e política no mundo do mar no período republicano e no primeiro franquismo. Unha historia de traballo duro, loita sen concesións, conflitividade e represión sen tregua tras o golpe franquista  de 1936.

A carga, cadro modernista de Ramón Casas onde retrata as prácticas represivas da Garda Civil. (Foto: Nós Diario).
A Galiza rebelde

Unha revolta popular esquecida que rematou con 12 asasinatos en Vimianzo

O tempo político do Sexenio (1868-1874) caracterizouse na Galiza por unha gran conflitividade social. Un ciclo de protestas inaugurado na segunda metade de 1869 co levantamento republicano federal focalizado en Ourense e Ferrol contra a proposta de constitución centralista e monárquica impulsada polo Goberno de Prim e Serrano e rematado a finas de 1873 coa revolta internacionalista de Viana do Bolo de decembro de 1873, articulada arredor da voz de orde: "Madrid, a besta que rouba e oprime Galiza". Os sucesos de Vimianzo de xullo de 1873 non deixaron de ser un capítulo máis deste proceso de mobilización contra o proxecto centralizador no territorial e liberal no económico imposto pola oligarquía española ao longo do século XIX.

O presidente do Salvador, Nayib Bukele, é acusado de perpetrar violacións dos dereitos humanos. (Foto: Camilo Freedman / dpa)
INTERNACIONAL

O Salvador amplía un estado de excepción que xa deixou un total de 34.500 detencións

Diante dunha nova extensión do estado de excepción no Salvador, asociacións en defensa dos dereitos humanos denuncian as capturas indiscriminadas.
Antigo cárcere do Partido Xudicial en Tui. (Foto: @fotosantiguastuy)
MEMORIA E HISTORIA

Mulleres represaliadas no cárcere de Tui (1936-39)

No cárcere do Partido Xudicial, en Tui, foron ingresados moitos homes e mulleres tralo golpe de Estado de 1936. A rabiosa presión exercida sobre as mulleres foi unha das tácticas seguidas polos sublevados para a imposición do terror, do medo e mais do silencio.
Xóse Luis Rivas, 'Mini', nunha intervención no Parlamento galego. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Xosé Luís Rivas Cruz, 'Mini': "É necesario seguir reivindicando, polo menos oitenta anos máis"

Xosé Luís Rivas Cruz, Mini, o home da longa barba branca. Un elemento característico dun persoeiro dedicado á docencia, á música, á política... Conta que a barba era símbolo de rebeldía nalgún tempo, que era unha forma de rabuñar espazos de liberdade. “Por iso deixabas as greñas, falabas galego... iso era o que provocaba, de iso se trataba”.
A represión política na ditadura franquista tiña por obxecto aniquilar a disidencia (e as disidentes), e sementar o terror. (Foto: Álex Rozados)
Análise

Represión vicaria

Lola Ferreiro Díaz, doutora en Medicina e activista feminista, analiza nesta peza a represión do franquismo contra as mulleres.
O poeta, xornalista e político Johán Carballeira. (Foto: Cedida)
MEMORIA E HISTORIA

Bueu homenaxeará Johán Carballeira, asasinado polo franquismo hai 85 anos

O poeta, xornalista e político pasou varios meses encerrado en San Simón após o golpe de Estado e foi fusilado na Caeira (Poio) o 17 de abril de 1937.
A historiadora M. Victoria Martins imparte a charla 'A negación da sexualidade das mulleres: a Sección Feminina' (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

María Victoria Martins: "Segue en pé esa idea de que as mulleres non deben ter o mesmo desexo sexual que os homes"

O departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra organizará mañá a xornada 'Individuas de dudosa moral: a sexualidade feminina, outra vítima da represión franquista', nas que se abordará esta temática desde unha ampla perspectiva. Nós Diario conversa coa investigadora e historiadora María Victoria Martins, encargada de abrir a xornada.  
batallon.lavacolla
BNG reclama reparar ás vítimas do campo de concentración franquista de Lavacolla

Un preso de Lavacolla: “Alí cometéronse as canalladas máis grandes”

O campo de concentración de Lavacolla foi un dos máis duros da ditadura franquista. Após diversas iniciativas do movemento da memoria para recuperar, o seu pasado o BNG formula diversas iniciativas no Congreso dos Deputados para reparar ás vítimas.

Carlos Méixome Quinteiro (Foto: Xabicas).
CULTURA

Carlos Méixome: "A represión no Baixo Miño foi brutal"

Carlos Méixome, da man de Laiovento, volve cun novo volume sobre a represión na Galiza, 'O terror nas Tebras e outras catas na memoria'. Após o seu traballo arredor da represión franquista no Val Miñor, achégase agora ao Baixo Miño en busca de da historia esquecida das vítimas.
Xaquín López Facal, militante da UPG torturado en 1972

"A represión en Vigo nas folgas de 1972 foi terríbel"

Xaquín López Facal facía parte da Unión do Povo Galego (UPG) en setembro de 1972. Duramente torturado polas forzas da orde pola súa participación no movemento folguista vigués daquel ano, conversamos con el ás portas do Día da Clase Obreira Galega, canda outros protagonistas daquelas xornadas, sobre as protestas dos obreiros de Vigo.