Sanidade Pública

20240528 Visita Caamaño Axencia Galega de Sangue Órganos e Tecidos 5_20240528170938
Sanidade pública

A Xunta non prevé cubrir no verán as baixas do persoal sanitario e anuncia o feche de camas hospitalarias

A Xunta da Galiza prepárase para volver aplicar neste verán os recortes das tempadas pasadas. Neste sentido, as autoridades sanitarias avanzan o feche de camas nos hospitais e a redución de servizos nos centros de saúde. A este respecto, os colectivos en defensa da sanidade critican o Goberno galego pola súa “improvisación”.

201005 investigacion_idis 27a
Sanidade pública

A Xunta da Galiza amortizou 110 prazas de persoal médico en Atención Especializada

A amortización de prazas de persoal facultativo –isto é, suprimilas cando quedan vacantes– déixase notar en todos os niveis sanitarios. Se en 2022 se perderon 22 médicos en Atención Primaria, nesa mesma anualidade suprimíronse 110 profesionais en Atención Especializada. A idade media dos cadros de persoal dos centros de saúde e hospitalarios avanzan un agravamento da situación.

Sala de espera do centro de Saúde do milladorio, no concello de Ames, comarca de Compostela. (Foto: Xunta da Galiza).
star
Sanidade pública

As citas para ser atendida en menos de 48 horas en Atención Primaria pasaron de 60% a 25% en catro anos

En 2018 ao redor de 70% dos pacientes tiñan cita en Atención Primaria en menos de 48 horas, unha porcentaxe que en 2019 reduciuse a 60% mais que desde entón sufriu un auténtico derrubamento: só 25% dos pacientes obteñen agora cita nun prazo inferior a dous días, 35 puntos menos que hai catro anos.
Máquina do centro de saúde de Viveiro (A Martiña) o pasado mes de novembro cun cartel que advertía da ausencia de persoal médico. (Foto Nós Diario).
star
Análise

Cambiar para que nada cambie!

Xosé Mª Dios Diz é médico especialista de Atención Primaria en Outes.
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Foto: Sergas).
Sanidade pública

O Defensor do Paciente denuncia ante a Fiscalía os atrasos nas revisións oncolóxicas na Galiza

"Os números son brutais de mulleres que segue sen ser chamadas e con iso están sen saber se teñen un problema grave por esa falta de prevención e seguimento", conclúen.
13-05-2024 Doentes Oncoloxicos-3
Sanidade pública

Pacientes oncolóxicas denuncian graves atrasos do Sergas nas revisións: "Xogan coa nosa vida"

Pacientes oncolóxicas da área sanitaria de Compostela compareceron esta segunda feira en público para denunciar os "inxustificábeis atrasos e demoras" do Sergas nas necesarias revisións que deben facer no seguimento da evolución do seu cancro. "O que fan connosco é moi grave", afirman.
hospital ourense persoal sanidade sanitario foto xunta
star
Sanidade

Crece a privatización da sanidade: aumenta en 9% nun ano o gasto por persoa en probas e consultas na privada

Nun ano a maioría das variábeis para medir a privatización da sanidade galega empeoraron. Hai máis galegas e galegos recorrendo á privada e aumentou o gasto en consultas e en probas á marxe da pública. Un feito que se suma aos recortes na sanidade pública e que recolle o informe das Asociacións para a Defensa da Sanidade.
Concentración de SOS Sanidade Pública diante do Parlamento (Foto: Arxina).
SOCIAL

Defensa da Sanidade Pública acusa o Sergas de "escurantismo" e "trampas" nos seus orzamentos

A raíz das irregularidades detectadas polo Consello de Contas.

grafica-web
SOCIAL

Galiza sitúase nos postos de cabeza do Estado español en gasto farmacéutico

A Estatística de Gasto Sanitario do Ministerio de Sanidade sitúa un ano máis Galiza á cabeza do Estado español en gasto farmacéutico.

Miriam Rodriguez, paciente de cancro do CHUS. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

VÍDEO | O testemuño de Miriam, paciente de cancro no CHUS: "O servizo de citas de revisión está colapsado"

Continúa o colapso no servizo de control, seguimento e avaliación de pacientes oncolóxicas
Pintadas nunha ambulancia contra o propietario da compañía, Carlos Simón. (Foto: Nós Diario)
Sanidade pública

Un empresario "á fuga", unha concesionaria "en bancarrota" e o persoal en vilo: o drama de Ambulancias do Atlántico

A representación sindical logra o "compromiso" do Sergas para que se lle retiren todos as contratos públicos á compañía de Carlos Simón, que se atopa "ilocalizábel" mentres o persoal acumula meses de atrasos e a viabilidade do servizo fica no ar.
Hospital da Mariña, en Burela (Foto: Xunta da Galiza).
Agora

Denuncian o "feche" de camas no Hospital da Mariña durante o verán

A xunta de persoal do Hospital Público da Mariña denunciou o "fechamento" da planta de Medicina Interna durante o verán. A CIG Saúde da Mariña criticou que o "fechamento carece de calquera xustificación técnica posíbel" e que "tan só obedece" a unha política sanitaria "de recortes do PP" que busca o "desmantelamento" da sanidade pública na comarca. Así, detallou que este "fechamento de camas" terá "consecuencias" para as persoas enfermas e "suporá o incremento" das derivacións ao Hospital de Lugo, ao "non existir camas libres" no hospital de Burela. "Unha práctica que se realiza durante os últimos meses e que provoca o malestar das persoas afectadas e familias que se ven obrigadas a desprazamentos innecesarios por motivo dunha mala planificación da dirección dun hospital que acaba de ser ampliado". Fontes da Consellaría de Sanidade precisaron que o feche de camas "non é algo exclusivo" do Hospital da Mariña e insistiron en que "estará dispoñíbel o 100% das camas" para seren utilizadas "sempre que sexa necesario, en calquera momento".
Veciñanza de Cangas concentrouse esta terza feira para exixir servizos sanitarios públicos de calidade. (Foto: A Voz da Sanidade de Cangas).
star
Análise

Son casos puntuais...

Xosé Mª Dios Diz é médico de Atención Primaria en Outes.
Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, esta cuarta feira. (Foto: Nós Diario)
Sanidade pública

Persoal administrativo do Sergas reclama a retirada do XIDE: "É un perigo para as doentes"

"O sistema fai unha triaxe e os PSX non somos o persoal competente para facela", explican.
Aida, paciente de cancro no Hospital Clínico de Santiago. (Foto: Asociación de Pacientes do CHUS)
Sanidade pública

VÍDEO | O testemuño de Aida, paciente de cancro con demoras de máis de tres meses: "A detección precoz é fundamental"

Malia presentar até tres reclamacións, que desde o Clínico ven "inxustificadas", Aida suma xa máis de tres meses coa cita de revisión do seu cancro pendente.
Jorge Nogueira, Isidro Lago, Eduardo Iglesias, Luciano Vidán, Juan J. López e José M. Bendaña. (Foto: Arxina)
Sanidade pública

Os colexios médicos exixen un "traballo con validez clínica" que avale o funcionamento do XIDE

O Consello Galego de Consellos Médicos exixiu esta segunda feira a Consellaría de Sanidade un "traballo con validez clínica" que avale o funcionamento do Plan de Xestión Integral da Demanda en Equipo (XIDE), e insistiu na súa intención de recorrer ante o Tribunal Supremo a sentenza que valida o programa.
O BNG alerta nas concentracións das consecuencias dos recortes. (Foto: Nós Diario)
Agora

As protestas contra os recortes da sanidade na comarca da Fonsagrada fan 27 semanas

O BNG da Fonsagrada leva 27 semanas con concentracións para reclamar unha sanidade digna para A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. María Fernández, responsábel local da formación nacionalista, explica que con estas mobilizacións queren deixar claro que "coa nosa saúde non se xoga”. Critica os recortes en Atención Primaria e as súas consecuencias nunha comarca coa poboación avellentada e dispersa.
Un autobús da Axencia de Doazón de Sangue. (Foto: ADOS)
SOCIAL

A solidariedade galega enche as reservas de sangue: 38,4 doazóns por cada 1.000 habitantes

Santiago fica á cabeza en participación en 2023, con 88 doazóns por cada 1.000 habitantes.
Número de matronas presentes en cada concello no servizo de atención primaria. (Fonte: IGE)
star
Sanidade pública

MAPA | Case sete de cada dez concellos carecen de matrona na Galiza, que está á cola do Estado neste servizo

214 concellos galegos carecen de matronas. Segundo os últimos datos achegados polo Instituto Galego de Estatística, referidos a 2023, até 68% dos municipios galegos non dispoñen deste servizo. A Galiza atópase á cola do Estado e dos países da OCDE nesta prestación sanitaria.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha reunión co Consello Galego de Colexios Médicos. (Foto: Xunta da Galiza vía Europa Press)
Xustiza

Os colexios médicos galegos recorrerán ao Supremo a sentenza do TSXG que avala o sistema XIDE do Sergas

O presidente "acata" o veredicto, pero non o comparte e insiste en que "non cumpre as condicións éticas e deontolóxicas" da profesión.